Aeroporto de Lanzarote
Aeroporto de Lanzarote Aeropuerto de Lanzarote
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario/Operador | AENA | ||
Elevación (msnm) | 14 metros / 45 pés | ||
Estatísticas (2017) | |||
Pasaxeiros | 7 389 025 | ||
Aumento pasaxeiros | 10,5% | ||
Operacións | 59 476 | ||
Aumento operacións | 8,9% | ||
Carga (ton.) | 1 825 | ||
Aumento carga | 2,8% | ||
Fonte: AENA[1] |
O Aeroporto de Lanzarote é un aeroporto español xestionado por Aena, situado na illa canaria de Lanzarote que se atopa a 5 km de Arrecife, capital da illa, e dentro do termo municipal de San Bartolomé. Tamén se lle coñece como "Aeroporto de Guacimeta", polo topónimo histórico do lugar sobre o que se atopa.
O aeroporto é a principal vía de comunicación da illa de Lanzarote co exterior, dada a súa condición de insularidad, ademais constitúe o eixo básico da economía da Illa, xa que recibe a maioría de turistas nacionais e internacionais. Tradicionalmente tivo un importante tráfico chárter; actualmente a maior parte do tráfico é regular e internacional.
Segundo datos de 2009, o de Lanzarote é o terceiro aeroporto canario en tráfico de pasaxeiros (detrás do Aeroporto de Gran Canaria e o Aeroporto de Tenerife Sur), ademais é o décimo a nivel nacional con 4 701 480 pasaxeiros.[2]
Conta cun Museo Aeronáutico[3] situado na estrada que dá acceso ás terminais do aeroporto. Pódese visitar de luns a sábado de 10:00 a 14:00 horas, gratuitamente e é apto para todos os públicos. Na súa maioría é material fotográfico, que mostra desde os comezos da aviación na illa (desde a inauguración do aeroporto, o 12 de xuño de 1946) ata as datas nas que nos atopamos.
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ AENA (ed.). "Estadísticas de tráfico aéreo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xaneiro de 2018. Consultado o 14 de xaneiro de 2018.
- ↑ Informe 2009 Arquivado 24 de marzo de 2010 en Wayback Machine. Estatísticas de AENA
- ↑ [1]
- ↑ Routes Online (ed.). "Air Europa adds Barcelona – Lanzarote in 3Q17". Consultado o 29 de setembro de 2017.
- ↑ Brussels Airlines (ed.). "Partnership Neckermann / Thomas Cook and Brussels Airlines gives Belgian holidaymakers more choice, more flexibility and more certainty as from 28 October". Consultado o 29 de setembro de 2017.
- ↑ Routes Online (ed.). "easyJet Adds New Italian Routes in S16". Consultado o 29 de setembro de 2017.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2017. Consultado o 28 de setembro de 2017.
- ↑ http://www.routesonline.com/news/38/airlineroute/271685/ryanair-w17-new-routes-as-of-05mar17/
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web en aena-aeropuertos.es Arquivado 19 de decembro de 2011 en Wayback Machine. (en castelán)