O Reino do Congo ou Imperio do Congo (en kikongo: Kongo dia Ntotila[1] ou Wene wa Kongo;[2]) foi un estado precolonial africano no suroeste de África situado no territorio que hoxe corresponde ao noroeste de Angola (incluída Cabinda), o suroeste e oeste da República do Congo, a parte oeste da República Democrática do Congo[3] e a parte centro-sur de Gabón. Na súa máxima extensión ocupaba dende o océano Atlántico, polo oeste, até o río Cuango, polo leste, e do río Ogooué, polo norte, até o rí­o Cuanza, polo sur. O reino do Congo foi fundado por Lukeni lua Nimi no século XIV.

Modelo:Xeografía políticaReino do Congo

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 6°16′00″S 14°15′00″L / -6.266667, 14.25
CapitalMbanza-Kongo Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación509.250 (1650) Editar o valor en Wikidata (3,94 hab./km²)
Xeografía
Superficie129.400 km² Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación1395 Editar o valor en Wikidata
Disolución1888 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía Editar o valor en Wikidata
MoedaDinheiro de concha (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

A rexión era gobernada por un líder chamado rei polos europeos, o manicongo. Estaba formada por de nove provincias e tres rexións (Ngoio, Cacongo e Loango), mais a súa área de influencia se estendía tamén por outros estados independentes, como Dongo, Matamba, Cassange e Quissama.[4] A capital era M'Banza Kongo (literalmente, Cidade do Congo), rebautizada como São Salvador do Congo após os primeiros contactos cos portugueses e a conversión do manicongo ao catolicismo no século XVI, e renomeada de volta M'Banza Kongo en 1975.

O reino era rexido por unha monarquía, que por veces na súa historia alternou entre hereditaria e electiva. A liñaxe de reis durou dende a fundación do reino en 1390 até a abolición en 1914 pola Primeira República Portuguesa, que diminuíu o título do rei á unha mera figura simbólica na cidade de São Salvador até 1975,[5] cando o goberno socialista de Angola acabou por abolir os títulos definitivamente.

Historia

editar

As tradicións verbais sobre o inicio da historia da rexión escribíronse por primeira vez ao final do século XVI, e as máis completas foron rexistradas a mediados do século XVII, incluídas aquelas escritas polo misioneiro capuchino italiano Giovanni Cavazzi da Montecuccolo.[6] Unha pescuda máis detallada sobre as tradicións orais modernas inicialmente conducida no inicio do século XX por misioneiros redentoristas como Jean Cuvelier e Joseph de Munck non parecen relacionarse co período inicial da historia do reino.

Inicialmente habitada por pigmeos, a demografía da rexión mudou radicalmente durante a gran migración bantú cara ao sur, onde se formou un subgrupo étnico entre os que se asentaron no val do baixo río Congo, máis próximo da súa foz no Atlántico. Ese subgrupo bantú son os congos, que consolidaron a ocupación da rexión a mediados do século XIII.

Formación política precolonial

editar

A partir do século XIV os congos pasaron a organizarse politicamente, formando o poderoso reino do Congo, a partir da reunión dos reinos Ampemba Cassi e Bambata. O antigo reino de Bambata acabou por converterse nun ducado dentro do reino, nas terras que actualmente forman a provincia do Uíge.

A fundación do reino do Congo deuse coa investidura de Lukeni lua Nimi como primeiro rei en 1390,[6] fixando capital nunha localidade de nome Nisi Cuílo.

Xa politicamente forte, o reino do Congo organizou unha expedición e conquistou o reino rival de Muene Cabunga, que tiña súa capital, Mongo-dia-Congo, ao sopé dunha montaña ao sur. A cidade mudou de nome, pasando a chamarse M'banza Kongo, á que se mudou o rei do Congo e ergueu o seu palacio.

Contactos cos portugueses

editar
 
Xoán I Nzinga a Nkuwu

En 1483, o explorador portugués Diogo Cão navegou polo río Congo, descubrindo numerosas aldeas ribeirás, tornándose o primeiro europeo que encontrou o reino do Congo.[7] Diogo Cão deixou homes no Congo e levou algúns nobres da corte congolesa a Portugal. Volveu cos nobres congoleses en 1485, convertendo ao cristianismo o rei Nzinga a Nkuwu que se bautizou en 1491,[8] adoptando o nome de Xoán I do Congo en honra ao rei portugués Xoán II.[9] Os principais nobres da corte congolesa tamén foron bautizados, comezando polo gobernante da provincia do Soio, Manuel I do Soio. Ao mesmo tempo, os cidadáns congoleses alfabetizados que regresaban de Portugal abriron algunhas escolas no Congo.

O período de aproximación comercial, política e económica cos portugueses tamén estivo marcado pola propia expansión territorial do reino do Congo, onde, nas guerras emprendidas contra os reinos e os pobos veciños, se conseguía a principal materia de exportación congolesa, os escravos. O principal posto de comercio de Portugal co Congo era San Tomé e Príncipe.

Tensión con Portugal e derrocamento do reino do Congo

editar
 
Pedro VII e Isabel, rei e raíña titular do Congo, en 1934

As tensións entre Portugal e o Congo xurdiron, principalmente relacionadas co comercio de escravos e coa interferencia na escolla dos sucesores do trono congolés, aliado ao feito dos gobernadores da Angola portuguesa se tornaren máis agresivos.

Luís Mendes de Vasconcelos, que foi gobernador colonial de 1617 a 1621, contratou bangalas como mercenarios para emprender unha devastadora guerra contra o reino de Ndongo, e despois atacar e saquear algunhas provincias do sur do Congo. Estaba particularmente interesado na provincia de Cassanze, unha rexión pantanosa que ficaba ao norte de Luanda, refuxio de escravos fuxitivos. O gobernador colonial João Correia de Sousa contratou novamente os bangalas para lanzar unha invasión a grande escala no sur do Congo en 1622, após a morte de Álvaro III, nunha tentativa de influír na escolla do novo rei.

A Guerra Luso-Congolesa de 1622, iniciouse coas forzas portuguesas invadindo Cassanze, forzando o comandante congolés Pedro Afonso a fuxir de M'Banza Kongo a Nambo Angongo, unha cidade protexida por escravos fuxitivos. Aínda que Pedro Afonso concordase en devolver algúns fuxitivos, o exército portugués atacou o Congo e matouno, contando cun exército esmagador de 20 000 soldados.

Após o éxito en Nambo Angongo, o exército portugués avanzou para o condado de Quimbamba en novembro, onde conseguiron unha vitoria na batalla de Mbumbi.[10] Alá afrontaron unha forza liderada polo novo duque de Quimbamba, con reforzos das forzas do marqués de Pemba. Tanto o duque de Quimbamba como o marqués de Pemba foron mortos na batalla.

No entanto, Pedro II, acabado de coroar rei do Congo, mobilizou o exército principal, incluíndo tropas do Soio, para Quimbamba, derrotando decisivamente os portugueses, expulsándoos do país nunha batalla trabada nalgún lugar preto de Mabanda Cassi, en xaneiro de 1623. Esa vitoria congolesa e a deterioración das relacións con Portugal foron cruciais para o éxito da ocupación holandesa de Angola.

O reino do Congo asociouse á República das Sete Provincias Unidas dos Países Baixos contra Portugal en 1641, colaborando loxisticamente para a expulsión lusitana da rexión de Luanda. Iso fixo que se mergullase de cabeza na Guerra Luso-Neerlandesa, conseguindo certo progreso entre 1641 e 1643, durante as batallas dos Dembo e do río Bengo. En 1647 o reino do Congo participou da última campaña con éxito contra os portugueses, na batalla de Combi.

Ao mesmo tempo o Congo afrontaba os seus propios problemas internos, cunha guerra civil co condado do Soio, ocorrida entre 1641 e 1645. A reconquista portuguesa das posesións coloniais angolanas deixou o Congo en situación fráxil, obrigándoo a tentar unha alianza do reino de España. Con todo, a disputa polas posicións na provincia de Ambuíla levou á batalla de Ambuíla, que acabou por ser sucedida por outra guerra civil, que durou até 1709. Eses conflitos foron os puntos de inflexión para o reino do Congo, enfraquecéndoo politicamente, perdendo de feito a condición de estado independente, e pasando a ser en 1857 un estado vasalo do reino de Portugal.[11][12]

Lista dos xefes tribais ou reis do Congo

editar

Sobas fundadores

editar
  • Soba Lukeni-lua-Nimi (c. 1390)
  • Soba Manga
  • Soba Nlaza
  • Soba Nkuwu-a-Ntinu

Sobas convertidos ao Cristianismo

editar
  • Soba Nzinga-a-Nkuwu, Xoán I (1470—1509)
  • Soba Mvemba-a-Nzinga, Afonso I (1509-1540)
  • Soba Nkanga-a-Mvemba, Pedro I (1540-1544)
  • Soba Mpudi-a-Nzinga Mvemba, Francisco I (1544-1546)
  • Soba Nkumbi Mpudi a Nzinga, Diogo I (1546-1561)
  • Soba Mvemba-a-Nzinga, Afonso II (1561)
  • Soba Mvemba-a-Nzinga, Bernardo I (1561-1567)
  • Soba Mpudi-a-Mvemba Nzinga, Henrique I (1567-1568)
  • Soba Mpangu-a-Nimi Lukeni lua Mvemba, Álvaro I (1568-1574)
  • Soba Mpangu-a-Nimi Lukeni lua Mvemba, Álvaro II (1574-1614)
  • Soba Mpangu-a-Nimi Lukeni lua Mvemba, Bernardo II (+1615)
  • Soba Mbika-a-Mpangu Nimi Lukeni lua Mvemba, Álvaro III (1615-1622)
  • Soba Nkanga-a-Mvika lua Ntumba-a-Mvemba, Pedro II Afonso (1622-1624)
  • Soba Mvemba-a-Nkanga Ntinu, Garcia I (1624-1626)
  • Soba Mvemba-a-Nkanga Ntinu, Ambrósio I (1626-1631)
  • Soba Mvemba-a-Nkanga Ntinu, Álvaro IV (1631-1636)
  • Soba Mvemba-a-Nkanga Ntinu, Álvaro V (1636-1638)
  • Soba Mvemba-a-Nkanga Ntinu, Álvaro VI (1638-1641)
  • Soba Nkanga-a-Lukeni, Garcia II (1641-1661)

Durante o período das loitas polo poder

editar

En M'Banza Kongo (São Salvador do Congo)

editar

En Mbula

editar
  • Soba Nsuku-a-Ntamba, Pedro III (1667-1679)
  • Soba Nsuku-a-Ntamba, Xoán II (1679-1710)
  • Soba Luwano Nsanda Lussevikueno (1710-1787)
  1. Schemmel, B. (2008). "Traditional Polities". Consultado o 24 de xaneiro de 2008. 
  2. Thornton, John; Heywood, Linda M. (2007). Central Africans, Atlantic Creoles, and the Foundation of the Americas, 1585–1660. New York: Cambridge University Press. p. 57. ISBN 978-0-521-77065-1. 
  3. Fryer, Peter (2000). Rhythms of Resistance: African Musical Heritage in Brazil. p. 158. 
  4. Thornton, John (1977). "Demography and History in the Kingdom of Kongo, 1550–1750". The Journal of African History 18 (4): 526. doi:10.1017/s0021853700015693. 
  5. Nassoro Habib Mbwana Msonde, A Revised History for Advanced Level and Colleges: Part One, Xlibris Corporation, 2017
  6. 6,0 6,1 Thornton, John (2001). "The Origins and Early History of the Kingdom of Kongo, c. 1350-1550". The International Journal of African Historical Studies 34 (1): 89–120. JSTOR 3097288. 
  7. Gates, Louis; Anthony Appiah (1999). Africana: The Encyclopedia of the African and African American Experience. p. 1105. 
  8. Aguilar, Mario Ignacio (2008). "Kongo Religion". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2007. Consultado o 24 de xaneiro de 2008. 
  9. Encyclopedia of World Biography (2008). Nzinga Nkuwu. Consultado o 24 de xaneiro de 2008. 
  10. Thornton, John (2010). A Re-Interpretation of the Kongo-Portuguese War of 1622 According to New Documentary Evidence. The Journal of African History 51. pp. 235–248. JSTOR 40985072. doi:10.1017/s0021853710000277. 
  11. Alberto Jr., Carlos (20 de agosto de 2008). "Quem são os Angolanos". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 06 de marzo de 2021. 
  12. Leander (2016-05-18). "Kingdom of Kongo 1390 – 1914". South African History Online. Consultado o 2019-02-23. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Bouveignes, Olivier de Les anciens rois du Congo, Namur: Grands Lacs, 1948.
  • David Birmingham, Trade and Conquest in Angola. Oxford e Londres: Oxford University Press, 1966.
  • Cecile Fromont, The Art of Conversion: Christian Visual Culture in the Kingdom of Kongo. Chapel Hill: University of North Carolina Press, 2014.
  • Ann Hilton, The Kingdom of Kongo Oxford: Oxford University Press, 1982.
  • Karl Edvard Laman,The Kongo. 4 vols. 1954–68.
  • Graziano Saccardo, Congo e Angola con la storia dell'antica missione dei Cappuccini 3 vols., Venice, 1982–83.
  • John K. Thornton, The Kingdom of Kongo: Civil War and Transition, 1641–1718.
  • John K. ThorntonThe Kongolese Saint Anthony: Dona Beatriz Kimpa Vita and the Antonian Movement, 1683–1706 Cambridge University Press, 1998.
  • John K. Thornton. "The Origins and Early History of the Kingdom of Kongo," International Journal of African Historical Studies 34/1 (2001): 89–120.
  • Jan Vansina, Kingdoms of the Savanna, Madison, WI, University of Wisconsin Press, 1966.
  • Phyllis M. Martin, Power, Cloth and Currency on the Loango Coast, University of Wisconsin Press, 1986.
  • E. Dartevelle, Les Nzimbu, monnaie du royaume du Congo, Bruxelles, 1953.
  • Douglas L. Wheeler, Nineteenth-Century African Protest in Angola: Prince Nicolas of Kongo (1830?-1860), Boston University African Studies Center, 1968.
  • David Birmingham, A Short History of Modern Angola, Oxford University Press, 2016.
  • Patrício Batsîkama, A Catedral de São Salvador de Angola: História e Memória de um Lugar Mítico, Universidade Fernando Pessoa Porto, 2011.
  • Jelmer Vos, Empire, patronage and a revolt in the kingdom of Kongo, Old Dominion University, 2017.
  • Patrício Batsîkama Mampuya Cipriano, Nação, nacionalidade e nacionalismo em Angola, Universidade Fernando Pessoa Porto, 2015.
  • Ronald H. Chilcote, Protest and resistance in Angola and Brazil: Comparative studies, University of California Press, 1972.
  • Jelmer Vos, Kongo in the Age of Empire, 1860-1913: The Breakdown of a Moral Order, University of Wisconsin Press, 2015.
  • Martin Yandesa Mavuzi, Histoire et numismatique des monnaies du Congo du XVe siècle à nos jours ou Les monnaies du Congo - L’histoire et la numismatique, Weyrich Edition, 2015.
  • António Brásio, Monumenta Missionaria Africana (1st series, 15 volumes, Lisbon: Agência Geral do Ultramar, 1952–88), vols. 1, 2 e 4.

Ligazóns externas

editar