Salvador Allende
Salvador Guillermo Allende Gossens, nado en Santiago o 26 de xuño de 1908 e finado na mesma cidade o 11 de setembro de 1973, foi un político chileno, presidente do seu país entre 1970 e 1973, cando foi derrocado por un golpe de estado, apoiado pola CIA e os Estados Unidos de América, que acabou coa súa vida.
Non alcanzou a completar o seu goberno, que proseguía até 1976, debido ó Golpe de Estado de 1973 que o derrocou e implantou o Réxime Militar en Chile. A súa morte ocorreu durante o asalto ó Palacio de la Moneda, no que faleceu.
Traxectoria
editarA orixe dos Allende é vasca.[1] Os seus antepasados chegaron a Chile durante o século XVII, e empeza a destacar entre as familias aristocráticas a partir da primeira metade do século XIX. O máis destacado da familia foi o seu avó Ramón Allende Padín, «O Vermello», radical e gran mestre da masonaría.
O seu fillo Salvador Allende Castro foi tamén masón.[2] Traballou como funcionario público e como notario do porto de Valparaíso. Fíxose coñecido polo seu enxeño, dotes poéticas (do mesmo xeito có seu pai), e o seu fanatismo pola chilenización de Tacna e Arica.[3]
Contraeu matrimonio con Laura Gossens Uribe, muller de gran relixiosidade, filla dun inmigrante belga e dunha dama da cidade de Concepción.[4]
Os irmáns Allende Gossens foron seis: Alfredo, Inés, Salvador e Laura, e debido á morte dos dous últimos houbo dous novos Salvador e Laura.
A familia de Allende era de clase media-alta, o seu pai viaxou e trasladou á súa familia ó longo do país, por mor de diferentes cargos que tiña que asumir na administración pública. Por este motivo os primeiros 8 anos de vida de Allende desenvolvéronse en Tacna, naqueles intres en poder de Chile, chegando á cidade apenas cumpridos uns meses.
Salvador Allende Castro debeu asumir como avogado da Corte de Apelacións e secretario da Intendencia Rexional, instalándose coa súa familia na propiedade arrendada na rúa San Martín 238.
Tras 8 anos en Tacna, a familia trasladouse por un pequeno período a Iquique, en 1918. Valdivia sería o próximo destino, instalándose o pai como avogado do Consello de Defensa do Estado, en 1919. Seguiu os seus estudos no Liceo de Valdivia, gañando os alcumes de «pije» e «pollo fino», pola súa alta posición social e a súa preocupada vestimenta, en comparación cos seus conxéneres.
O regreso a Valparaíso produciuse en 1921, ó ser o pai avogado da Corte de Apelacións de devandita cidade. Alí Allende, mentres continuaba os seus estudos no Liceo Eduardo de la Barra, coñeceu a Juan Demarchi, vello zapateiro anarquista, e segundo as confesións do mesmo Allende, terían unha influencia fundamental[5]. Infundoulle durante longas conversacións nas que tamén xogaban o xadrez, moitas das futuras bandeiras de loita social que legaría o futuro presidente de Chile. Algúns cren porén, que esta relación está demasiado embellecida e que a influencia do zapateiro sería menor.
Finalizou os seus estudos secundarios en 1924, e decidiu facer o servizo militar, que realizou por un ano no Rexemento de Lanceiros de Tacna.[6]
Ingresou na Universidade de Chile a estudar medicina, malia que tiña dúbidas entre seguir esta carreira ou Dereito. Viviu coa súa tía paterna, Anita, para despois levar unha vida e inestabilidade residencial, percorrendo de pensión en pensión para poder sobrevivir. Malia esta relativa precariedade, seguiu sendo o «pije». Obtivo de media xeral ó finalizar os seus estudos unha nota de cinco.[7] A súa tese doutoral de 1933, "Higiene mental y delincuencia", foi publicada en 2005 por Editorial CESOC, de Santiago de Chile.
Vida política
editarPara 1929 iniciouse na política, entrando ó grupo Avance, chegou a ser vicepresidente da FECh en 1930, pero a súa oposición a certas posicións do grupo, durante os meses previos á caída da ditadura de Carlos Ibáñez del Campo, foi expulsado do grupo[8].
Malia iso seguiu actuando como líder estudantil, o que provocou a súa detención. Mentres se atopaba pechado decatouse que o seu pai agonizaba debido a un caso avanzado de diabetes. Permitíronlle saír, e alcanzou a velo nos seus últimos intres.
Tras estes dramáticos feitos da súa vida, Allende debruzouse a terminar a súa memoria Higiene mental y delincuencia e a conseguir traballo estable, pero tivo que pasar longo tempo pasando de hospital en hospital, até converterse en axudante de anatomía patolóxica do Hospital Van Buren.
En 1933, participou na fundación do Partido Socialista de Chile, organizando a sede da súa cidade natal, manténdose neste partido toda a súa vida. Dous anos despois uniríase á masonería. Paralelamente á súa vida militante era director da Asociación Médica de Chile en Valparaíso e membro do Directorio Nacional desa organización, converteuse en 1935 en editor do Boletín Médico de Chile e organizador da Revista de Medicina Social de Valparaíso.[9]
Comprometeuse fortemente co proxecto do Frente Popular, integrándose os socialistas ó pacto tras un Congreso xeral realizado en 1936. Allende pronto se converteu en presidente do Frente Popular en Valparaíso. Dentro do Partido foi xefe de núcleo (1933), secretario seccional (1934) e secretario do comité rexional de Valparaíso (1937-39).
O seu partido proclamoulle candidato á 6ª agrupación departamental de Quillota e Valparaíso, resultando electo xunto a outros dous socialistas. Iniciou a súa vida parlamentaria coa petición ó presidente da Cámara que os 17 deputados socialistas prometesen e non xurasen, petición que foi aceptada.[10] Como deputado participou principalmente na realización de diferentes proxectos de leis relativas a problemas sociais.
Durante a campaña presidencial de Pedro Aguirre Cerda, Allende foi elixido para dirixir a campaña en Valparaíso. Deixou o seu escano parlamentario para unirse ó novo goberno de Aguirre Cerda como ministro de Salubridade, dende outubro de 1939, con 31 anos.[11] Ese mesmo ano publicouse o seu texto chamado La realidad médico social. Ó iniciar a súa vida ministerial, en 1940 contraeu matrimonio con Hortensia Bussi Soto.[12]
Entre os logros na súa época de ministro, segundo a súa conta o Congreso en 1940, cóntanse a produción e distribución de medicamentos contra enfermidades venéreas, reducións das mortes por tifo, orzamento de dous millóns de pesos para centros de hixiene pública, expansión do servizo dental nas escolas e entrega de alimentos para os estudantes.[13] Uns meses despois de que o Partido Socialista deixou o Frente Popular, Allende retirouse do Ministerio, asumindo como vicepresidente da Caja de Seguro Obrero Obligatorio.
En 1943 tornouse secretario xeral do Partido Socialista, ocupando o cargo até xuño de 1944. Nos anos 1945, 1953, 1961 e 1969 foi elixido senador.
Era o símbolo nacional do socialismo moderado, chegando a exercer dende 1966 como Presidente do Senado.
Postulouse por primeira vez á Presidencia de Chile en 1952, conseguindo un frouxo 5,45%, o que se debeu en parte á escisión dun sector do socialismo que apoiou a Carlos Ibáñez e á proscripción do comunismo.[14]
En 1958 presentouse novamente como candidato da alianza socialista-comunista FRAP (Frente de Acción Popular), conseguindo o 28,5% dos votos. Esta vez atribuíuse a derrota de Allende á participación dun candidato populista, Antonio Zamorano, que lle quitou votos de sectores populares.[15]
Postulouse á Presidencia por terceira vez no ano 1964, novamente representando o FRAP. A elección finalizou nunha competencia entre Allende e Eduardo Frei Montalva. Por temor a que triunfase Allende, o electorado de dereita envorcouse cara a Frei, en troques do radical Julio Durán, que era o seu candidato inicial. Enfrontado a dous dos tres terzos da política chilena, Allende foi derrotado por terceira vez cun 38,6% dos votos contra o 55,6% de Frei.[16]
A elección presidencial de 1970
editar- Artigo principal: Elección presidencial de Chile (1970).
Non foi fácil para Allende conseguir o nomeamento como candidato de Unidad Popular (nova alianza socialista-comunista, máis outros partidos menores). Pesaban sobre el as súas tres derrotas e moitos dentro do Partido non crían na súa «vía chilena ó socialismo». Pero logrou impoñerse sobre os demais precandidatos, principalmente polo seu importante arrastre de votos e polo decisivo apoio do Partido Comunista (que apoiaba a Allende máis que o seu propio partido).
Con todo, viuse obrigado a asinar un pacto de goberno, segundo o cal se triunfaba, a administración de Chile sería compartida entre Allende e os partidos de Unidad Popular, representada por un comité, que tería un representante de cada colectividade. Isto implicaba unha renuncia ás súas facultades como presidente da República, pois non podería actuar sen o apoio do comité, e este funcionaba por unanimidade.
Na campaña presidencial do ano 1970 as primeiras enquisas daban por gañador, con maioría absoluta, a Jorge Alessandri Rodríguez, candidato da dereita. Mais a súa campaña foise deteriorando, principalmente pola súa avanzada idade. Acusóuselle de senil e de sufrir a enfermidade de Parkinson, e o seu propio comando decidiu non facer concentracións masivas, coa excepción do peche de campaña, para non amosar a idade do candidato.
Seguros da vitoria de Alessandri, os seus partidarios irritáronse sobremaneira cando nunha entrevista de El Mercurio se lle preguntou ó xeneral en xefe do exército, René Schneider pola actitude do Exército se ningún dos dous candidatos obtiña maioría absoluta. Schneider sinalou que debía responder o Congreso Pleno, segundo o establecido na Constitución e que o Exército se apegaría totalmente ós postulados da carta fundamental (esta sería a base da «doutrina Schneider»).[17] Os alessandristas anoxáronse porque a tradición era elixir presidente a quen sacase maioría relativa.
O candidato do Partido Demócrata Cristián, Radomiro Tomic, tiña un pensamento orientado cara á esquerda, o que, en 1964, provocou que os votantes de centro dereita deran a vitoria a Frei.
Estados Unidos, en tanto, non lle deu apoio decidido a ningún candidato anti Allende, principalmente porque as súas propias enquisas mostraban a Alessandri como triunfador. Aínda que derivaron algúns fondos a Alessandri, por medio da compañía ITT (International Telephone & Telegraph) (ó redor de 350.000 dólares), tal financiamiento non se compara co que se lle deu durante a campaña de Frei, cando ademais existiu asistencia electoral.[18]
O 4 de setembro celebrouse a elección presidencial, nun clima de orde e tranquilidade, e pasada a medianoite sóubose o resultado dos comicios: Allende: 36,6% Alessandri: 34,9% Tomic: 27,8%.[19] A confianza dos alessandristas converteuse en medo a un goberno socialista, mentres os allendistas e até varios democristiáns saían á rúa a expresar a súa ledicia.
En Washington, Richard Nixon ordenou evitar que Allende asumise a presidencia. A CIA[20] organizou dous plans para deter a elección de Allende no Congreso pleno (o Congreso debía dirimir entre as dúas máis altas maiorías o día 24 de outubro), os que serían coñecidos como o Track One e o Track Two:
- O Track One[21] consistía en que o Congreso elixise a Alessandri; este renunciaría e chamaríase a novas eleccións nas que a dereita apoiaría a Eduardo Frei. O plan é coñecido tamén como «gambito Frei». O plan, con todo, non funcionou. A DC e a UP chegaron a un entendemento tralo triunfo de Allende, e revelouse a existencia dun pacto secreto entre os dous candidatos de esquerda (Tomic e Allende) no que cada un recoñecía a vitoria do outro se a diferenza era meirande a 5.000 votos, e a de Alessandri só se este os superaba a ambos por máis de 100.000 votos. Finalmente, a Democracia Cristiana esixiu para o seu apoio no Congreso un estatuto de garantías constitucionais, que asegurarían que Allende non se sairía da Constitución. O Track One fracasou, quedando entón o Track Two.
- O Track Two[22] consistía en crear un clima de inestabilidade política, para que as Forzas Armadas interviñesen e anularan a elección. Encargouse a súa execución ó xeneral Roberto Viaux, cuxo plan era secuestrar o comandante en xefe do Exército, xeneral René Schneider, ocultalo e provocar a situación de inestabilidade. O 22 de outubro executouse o plan, pero, ó intentar defenderse, os asaltantes diparáronlle e fuxiron no instante.[23] O seu chofer levouno ó Hospital Militar onde faleceu o día 25 de outubro.
O día anterior, o 24 de outubro, ás 10:39 h, iniciouse a votación do Congreso, dirixido polo presidente do Senado Tomás Pablo. Sufragaron 195 parlamentarios. Ó finalizaren o reconto o secretario da Cámara Pelagio Figueroa, anunciou: Salvador Allende Gossens, 153 votos; Jorge Alessandri Rodríguez, 35 votos; en branco, 7 votos.
Presidencia
editarO primeiro ano
editarO 3 de novembro Allende asumiu a presidencia no Congreso Nacional. Despois dirixiuse á catedral ao Che Deum ecuménico celebrado por todas as igrexas de Chile.[24]
O plan gobernamental
editarDe todos eles a peza mestra era Pedro Vuskovic, que levaría a cabo o plan de transición do capitalismo ó socialismo. O plan da Unidad Popular para chegar ó «socialismo á chilena» consistía nos seguintes puntos[25]:
- Estatización das áreas «chaves» da economía.
- Nacionalización da Gran Minaría do Cobre.
- Aceleración da reforma agraria.
- Conxelar os prezos das mercancías.
- Aumentar os salarios de todos os traballadores, pagándoos con emisión de billetes.
- Cun clima de euforia económica, modificar a constitución e crear unha cámara única.
A estatización das empresas levouse a cabo co uso de certos baleiros legais (o Decreto Lei N° 520, de 1932), que databan da República Socialista, que caeron no esquecemento pero que non por iso deixaban de ter valor legal. O baleiro consistía en que cando algunha empresa considerada chave da economía detiña a produción, o Estado podía intervir para que volva producir. O sistema utilizado era paralizar as empresas con traballadores pro Unidad Popular, que pedían a intervención do goberno, o cal requisaba a industria. O sistema foi xulgado ilegal pola dereita, pero foi sancionado como legal pola Contraloría da República.[26]
Tamén se empregaba o sistema máis clásico de compras de accións, a través da CORFO (Corporación de fomento da produción), cando a empresa era unha sociedade anónima.
A nacionalización da minería levouse a cabo en cambio co apoio unánime de todos os sectores da sociedade, sendo aprobada a súa Lei (N° 17.450 promulgada o 15 de xullo) por unanimidade no congreso pleno. Ás empresas mineiras pagaríaselles unha indemnización, pero restándolle as «utilidades excesivas» que tiveran os últimos anos, produto dos baixos impostos que pagaban (ás veces nulos). Por este sistema as empresas Anaconda e Kennecott non recibiron un só centavo.
Estas accións do goberno de Allende motivarían a Richard Nixon e o seu secretario de Estado Henry Kissinger para promover un boicot contra o goberno de Allende, mediante a negación de créditos externos e a petición dun embargo ó cobre chileno.[27]
A estatización das empresas levouse a cabo co uso de certos baleiros legais (o Decreto Lei N° 520, de 1932), que databan da República Socialista, que caeron no esquecemento pero que non por iso deixaban de ter valor legal. O baleiro consistía en que cando algunha empresa considerada chave da economía detiña a produción, o Estado podía intervir para que volva producir. O sistema utilizado era paralizar as empresas con traballadores pro Unidad Popular, que pedían a intervención do goberno, o cal requisaba a industria. O sistema foi xulgado ilegal pola dereita, pero foi sancionado como legal pola Contraloría da República.[26]
Tamén se empregaba o sistema máis clásico de compras de accións, a través da CORFO (Corporación de fomento da produción), cando a empresa era unha sociedade anónima.
A nacionalización da minería levouse a cabo en cambio co apoio unánime de todos os sectores da sociedade, sendo aprobada a súa Lei (N° 17.450 promulgada o 15 de xullo) por unanimidade no congreso pleno. Ás empresas mineiras pagaríaselles unha indemnización, pero restándolle as «utilidades excesivas» que tiveran os últimos anos, produto dos baixos impostos que pagaban (ás veces nulos). Por este sistema as empresas Anaconda e Kennecott non recibiron un só centavo.
Estas accións do goberno de Allende motivarían a Richard Nixon e o seu secretario de Estado Henry Kissinger para promover un boicot contra o goberno de Allende, mediante a negación de créditos externos e a petición dun embargo ó cobre chileno.[27] A CIA e o goberno estadounidense conxuráronse dende un comezo para provocar a caída do goberno lexítimo de Chile.[28][29] Documentación desclasificada en 2021 amosaron que, a instancias da CIA, os servizos secretos de Australia operaron durante 18 meses en Chile entre 1971 e 1973. A súa tarefa sería a recrutar a chilenos para traballar coa CIA.[30][31]
Para afondar na reforma agraria seguiuse utilizando a lei de reforma agraria de Eduardo Frei, que tiña varios baleiros legais que a Unidad Popular aproveitou ó máximo, propiciando a «toma de terras» polos campesiños, facendo que a CORA (Corporación da Reforma Agraria, dirixida na práctica por Chonchol) expropiara os fondos. A finais do ano 1971 levouse a cabo a expropiación de máis de dous millóns de hectáreas. Estas ocupacións empezaron a adquirir aspectos máis e máis violentos, polos enfrontamentos entre terratenentes e campesiños. O primeiro morto foi Rolando Matus, pequeno agricultor que morreu a balazos, cando defendía unha propiedade mínima no sur de Chile contra quen intentaban ocupala pola forza. A dereita converteuno nun mártir, bautizando co seu nome a unha das brigadas de choque.
A conxelación de prezos e o aumento de soldos deberon provocar inflación, pero en Chile un 20% da capacidade produtiva estaba ociosa, e antes de subir os prezos, os comerciantes aproveitaron esa capacidade, xerando crecemento económico. Ademais, no pensamento dos economistas da Unidad Popular, as emisións de diñeiro tiñan un lapso de tempo durante o cal non producían inflación, polo menos momentaneamente. E funcionou, polo menos o primeiro ano, en que se dobrou o diñeiro, a inflación foi baixa e o Produto Interior Bruto medrou nun 8%.[32]
Tamén axudou á promoción de UP que o poeta nacional Pablo Neruda, militante comunista, obtivera o Premio Nobel de Literatura ese mesmo ano.
Con este clima, a Unidad Popular alcanzou un 49,731% dos votos nas eleccións municipais.[33] Porén, ese resultado non se reflectiu nas eleccións parlamentarias a inicios de 1973, cando só obtivo un terzo dos parlamentarios. A única solución para gañarse o poder lexislativo foi a proposta de cambiar a un sistema de Cámara única.
Pero esa proposta non prosperou e a maxia económica empezou a caer. Ó finalizar o ano 1971 aparecerían os primeiros síntomas de desabastecemento. Cando Allende volveu suscitar ó Congreso a idea dunha Cámara única, xa poucos estaban interesados na idea. As nocións de Revolución violenta e loita de clases, en cambio, cobraran forza.
A finais dese ano Fidel Castro visitou Chile por tres semanas. Percorreu todo o país, o que molestou ós opositores á Unidad Popular e en especial a Kissinger. É tamén nesa data que se empezan a ver os primeiros síntomas do desabastecemento, en especial de azucre.
En privado, o líder revolucionario cubano manifestou o seu escepticismo ante a vía pacífica de Allende. O 2 de decembro de 1971, un informe secreto da CIA despachado a Washington revelou as recomendacións privadas de Castro ós líderes da UP. Segundo o documento Fidel dixo:
Existen muy pocas posibilidades de construir un Estado Marxista en Chile si no se usa la violencia.
Ó despedirse, no Estadio Nacional dixo: «Regreso a Cuba más revolucionario, radical y extremista de lo que vine».
Polarización da sociedade chilena
editarA Democracia Cristiana, polo programa de Radomiro Tomic, tivo un achegamento inicial coa Unidad Popular, pero afastouse a causa do asasinato do exministro de Frei, Edmundo Pérez Zujovic, polo grupo VOP (Vanguardia Organizada del Pueblo) de tendencia ultra esquerdista, en xuño de 1971[34].
A isto engadiuse a súa baixa nas eleccións, os desinhibidos ataques na súa contra da prensa oficialista e o aumento da espiral de violencia.
A Democracia Cristiana achegouse entón ó PN (Partido Nacional, de tendencia dereitista). A súa primeira acción conxunta deuse na lección complementaria dun deputado en Valparaíso, na que o candidato demócrata cristián, Oscar Marín, gañou co apoio do PN.
Logo se coludiron* para facer unha acusación constitucional contra o ministro do Interior José Tohá, pola súa responsabilidade nos feitos de violencia. Acusacións parecidas suscitara o PN contra os ministros pero a DC negouse, até entón, de seguilos.
Allende retirou a Tohá do Ministerio do Interior, pero o colocou inmediatamente na carteira de Defensa, nun acto de clara provocación cara ao Congreso, aínda que legalmente non obxectable [35]. Iniciouse deste xeito a alianza DC-PN para opoñerse ó goberno da Unidad Popular, realizando multitudinarias manifestacións de repulsa á política do Goberno, que darían paso a verdadeiras batallas campais entre os manifestantes e grupos de esquerda.
No aspecto legal, a DC e a dereita aprobaron unha reforma constitucional (Proxecto Hamilton-Fuentealba), que definiu as tres áreas chave da economía e colocou trabas ó plano estatizador* da Unidad Popular, deixando sen efecto as estatizacións* e requisicións efectuadas con anterioridade no gume da lei. O presidente veta o proxecto, e a insistencia da cámara por aprobalo crea un conflito legal de amplas proporcións que se desenvolve durante todo o goberno de Allende.
A violencia política espállase. O Movimiento de Izquierda Revolucionaria (MIR) intensificou as súas actividades terroristas, e o PS (Partido Socialista de Chile) elixiu como directiva á á máis radical do socialismo, dirixida polo senador Carlos Altamirano. Ambos grupos (o MIR e o PS) desconfiaban da vía pacífica de Allende e seguían os ensinos do Che Guevara sobre a loita subversiva[36].
Xa se viu actuar a extremistas no asasinato de Pérez Zujovic, e agora comezaron a armar a grupos de traballadores e cidadáns afíns coas súas ideas, creándose os chamados «cordóns industriais».
En ocasións, o Goberno negouse a empregar a forza policial para controlar estas accións (en casos de tomas de fábricas e radios opositoras), sendo, en xeral, feble na súa reacción. A razón diso é que os que realizan estas accións son xente da Unidad Popular, que loitan polo socialismo.
Na dereita, o grupo ultranacionalista Patria y Libertad, liderado por Pablo Rodríguez, intensificou os seus usuais actos de terrorismo. Manifestacións en prol ou en contra do Goberno seguíronse continuamente, chegando a extremos de violencia graves. As brigadas da loita na rúa empezaron a implantar un clima de intolerancia no país. Os grupos Ramona Parra (comunista) e Elmo Catalán (socialista), enfrontáronse a Rolando Matus (do Partido Nacional). Estes grupos recrutaron os seus militantes, preferentemente, entre mozos extremistas.
Mentres tanto, a economía deixou de medrar. A emisión inorgánica de diñeiro cobrou as súas primeiras vítimas e a inflación disparouse. O crecemento do país chegou a ser negativo, caeron os salarios reais, o déficit chegou ao 25% do PXB (Produto Xeral Bruto) e a débeda externa aumentou a 253 millóns de dólares.
A fixación oficial de prezos trouxo consigo o «mercado negro», onde se vendían os produtos a prezos multiplicados. O mercado negro e o estancamento económico, causaron a desaparición de produtos básicos de consumo en almacéns e supermercados, provocando longas ringleiras de xente para obter as súas mercancías.
Para enfrontar o desabastecemento, o Goberno creou as JAP (Juntas de Abastecimiento y Precios), que serían outro factor de discordia entre os membros da dereita e os que apoiaban o Goberno , pois acusouse ás JAP de favoreceren ós negocios gobernamentais e prexudicar ós independentes ou opositores.
A resistencia gremial volveuse máis forte, co apoio da prensa opositora. Os diarios El Mercurio, La Segunda, La Tercera de la Hora, Las Últimas Noticias, La Prensa, La Tarde e La Tribuna atacaron sen parar ó Goberno. Destacou o último diario (pertencente a militantes do Partido Nacional), polos seus violentos titulares como: «MIRicones atacaron a mujeres»; «¡Allendista! Asesinó a otro camionero»; «Nunca antes un presidente contó con tanto fervor popular unido en un solo grito: ¡Que se vaya!» etc.
A grave situación económica e o temor a seren estatizados, levou á Agrupación de Dueños de Camiones liderados por León Vilarín, co apoio doutros gremios, a realizar un paro nacional en outubro, agravándose aínda máis os problemas de distribución. Neste paro había detrás diñeiro da CIA, que conspiraba para facer caer o goberno de Allende, entregando tamén recursos a diarios opositores, principalmente a El Mercurio[37]. A oposición plegouse á mobilización, adheríndose enxeñeiros, avogados, odontólogos, médicos, profesores, estudantes e moitos máis, quedando o país virtualmente paralizado.
O paro só se detivo co ingreso de membros das Forzas Armadas nos Ministerios: o comandante en xefe do exército, Carlos Prats, en Interior; o contraalmirante Ismael Huerta en Obras Públicas, e o xeneral de Brigada Claudio Sepúlveda en Minería[38]. Este gabinete durou até as eleccións parlamentarias de marzo de 1973.
1973, a caída da democracia
editarEn marzo de 1973 producíronse as eleccións parlamentarias. A oposición, agrupada na CODE (Confederación de la Democracia) desexaba obter dous terzos do Congreso. Se o lograba, podería emitir unha acusación constitucional contra Allende e destituílo da presidencia. Pero a UP logrou o 43,3% dos votos e a CODE o 55%.
Allende, buscando unha solución á crise, intentou un achegamento coa DC. O primeiro intento foi co proxecto de reforma constitucional Hamilton-Fuentealba que foi vetado polo Executivo. Antes de que o Parlamento respondese ó veto, desenvolvéronse unha serie de conversacións entre o Goberno e a DC para facer aprobar a reforma, de tal xeito que o traspaso das empresas á «área social» da economía, fora leal e pacífico. A pedra de tope era que habería que devolver as empresas expropiadas ilegalmente ou de forma legalmente dubidosa.
O acordo non se concretou debido á oposición do PS, en troques o seu compañeiro de alianza, o Partido Comunista, traballou polo entendemento. O PS xunto a Carlos Altamirano comezou coas súas accións transversais e discursos acendidos a crear graves problemas a Allende.
Outro intento de achegamento foi proposto polo cardeal Raúl Silva Henríquez, propiciando un diálogo entre Allende e o presidente da DC, Patricio Aylwin, para procurar un acordo que puidese facer superar esta situación. Pero o diálogo non prosperou. Segundo o cardeal, foi a intransixencia da UP a que fixo fracasar a pescuda do consenso, pero hai que considerar tamén a oposición ó diálogo que manifestou Frei, e de que Aylwin pedía ministros militares con poderes moi amplos, que deixarían fóra do poder á UP[39].
A Allende non lle quedan moitas opcións. Se o golpe de Estado aínda non se daba, foi porque o recordo do comandante René Schneider e a súa doutrina (segundo a cal as Forzas Armadas deben apegarse estritamente á Constitución e as Leis) detíñanos. Pero o recordo íase esvaendo, e a realidade impulsábaos a tomar a verea do golpe de Estado. Sectores civís opositores ó goberno manifestáronse fronte os cuarteis botando trigo e millo, e insinuándolles que eran galiñas. Segundo sosteñen algunhas fontes, as accións destes sectores eran directamente financiadas pola CIA. Con todo, o comandante en xefe era Carlos Prats, quen xamais na súa vida teríase pregado a un golpe de Estado, polo que se as outras ramas das forzas armadas intentábano, poderíanse eventualmente enfrontar ó Exército e devir nunha guerra civil. O Partido Comunista lanzou entón a súa campaña «Non á Guerra Civil». Pero neses mesmos instantes críticos, Carlos Altamirano, secretario xeral do PS, dicía: «O golpe non se combate con diálogos, esmágase coa forza do pobo».
Isto alimentou ós golpistas. A violencia volveuse cada vez máis intensa, achegándose á barreira dos 100 mortos por violencia política durante o goberno de Allende. Un novo foco de violencia creouse entre o estudantado polo proxecto da Escola Nacional Unificada (ENU), que desexaba cambiar a educación en Chile, dunha baseada nos valores do capitalismo a unha con valores do «home novo» do socialismo. Tamén este plan integraría unha «educación permanente», e aínda que o proxecto atopábase «en cueiros» produciuse unha violenta reacción de sectores estudantís liderados por forzas de dereita. A FEUC (Federación de Estudiantes de la Universidad Católica) chamou a defender a liberdade educativa contra o «instrumento de concientización política do marxismo» polo que se enfrontaron en loitas nas rúas con agrupacións das Mocidades Socialista e Comunista. A Feses (Federación de Estudiantes Secundarios) dividiuse entre os que apoiaban a ENU, entre eles o dirixente Camilo Escalona, e os que a rexeitaban, encabezados por Miguel Salazar. Finalmente o proxecto foi retardado por petición do cardeal.
Pero o conflito educativo non foi o único tema de discordia entre os chilenos, o desabastecemento, as JAP, a reforma agraria, as «tomas de terras», os grupos armados, os cordóns industriais etc. Son todos motivos de discordia entre os chilenos.
O 11 de xuño o Congreso aprobou a reforma constitucional Hamilton-Fuentealba por 106 votos, que volveu inexpropiables os predios inferiores a 40 ha e deu garantías ós comerciantes e transportistas. Allende negouse a promulgar toda a reforma, e limitouse a publicar aquela na que non teñen grandes diferenzas a DC coa UP. Baseouse na facultade que ten o presidente de vetar unha Lei, e esta debe ser aprobada por 2/3 dos votos para exceder o veto. A oposición considerou este acto inconstitucional, e a Contraloría Xeral da República deulle a razón. Agora Allende púxose no gume da legalidade (fóra dela, segundo a apreciación da oposición), ó ignorar as facultades da contraloría e do poder Lexislativo.
O xeneral Carlos Prats, que cada día se vía con menos apoio, sufriu un incidente o 27 de xuño. Tras este presenta a súa renuncia ante o presidente, a cal rexeitou[40]. Un feito ocorrido dous días despois salvaríao fronte á opinión pública, polo momento.
O 29 de xuño, o rexemento blindado N° 2, ó mando do coronel Roberto Souper, protagonizou un levantamento militar contra o Goberno, usando varios tanques, un porta tanques e dous camións con 40 homes cada un.
Os sublevados intentaron tomar o Palacio da Moeda, enfrontándose ás Forzas da Guarnición, dirixidas polo comandante en xefe Carlos Prats en persoa, o cal puxo en risco a súa vida para obter a rendición dos sublevados. Os membros de Patria y Libertad, que estimularon o golpe, se asilaron na embaixada ecuatoriana. O resultado final deste intento foi coñecido como «tanquetazo», que deixou 20 mortos, dos cales gran parte foron civís.
Alarmado, Allende chamou novamente ós uniformados a integrar o gabinete, nesta ocasión cos catro membros máximos das Forzas Armadas, mentres planepu a súa última arma para saír da crise: un plebiscito.
Mentres, as accións do PS lideradas por Carlos Altamirano xa contribuíran a que as intencións de Allende colapsaran.
Acontecementos anteriores ó golpe de Estado
editarO golpe foi concibido por practicamente toda a plana superior da Armada, agás o almirante Montero, pero este atopábase illado e a Armada obedecía ó vicealmirante José Toribio Merino. O mesmo sucedía na Aviación, excepto polo xeneral César Ruiz, cabeza da entidade. Mais ó retirarse este último do Ministerio de Obras Públicas e Transporte (que asumira como consecuencia do «tanquezazo»), Allende obrigouno a renunciar a ambos cargos, ministro e comandante, asumindo no seu lugar o cargo militar o xeneral Gustavo Leigh, opositor ó goberno. O Exército estaba dividido, pero a balanza cada vez cargábase máis cara a opción golpista. En Carabineros non conspiraban máis que dous ou tres xenerais de baixa antigüidade, entre eles o xeneral César Mendoza.
Finalmente caeu Prats. O 21 de agosto, unha manifestación de esposas de xenerais iniciouse fronte á súa casa, á que chegaron tamén varios oficiais de civil a protestar contra el. Foi insultado e apedrado, e ó desfaceren a manifestación Carabineros, esta volveuse a organizar[41].
Chegaron ó lugar Augusto Pinochet (considerado o «segundo» de Prats), Allende e os seus ministros. Todos foron abouxados. Deprimido e desilusionado, pediu ós xenerais que reafirmaran a súa lealdade cara a el; como só uns poucos o fixeron, resolveu renunciar á comandancia en xefe. Recomendou a Allende o cargo a Pinochet, que tiña unha longa traxectoria como soldado profesional e apolítico.
O 23 de agosto reuníronse Allende, Prats e Pinochet no Palacio da Moeda. Ó finalizaren a reunión Pinochet foi nomeado comandante en xefe do Exército.
O 22 de agosto a cámara aprobou o Acordo da Cámara de Deputados sobre a grave crise da orde constitucional e legal da República, causada pola negativa do Executivo a promulgar a reforma constitucional das tres áreas da economía, malia ser aprobadas polo Congreso e actuando en contra da Constitución segundo o contralor. O texto deixou en claro que é responsabilidade dos ministros militares terminar coa situación de ilegalidade.
Preparativos do golpe
editarAs Forzas Armadas estaban preparadas para dar un golpe militar moito antes de pensar nel. O Exército tiña «planos de contrainsurxencia», para o caso de que unha subversión excedese as Forzas de Orde (Carabineiros). Este plan consistía en que o país estaba dividido en diferentes seccións, e para cada unha establecíase un plan para actuar contra a posible insurxencia. Este plan sería a base prima para os golpistas, que só tiveron que adaptalo ás novas circunstancias.
O problema era o xeneral Prats, que mantiña a súa lealdade ó presidente e tiña á guarnición de Santiago e o comando de institutos militares en mans de xente próxima (xenerais Sepúlveda e Pickering).
Tíñase que adiantar o golpe para antes de Festas Patrias (18 de setembro), porque se se atrasaba moito podía ocorrer outro «tanquetazo», que permitiría limpar de oficiais golpistas a plana do Exército. Pero caeu Prats, e Sepúlveda e Pickering renunciaron nun xesto de solidariedade. O novo comandante en xefe era Augusto Pinochet, do cal non se sabía se era ou non golpista.
O 7 de setembro o Almirante Merino envía ó Comandante Xeneral do Corpo de Infantaría de Mariña, Contraalmirante Huidobro cunha carta escrita nun pequeno papel o cal comprometía a Pinochet e Leigh a poñer as súas forzas para o 11 de setembro, e a hora 6:30 h en Valparaíso, atrás eles debían asinar o conforme.
Nunha reunión o día 9, Allende comentou a Pinochet a súa intención dun plebiscito. Ese mesmo día, Pinochet sumouse ó golpe.
O 11 de setembro
editar- Artigo principal: Golpe de Estado do 11 de setembro de 1973.
O 10 de setembro ás 16:00 h levantou áncora a escuadra, tal e como estaba previsto, xa que debía participar nas manobras navais internacionais UNITAS. Mentres tanto, o Exército se acuartelou. A razón dada: o probable desafuero de Altamirano e Garretón o día 11. Este desafuero, segundo explicou Pinochet ó ministro de Defensa Orlando Letelier, podía causar disturbios, polo que se facía necesario o acuartelamento.
Na madrugada do 11 de setembro, a escuadra reapareceu en Valparaíso e as Forzas Armadas tomaron a cidade. O prefecto de Valparaíso, Luís Gutiérrez, realizou unha chamada polo único teléfono que funcionaba no porto, o seu (liña deixada libre á mantenta polos golpistas), para avisar ó subdirector de Carabineiros, xeneral Jorge Urrutia, que a infantaría de mariña estaba nas rúas e empezara a tomar posicións de combate.
Urrutia telefoneou a Allende, que se atopaba na súa residencia de Tomás Mouro. Allende, acougado, pediu situar a Pinochet e a Leigh, pero eran insituables.
Ás 7:15 h, Allende, no seu Fiat 125, e o GAP enfiláronse cara ao Palacio da Moeda, chegando vinte minutos despois. Cargaba cun fusil AK-47 (agasallo de Fidel Castro) e o GAP ingresou no palacio de Goberno dúas metralladoras e tres lanzagranadas RPG-7, ademais das súas armas persoais.
Paralelamente, chegou a esa hora Pinochet ó Comando de Comunicacións, un pouco atrasado. Organizáronse as redes de comunicacións coas demais ramas das Forzas Armadas, especialmente con Leigh, que se atopaba na Academia de Guerra Aérea, e con Patricio Carvajal, que sería o coordinador de todo o golpe.
Sepúlveda, director xeral de Carabineiros chegou á Moeda, e aseguroulle que Carabineiros séguelle fiel ó goberno. Ignorábao, pero Carabineiros está agora controlado polos xenerais Mendoza e Yovane.
A Cadea Democrática, formada polas radios Minaría e Agricultura, emitiu a primeira proclama militar[42].
Allende debía facer entrega inmediata do seu cargo á Xunta de Goberno, integrada polos xefes supremos das Forzas Armadas: Pinochet, Leigh, Merino e Mendoza (os dous últimos recentemente auto-nomeados como xefes supremos das súas ramas, Armada e Carabineiros respectivamente).
Déuselle tamén ó presidente un ultimato: se A Moeda non era desaloxada antes das 11:00 h, sería atacada por terra e aire.
Os militares contactaron coa Moeda e propuxéronlle sacalo do país, pero Allende rexeitouna. Pinochet contacta con Carvajal, que lle indicou a negativa do presidente a renderse.
Ás 9:55 h os tanques do xeneral Palacio ingresaron no perímetro da Moeda. Francotiradores apostados nos edificios próximos tratáronos de repeler.
Ás 10:30 h os tanques abriron fogo contra a Moeda, seguíronlles as tanquetas e a infantaría, fogo que foi respondido polos membros do GAP e os francotiradores apostados nos edificios achegados.
Carvajal comunicouse novamente con Pinochet, informándolle da intención de parlamentar. Pinochet esixiu unha «rendición incondicional».
Ás 11:52 h os caza bombardeiros Hawker Haunter iniciaron o seu ataque á Moeda, disparando en catro oportunidades os seus foguetes sobre a casa de Goberno, o dano causado é devastador. Outros dous avións bombardearon a residencia presidencial de Tomás Mouro, naquel momento defendida polos membros do GAP que non alcanzaron a chegar con Allende.
O ataque ó Palacio de Goberno proseguiu co uso de gases lacrimóxenos, pero ó veren que a Moeda aínda se negaba a renderse, o xeneral Palacios decidiu tomala e enviou a un grupo de soldados a derribar a porta do Palacio. Son as 14:30 h da tarde.
Allende decidiu non fuxir do palacio. As derradeiras verbas pronunciadas por Allende o mesmo 11 de setembro dende o Palacio de la Moneda, ás 9:10 da mañá foron:
Seguramente, ésta será la última oportunidad en que pueda dirigirme a ustedes. La Fuerza Aérea ha bombardeado las torres de Radio Portales y Radio Corporación. Mis palabras no tienen amargura sino decepción y serán ellas el castigo moral para quienes han traicionado el juramento que hicieron: soldados de Chile, comandantes en jefe titulares, el almirante Merino, que se ha autodesignado, más el señor Mendoza, general rastrero que sólo ayer manifestara su fidelidad y lealtad al Gobierno, también se ha autodenominado Director General de Carabineros. Ante estos hechos sólo me cabe decir a los trabajadores: ¡Yo no voy a renunciar!Colocado en un tránsito histórico, pagaré con mi vida la lealtad al pueblo. Y les digo que tengo la certeza de que la semilla que entregáramos a la conciencia digna de miles y miles de chilenos, no podrá ser segada definitivamente. Tienen la fuerza, podrán avasallarnos, pero no se detienen los procesos sociales ni con el crimen ni con la fuerza. La historia es nuestra y la hacen los pueblos.
Trabajadores de mi patria: quiero agradecerles la lealtad que siempre tuvieron, la confianza que depositaron en un hombre que sólo fue intérprete de grandes anhelos de justicia, que empeñó su palabra de que aceptaría la Constitución y la ley, y así lo hizo. En este momento definitivo, el último en que yo pueda dirigirme a ustedes, quiero que aprovechen la lección: el capital foráneo, el imperialismo, unido a la reacción, creó el clima para que las Fuerzas Armadas rompieran su tradición, la que les enseñara el Schneider y reafirmara el comandante Araya, víctimas del mismo sector social que hoy estará en sus casas esperando con mano ajena, reconquistar el poder para seguir defendiendo sus granjerías y sus privilegios.
Me dirijo sobre todo a la modesta mujer de nuestra tierra, a la campesina que creyó en nosotros, a la obrera que trabajó más, a la madre que supo de nuestra preocupación por los niños. Me dirijo a los profesionales de la patria, a los profesionales patriotas, a los que hace dias siguieron trabajando contra la sedición auspiciada por los colegios profesionales, colegios de clase para defender también las ventajas que una sociedad capitalista le da a unos pocos.
Me dirijo a la juventud, aquellos que cantaron y entregaron su alegría y su espíritu de lucha. Me dirijo al hombre de Chile, al obrero, al campesino, al intelectual, aquellos que serán perseguidos, porque en nuestro país el fascismo ya estuvo hace muchas horas presente; en los atentados terroristas, volando los puentes, cortando las líneas férreas, destruyendo lo oleoductos y los gaseoductos, frente al silencio de quienes tenían la obligación de pro[inaudible].
Estaban comprometidos. La Historia los juzgará.
Seguramente Radio Magallanes será callada y el metal tranquilo de mi voz no llegará a ustedes. No importa. La seguirán oyendo. Siempre estaré junto a ustedes. Por lo menos mi recuerdo será el de un hombre digno que fue leal [inaudible] los trabajadores.
El pueblo debe defenderse, pero no sacrificarse. El pueblo no debe dejarse arrasar ni acribillar, pero tampoco puede humillarse.
Trabajadores de mi patria, tengo fe en Chile y su destino. Superarán otros hombres este momento gris y amargo en el que la traición pretende imponerse. Sigan ustedes sabiendo que, mucho más temprano que tarde, de nuevo se abrirán las grandes alamedas por donde pase el hombre libre, para construir una sociedad mejor.
¡Viva Chile! ¡Viva el pueblo! ¡Vivan los trabajadores!
Estas son mis últimas palabras y tengo la certeza de que mi sacrificio no será en vano, tengo la certeza de que, por lo menos, será una lección moral que castigará la felonía, la cobardía y la traición.[43]
Entón —segundo a testemuña dun dos seus doutores, Patricio Guijón, que regresou para levarse a súa máscara antigás— co fusil AK-47, suicidouse disparándose no queixo, morrendo instantaneamente [44]. Palacios entrou no Salón Independencia, e atopouse con Allende e o doutor Guijón. Recoñeceu ó presidente polo seu reloxo Galga Coulde. Chamou ó oficial de radio e entregou o seu conciso informe: «Misión cumplida. Moneda tomada, presidente muerto». Á súa vez Carvajal di por interno a Pinochet:
Hay una comunicación, una información de personal de la Escuela de Infantería que está ya dentro de La Moneda. Por la posibilidad de interferencia, la voy a transmitir en inglés: They say that Allende committed suicide and is dead now — Patricio Carvajal, 11 de setembro de 1973
Ás 18 horas conformouse a Xunta de Goberno. Fóra diso unhas escaramuzas en sitios illados de Santiago, a xunta domina todo o país. A Unidad Popular e o seu presidente morreran, iniciándose dezasete anos de ditadura.
Funerais
editarOs seus restos foron soterrados no Cemiterio Santa Inés de Viña del Mar, sen unha placa que o identificase, nunha discreta cerimonia na que só puideron asistir Hortensia Bussi, Laura Allende e dous sobriños do presidente, Patricio e Jaime Grove, ademais do comandante da FACH Roberto Sánchez[45].
Case 18 anos despois, o 4 de setembro de 1990 por orde do presidente Patricio Aylwin, Salvador Allende recibiu un novo funeral, pero esta vez masivo e con honores de Estado que lle correspondían como ex-mandatario.
Notas
editar- ↑ Vial. 1-Allende, Fidel y el Che: destinos paralelos Páxs. 18-19
- ↑ Figueroa, Virgilio. Diccionario histórico y biográfico de Chile. Santiago imprenta de la Ilustración, 1897, Páxs. 450-451.
- ↑ Figueroa, Virgilio. Diccionario histórico y biográfico de Chile. Santiago imprenta de la Ilustración, 1897, Páxs. 450-451.
- ↑ Veneros. Páx. 17-18
- ↑ Debray, Régis. Allende habla con Debray en Punto Final, N°126, Páx. 29.
- ↑ Veneros. Pág. 38
- ↑ Escola de Medicina da Universidade de Chile. Certificados de Exames Finais, anos 1926-1931.
- ↑ Veneros. Páx. 76
- ↑ Ramón, Armando de. Biografías de Chilenos Tomo I. Ediciones Universidad Católica de Chile, 1999, Páxs. 60-61
- ↑ Jorquera. Páx 184.
- ↑ Veneros. Pág. 99
- ↑ Veneros. Páx. 100
- ↑ Veneros. Páxs. 106-107
- ↑ San Francisco e Soto. Páx. 272
- ↑ San Francisco y Soto. Páxs. 298-299
- ↑ San Francisco y Soto. Páx. 331
- ↑ Ver biografía de Schneider en Icarito Arquivado 05 de febreiro de 2005 en Wayback Machine.
- ↑ Uribe y Opaso. Páx. 250.
- ↑ El Mercurio, 6 de setembro de 1970
- ↑ [1]
- ↑ Uribe y Opaso. Páx. 257-260.
- ↑ Uribe y Opaso. Páx. 261-262.
- ↑ El Mercurio, 23 de outubro de 1970.
- ↑ La Prensa, 3 de novembro de 1970
- ↑ Vial. 4-Por qué fracasó el “Plan Maestro” de la UP para alcanzar el poder total Páxs. 3-5
- ↑ 26,0 26,1 Vial. Chile en el Siglo XX Páxs. 362-363
- ↑ 27,0 27,1 Uribe y Opaso. Páx. 274-279.
- ↑ http://www.gwu.edu/~nsarchiv/NSAEBB/NSAEBB255/index.htm (en inglés).
- ↑ "Conversa entre Nixon, Haldeman, John Connally e Henry Kissinger o 5 de outubro de 1971." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de novembro de 2014. Consultado o 01 de xullo de 2010.
- ↑ "Australian Spies Aided and Abetted CIA in Chile". National Security Archive.
- ↑ "Golpe de Estado: documentos desclasificados de Australia muestran que espías de ese país colaboraron con la CIA en Chile". CIPER Chile (en castelán). 2021-09-10. Consultado o 2021-09-11.
- ↑ Vial. Chile en el Siglo XX Páx. 363
- ↑ Segundo un especial do diario la Tercera Arquivado 14 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine. e tamén pero menos exacto en www.salvador-allende.cl Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine.. Outras versións, ó parecer sen contar nulos e brancos, consignan un 50,86%, ver 1 Arquivado 03 de xuño de 2013 en Wayback Machine.
- ↑ Veneros. Páx. 322.
- ↑ Veneros. Páx. 328-329.
- ↑ Vial. Chile en el Siglo XX Páxs. 365-367.
- ↑ Uribe y Opaso. Páx. 267-269
- ↑ Vial. Chile en el Siglo XX Páxs. 370-371
- ↑ Vial. Chile no Século XX Págs. 372-373.
- ↑ Vial. 6-(I) El ocaso de Prats en el gobierno (II) El «niet» de la URSS, el hermano mayor Páxs. 9-10.
- ↑ Vial. 6-(I) El ocaso de Prats en el gobierno (II) El “niet” de la URSS, el hermano mayor Páxs. 13-15.
- ↑ Radioafeccionados gravaron as comunicacións entre os altos mandos durante o golpe de Estado, sendo dados a coñecer á opinión publica en decembro de 1985, na Revista Análisis Arquivado 20 de xullo de 2006 en Wayback Machine..
- ↑ Derradeira alocución[Ligazón morta]
- ↑ Guijón dende o 11 de setembro ten dito publicamente que Allende suicidouse, o que lle valeu o rexeitamento dos seus compañeiros de esquerda. Ver lembranzas da súa testemuña en Radio Cooperativa Arquivado 11 de decembro de 2007 en Wayback Machine..
- ↑ Cavallo, Salazar y Sepúlveda. Páxs 14-15.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salvador Allende |
Bibliografía
editar- Allende, Salvador (2005). Higiene mental y delincuencia. Editorial CESOC. Tese doutoral sostida na Escuela de Medicina da Universidad de Chile en 1933. Publicada por Editorial CESOC (Santiago de Chile) i El Clarín [2].
- Cavallo, Ascanio; Salazar, Manuel y Sepúlveda, Óscar (1998). La Historia Oculta del Régimen Militar. Santiago de Chile: Editorial Sudamericana. ISBN 956-262-061-1.
- Farías, Victor (2000). Los Nazis en Chile. Editorial Seix Barral. ISBN-13 978-8432208492.
- Farías, Victor (2006). Allende, la face caché : Antisémitisme et eugénisme. Editions Jacques Grancher. ISBN-13 978-2733909515.
- Garcés, Joan E. (1976). Allende et l'expérience chilienne. París: Presses de la Fondation Nationale des Sciences Politiques.
- García, Fernando D. y Sola, Oscar (1998). Salvador Allende. Una época en blanco y negro. Prólogo de Isabel Allende. ISBN 950-511-386-2.
- Goldenberg, Gregorio (1990). La Muerte del presidente Allende. Santiago de Chile: Ediciones Domicilio Conocido.
- González, Miguel y Fontaine T., Arturo (editores) (1997). Los mil días de Allende. 2 Vol. ISBN 956-7015-22-8.
- Jorquera, Carlos (1990). El «Chicho» Allende. Ediciones BAT. ISBN 956-7022-07-K.
- Puccio, Osvaldo (1985). Un cuarto de siglo con Allende: Recuerdos de su mayordomo privado. Santiago: Editorial Antártica.
- Soto, Óscar (1998). El último día de Salvador Allende. Prólogo de Hortensia Bussi de Allende. ISBN 956-239-084-5.
- San Francisco, Alejandro y Soto, Ángel (editores) (2005). Las elecciones presidenciales en la historia de Chile 1920-2000. Santiago: Editorial Antártica. 956-8147-23-3.
- Uribe, Armando y Opaso, Cristián (2001). Intervención Norteamericana en Chile - Dos textos claves. Santiago: Editorial Sudamericana. 956-262-123-5.
- Veneros, Diana (2003). Allende. Santiago de Chile: Editorial Sudamericana. ISBN 956-262-121-2.
- Vial, Gonzalo (2003). Allende. Fascículos en el diario La Segunda.
- Vial, Gonzalo (2003). Chile en el Siglo XX. Fascículos en el diario Las Últimas Noticias.
Ligazóns externas
editar- Diálogos do once de setembro en Wikisource (en castelán).
- Última alocución de Salvador Allende en Wikisource (en castelán).
Predecesor: Eduardo Frei Montalva |
Presidente de Chile 1970 - 1973 |
Sucesor: Augusto Pinochet |