1908
ano do calendario
1908 (MCMVIII) foi un ano bisesto comezado en mércores no calendario gregoriano.
1908 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1908 MCMVIII | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2661 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1357 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4604 – 4605 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5668 – 5669 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1963 – 1964 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1830 – 1831 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5009 – 5010 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1286 – 1287 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1326 – 1327 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2158 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
editar- 2 de xaneiro - Suspéndense as garantías constitucionais en Barcelona e Xirona a causa dunha onda de terrorismo.
- 1 de febreiro - Morren nun atentado en Lisboa Carlos I, rei de Portugal, e o príncipe herdeiro, Lois Filipe de Braganza.
- 15 de febreiro - As tropas españolas ocupan Restinga, preto de Melilla.
- 17 de febreiro - Estalan dúas bombas en Barcelona (España).
- 18 de febreiro - O Congreso español aproba a creación do Instituto Nacional de Previsión.
- 23 de febreiro - Constitúese en Pontevedra o Directorio Antiforista de Teis.
- 2 de abril - É soterrado na Coruña Curros Enríquez despois de grandes honras fúnebres e procedente de Cuba.
- 21 de xuño - 250 000 sufraxistas reúnense en Hyde Park (Londres) para reclamar o dereito ao voto feminino.
- 15 de agosto - Iníciase en Monforte de Lemos a I Asemblea Agraria de Galicia.
- 24 de setembro - Sae dunha liña de montaxe o primeiro Ford Modelo T, o primeiro automóbil en ser fabricado en masa. A súa produción chegou a ser de máis de 15 millóns de unidades.
- 5 de outubro - O Imperio Austrohúngaro anexiona Bosnia e Hercegovina.
- 23 de decembro - Francia e Bélxica asinan un tratado para demarcar as fronteiras na parte baixa do Congo.
Nacementos
editar- 9 de xaneiro - Simone de Beauvoir, filósofa, feminista e escritora francesa (m. 1986).
- 28 de xaneiro - Urbano Lugrís, pintor galego (m. 1973).
- 23 de febreiro - Xosé Otero Abeledo Laxeiro, pintor lalinense (m. 1996).
- 29 de febreiro - Balthus, artista polaco-francés.
- 14 de marzo - Maurice Merleau-Ponty, filósofo francés.
- 5 de abril - Herbert von Karajan, director de orquestra austríaco.
- 12 de abril - André Martinet, lingüista francés.
- 29 de abril - Manuel García Gerpe, avogado e político galego.
- 16 de maio - Sebastián González García-Paz, historiador e arqueólogo galego.
- 28 de maio - Ian Fleming, novelista británico.
- 26 de xuño - Salvador Allende, presidente de Chile (1970-1973).
- 22 de agosto - Henri Cartier-Bresson, fotógrafo francés.
- 9 de setembro - Cesare Pavese, escritor italiano.
- 18 de setembro - Viktor Amazaspovich Ambartsumian, astrónomo armenio.
- 10 de outubro - Mercè Rodoreda, escritora catalá.
- 15 de outubro - John Kenneth Galbraith, economista estadounidense.
- 16 de outubro - Enver Hoxha, político albanés.
- 22 de outubro - Benigno Andrade García, guerrilleiro galego.
- 25 de outubro - Manuel Mur Oti, director de cine, guionista e escritor galego (m. 2003).
- 4 de novembro - Joseph Rotblat, físico polaco.
- 8 de novembro - Agustí Bartra i Lleonart, escritor catalán (m. 1982).
- 25 de novembro - Jenaro Marinhas del Valle, escritor galego (m. 1999).
- 28 de novembro - Claude Lévi-Strauss, antropólogo francés.
- 11 de decembro - Carlos Arias Navarro, presidente do Goberno de España (1974-1976).
- 17 de decembro - Willard Frank Libby, químico estadounidense.
- 24 de decembro - Amando Losada, avogado e político galego (m. 1980).
- 31 de decembro - Simón Wiesenthal, investigador de crimes de guerra austríaco.
Mortes
editar- 9 de febreiro - Clara Corral Aller, poeta galega (n. 1847).
- 3 de marzo - Benigno Quiroga Ballesteros, político galego (n. 1848).
- 7 de marzo - Manuel Curros Enríquez, escritor galego.
- 11 de marzo - Edmondo de Amicis, escritor italiano.
- 3 de maio - Manuel Rodríguez Rodríguez, filólogo e escritor galego.
- 13 de xuño - Antonio Aguilar Correa, político español (n. 1824).
- 21 de xuño - Nikolai Rimskii-Korsakov, compositor ruso.
- 22 de xullo - Sir William Randal Cremer, pacifista británico, premio Nobel da Paz en 1903.
- 25 de agosto - Henri Becquerel, físico francés descubridor da radioactividade.
- 20 de setembro - Pablo Sarasate, violinista e compositor español.
- 20 de setembro - Nicolás Salmerón, presidente da I República Española (1873).
- 29 de setembro - Joaquim Maria Machado de Assis, escritor brasileiro.
- 8 de novembro - Victorien Sardou, dramaturgo francés.
- 14 de novembro - Guangxu, emperador da China da dinastía Qing.
- 20 de novembro - Georgy Voronoi matemático ruso.
Outros
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1908 |