Aeroporto de Bilbao
Aeroporto de Bilbao Bilboko aireportua
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario/Operador | AENA | ||
Cidade/Illa | Bilbao, España | ||
Localización | Sondika-Loiu | ||
Elevación (msnm) | 42 metros / 138 pés | ||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
12/30 | 2 600 | 8 530 | asfalto |
10/28 | 2 000 | 6 562 | asfalto |
Estatísticas (2017) | |||
Pasaxeiros | 4 973 712 | ||
Aumento pasaxeiros | 8,4% | ||
Operacións | 46 989 | ||
Aumento operacións | 4,2% | ||
Carga (ton.) | 1 956 | ||
Aumento carga | 34,2% | ||
Fonte: AENA[1] |
O Aeroporto de Bilbao (IATA: BIO, OACI: LEBB) atópase a 5 quilómetros da cidade de Bilbao. A antiga terminal, terminal de carga, e gran parte dos servizos aeroportuarios atópanse no municipio de Sondika, mentres que a nova terminal, deseñada por Santiago Calatrava está no de Loiu. Trátase do aeroporto máis importante da cornixa cantábrica en canto a número de viaxeiros e impacto económico. O aeroporto de Bilbao recibiu en 2016 un total de 4 588 265 viaxeiros, o que supón un incremento dun 7,3% respecto ao ano anterior, segundo datos de AENA.
É o único aeroporto rendible do País Vasco e un dos 14 rendibles do sistema aeroportuario español.[2] Trátase do 12º aeroporto máis concorrido de España por número de pasaxeiros. É unha base da aeroliña rexional Air Nostrum e a segunda base en número de destinos de Vueling, despois do aeroporto de Barcelona.
Arquitectura
[editar | editar a fonte]O aeroporto actual foi concibido polo arquitecto valenciano Santiago Calatrava. Deseñouno de tal forma que desde o exterior se asemellase a unha ave emprendendo o voo, por iso é polo que se coñeza popularmente co nome de A Pomba. Na construción abunda a cor branca, o vidro e o formigón.
A terminal conta cun total de 6 "fingers" (túneles móbiles que conectan directamente o avión coa terminal). Á súa vez, foi deseñada unha nova torre de control en forma de falcón para facer fronte ao incremento de voos que a nova terminal atraería. Con todo, as antigas instalacións aproveitáronse para mellorar o conxunto do aeroporto. A antiga pista de aterraxe mantívose como pista secundaria para utilizala cando a principal non estivese en condicións, a antiga terminal de pasaxeiros habilitouse como terminal de carga e a torre de control equipouse con dispositivos especiais para situacións de urxencia.
Infraestruturas
[editar | editar a fonte]- 2 pistas de aterraxe
- Pista 12-30: 2 600 m.
- Pista 10-28: 2 000 m.
- Plataforma Norte: 10 postos de estacionamento.
- Plataforma Sur: 11 postos de estacionamento.
- Nova Terminal de Pasaxeiros (A Pomba): 36 mostradores de facturación, 12 portas de embarque e 7 hipódromos de recolleita de equipaxes.
- Antiga Terminal de Pasaxeiros (utilizada agora como oficinas).
- Terminal de Carga, Zona Industrial e Zona de Aviación Xeral.
- 3 aparcadoiros:
- Xeral (P1): 3000 prazas.
- Exprés (< 30 minutos): 37 prazas.
- Longa estancia (P2).
Accesos
[editar | editar a fonte]Ao aeroporto pódese acceder desde a cidade de Bilbao de tres xeitos diferentes:
- En autobús: liña A3247 de Bizkaibus, conecta a cidade (centro e estación de autobuses Termibús) co aeroporto cada 20 minutos, cunha duración da viaxe de 15 minutos, circulando por autovía.
- En Taxi: tarifa segundo taxímetro, tarda uns 10-15 minutos.
- En turismo: polos túneles de Artxanda chégase ao centro nun tempo similar.
- En tren: Prevese realizar unha liña de metro ou proximidades que conecte o centro de Bilbao co aeroporto en 5 min a través dun túnel escavado baixo o Monte Artxanda. En principio finalizarase en 2012.
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial do aeroporto Arquivado 16 de xuño de 2013 en Wayback Machine.
- Bilbao Air, Sociedade para a Promoción do Aeroporto de Bilbao
- Servizos Aéreos, AIR QUALITY
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ AENA (ed.). "Estadísticas de tráfico aéreo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xaneiro de 2018. Consultado o 14 de xaneiro de 2018.
- ↑ El País (ed.). "¿Cuáles son los aeropuertos con más beneficios y más pérdidas de España?". Consultado o 20 de outubro de 2017.
- ↑ Routes Online (ed.). "CSA Czech Airlines Expands Service in S15". Consultado o 5 de setembro de 2017.
- ↑ El Correo (ed.). "Norwegian dinamita el puente aéreo entre Bilbao y Barcelona y pincha la burbuja del bajo coste". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2017. Consultado o 5 de setembro de 2017.