Arciprestado de Tui-Entenza
Aparencia
O arciprestado de Tui-Entenza é un arciprestado pertencente á diocese de Tui-Vigo.
Historia e xeografía
[editar | editar a fonte]Formouse no ano 2016[1], como resultado da fusión dos Arciprestados de Tui e Entenza, aínda que algunhas parroquias desta última pasaron a formar parte do novo arciprestado de Tea-Condado[2].
En total, o arciprestado abrangue 15 parroquias dos concellos de Salceda de Caselas, Tomiño e Tui[3]. Limita cos arciprestados da Guarda-Tebra, Miñor, A Louriña e Tea-Condado. O río Miño exerce de fronteira coa diocese de Viana do Castelo (Portugal).
Toma o seu nome da cidade de Tui e mais da parroquia de Entenza.
Parroquias
[editar | editar a fonte]- Santa Mariña de Areas
- Santiago de Baldráns
- San Martiño de Caldelas de Tui
- Santos Xusto e Pastor de Entenza
- Nosa Señora das Dores de Frinxo (civilmente O Sagrario de Pazos de Reis)
- San Mamede de Guillarei
- Santiago de Malvas
- San Xoán de Paramos
- San Miguel de Pexegueiro
- Nosa Señora da Guía de Randufe
- San Bartolomeu de Rebordáns
- Santa Comba de Ribadelouro
- San Salvador de Sobrada
- San Vicente de Soutelo
- O Sagrario da Catedral de Tui
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa de San Vicente de Soutelo
-
Igrexa de Santos Xusto e Pastor de Entenza
-
Igrexa de San Salvador de Sobrada
-
Igrexa de Santa Mariña de Areas
-
Igrexa de Santiago de Malvas
-
Igrexa de San Xoán de Paramos
-
Igrexa de San Miguel de Pexegueiro
-
Igrexa de Nosa Señora da Guía de Randufe
-
Igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns
-
Capela de San Telmo de Tui
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La Diócesis de Tui-Vigo unifica arciprestazgos para "facilitar" la labor pastoral". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-12-15.
- ↑ "Decreto de Fusión de Arciprestazgos en Tea-Condado" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13-04-2020. Consultado o 15/12/19.
- ↑ "Arciprestado de Tui-Entenza". Consultado o 15/12/2019.