Gran Premio do Canadá de 2024
O Gran Premio do Canadá de 2024 (coñecido oficialmente como Formula 1 AWS Grand Prix du Canada 2024) é unha carreira de motor de Fórmula 1, que celebrouse o 9 de xuño de 2024 no Circuíto Gilles Villeneuve en Montreal, Quebec, Canadá. Foi a novena proba do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024.
Tipo | carreira automobilística |
---|---|
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024 e Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto Gilles Villeneuve (Montreal) 45°30′02″N 73°31′21″O / 45.5006, -73.5225 |
Lonxitude | 4,361 km |
País | Canadá |
Intervalo de tempo | 7 de xuño de 2024 – 9 de xuño de 2024 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Antecedentes
editarO evento tivo lugar no Circuíto Gilles Villeneuve de Montreal por 43ª vez na historia do circuíto, durante a fin de semana do 7 ao 9 de xuño.[1] O Gran Premio foi a novena proba do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024 e a 53ª edición do Gran Premio do Canadá como unha proba do Campionato do Mundo de Fórmula Un.[2]
Clasificación do campionato antes da carreira
editarMax Verstappen lideraba o Campionato de Pilotos con 169 puntos, 31 puntos por diante de Charles Leclerc segundo e 56 por diante do seu compañeiro Sergio Pérez Mendoza en terceiro lugar. Red Bull Racing, con 276 puntos, lideraba o Campionato de Construtores por diante de Ferrari e McLaren, segundo e terceiro con 252 e 184 puntos, respectivamente.[3]
Pneus dispoñibles
editar- Artigo principal: Pneumáticos de Fórmula 1.
O provedor de pneumáticos Pirelli levou os compostos de pneumáticos C3, C4 e C5 (os tres máis brandos da súa gama) designados como duro, medio e brando, respectivamente, para que os equipos os usaran no evento.[4]
Pneus para pista seca | Pneus para chuvia | |||
---|---|---|---|---|
Duros (Tipo C3) | Medios (Tipo C4) | Brandos (Tipo C5) | Intermedios |
Chuvia |
Sancións
editarEsteban Ocon de Alpine ten unha sanción na grella de cinco postos por causar unha colisión co seu compañeiro de equipo Pierre Gasly no anterior Gran Premio de Mónaco.[5]
Práctica
editarPara o evento celebráronse tres sesións de adestramentos libres. A primeira sesión de adestramentos libres celebrouse o 7 de xuño de 2024, ás 13:30 hora local (UTC−4), e foi encabezada por Lando Norris de McLaren por diante de Carlos Sainz de Ferrari e o seu compañeiro de equipo Charles Leclerc. A segunda sesión de adestramentos libres celebrouse o mesmo día, ás 17:00 hora local, e encabezouna Fernando Alonso de Aston Martin por diante de George Russell de Mercedes e o compañeiro de equipo de Alonso Lance Stroll. A terceira sesión de adestramentos libres celebrouse o 8 de xuño de 2024, ás 12:30 hora local, e encabezouna Lewis Hamilton de Mercedes por diante de Max Verstappen de Red Bull Racing e o compañeiro de equipo de Hamilton, Russell.[6]
Cualificación
editarA cualificación celebrouse o 8 de xuño de 2024, ás 16:00 hora local (UTC−4).[6]
Informe da cualificación
editarGeorge Russell marcou un tempo idéntico a Max Verstappen na Q3 pero logrou a pole position en virtude de marcar a súa volta antes, [7] foi a segunda vez que a pole position se decidiu dese xeito desde que a Fórmula Un adoptou o sistema de cronometraxe de tres decimais despois do Gran Premio de Europa de 1997.[8]
Clasificación da cualificación
editarPos. | Nº | Piloto | Construtor | Tempos cualificación | Grella | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Q1 | Q2 | Q3 | |||||
1 | 63 | George Russell | Mercedes | 1:13.013 | 1:11.742 | 1:12.000 | 1[9] |
2 | 1 | Max Verstappen | Red Bull Racing-Honda RBPT | 1:12.360 | 1:12.549 | 1:12.000 | 2[9] |
3 | 4 | Lando Norris | McLaren-Mercedes | 1:12.959 | 1:12.201 | 1:12.021 | 3 |
4 | 81 | Oscar Piastri | McLaren-Mercedes | 1:12.907 | 1:12.462 | 1:12.103 | 4 |
5 | 3 | Daniel Ricciardo | RB-Honda RBPT | 1:13.240 | 1:12.572 | 1:12.178 | 5 |
6 | 14 | Fernando Alonso | Aston Martin Aramco-Mercedes | 1:13.117 | 1:12.635 | 1:12.228 | 6 |
7 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:12.851 | 1:11.979 | 1:12.280 | 7 |
8 | 22 | Yuki Tsunoda | RB-Honda RBPT | 1:12.748 | 1:12.303 | 1:12.414 | 8 |
9 | 18 | Lance Stroll | Aston Martin Aramco-Mercedes | 1:13.088 | 1:12.659 | 1:12.701 | 9 |
10 | 23 | Alexander Albon | Williams-Mercedes | 1:12.896 | 1:12.485 | 1:12.976 | 10 |
11 | 16 | Charles Leclerc | Ferrari | 1:13.107 | 1:12.691 | 11 | |
12 | 55 | Carlos Sainz | Ferrari | 1:13.038 | 1:12.728 | 12 | |
13 | 2 | Logan Sargeant | Williams-Mercedes | 1:13.063 | 1:12.736 | 13 | |
14 | 20 | Kevin Magnussen | Haas-Ferrari | 1:13.217 | 1:12.916 | 14 | |
15 | 10 | Pierre Gasly | Alpine-Renault | 1:13.289 | 1:12.940 | 15 | |
16 | 11 | Sergio Pérez | Red Bull Racing-Honda RBPT | 1:13.326 | 16 | ||
17 | 77 | Valtteri Bottas | Kick Sauber-Ferrari | 1:13.366 | 17 | ||
18 | 31 | Esteban Ocon | Alpine-Renault | 1:13.435 | 20[10] | ||
19 | 27 | Nico Hülkenberg | Haas-Ferrari | 1:13.978 | 18 | ||
20 | 24 | Guanyu Zhou | Kick Sauber-Ferrari | 1:14.292 | 19 | ||
107% tempo: 1:17.425 | |||||||
Fonte:[11][12] |
Carreira
editarA carreira celebrouse o 9 de xuño de 2024, ás 14:00 hora local (UTC−4), e disputouse durante 70 voltas.[6]
Informe da carreira
editarOs Saubers cambiaron as súas ás traseiras durante o parque pechado, relegándoos a unha saída desde boxes. A carreira declarouse en mollado, o que cambiou as estratexias de carreira, a maioría dos pilotos montaron pneumáticos intermedios, pero Haas optou por arrancar os seus pilotos con pneumáticos de mollado. Na saída baixo a chuvia, George Russell mantivo o liderado, Kevin Magnussen beneficiouse de inmediato dos pneumáticos para mollado, e subiu ata o cuarto lugar mentres Nico Hülkenberg abriuse camiño ata os puntos. Charles Leclerc, que gañara a carreira anterior en Mónaco, notou problemas no motor do seu Ferrari SF-24, reducindo o seu ritmo. Quedou atrapado no medio do grupo durante a maior parte da carreira.[13]
Na oitava volta, as condicións comezaron a cambiar. A choiva estaba aclarando, polo que os pilotos pasaron aos intermedios. Magnussen tivo problemas cando o seu equipo de boxes non tiña preparados os pneumáticos intermedios. Lando Norris superou a Max Verstappen co DRS na volta 20, o que o levou á cabeza. Logan Sargeant trompeou na chicana das curvas 3 e 4 e bateu contra o muro, retirouse provocando o primeiro coche de seguridade. Norris entrou a boxes demasiado tarde para cambiar os pneumáticos, polo que outros pilotos, incluído Verstappen, gañaron unha vantaxe ao cambiar antes os pneumáticos. Norris caeu ao terceiro posto por detrás de Verstappen e Russell.[13]
O coche de seguridade retirouse da pista na volta 29. Leclerc, que xa sufría problemas de motor, cambiou a pneumáticos duros, caendo ao último lugar. Leclerc pronto retiraríase da carreira, os problemas da unidade de potencia persistían. Na reanudación, Verstappen mantivo a vantaxe por diante de Russell. Mentres tanto, Alexander Albon adiantou a Daniel Ricciardo e a Esteban Ocon na ültima curva, pero víu como Carlos Sainz trompeou camiño da curva 7. Non puido evitar ao Ferrari, levouno por diante, e él e Sainz víronse obrigados a retirarse. Ferrari non conseguiu puntos por primeira vez desde o Gran Premio de Australia de 2023. Esta foi a primeira retirada de Ferrari da tempada, e a súa primeira retirada dobre desde o Gran Premio de Acerbaixán de 2022.[13][14] Sergio Pérez, que quedara eliminado na Q1 por segundo fin de semana consecutivo, non puido rematar unha vez máis despois de trompear e bater contra o muro na curva seis, logo de facer aquaplaning, golpeando o alerón traseiro do seu RB20 e destruíndoo. O seu equipo recomendoulle que volvese aos boxes para retirarse, xa que deixar o coche na pista provocaría un coche de seguridade. Non obstante, o incidente de Albon-Sainz provocou o segundo e último período de safety car.[13]
O período do coche de seguridade permitiu aos pilotos cambiar de novo os pneumáticos. Estes pilotos incluían a Russell e o seu compañeiro de equipo Lewis Hamilton, quen irían roda con roda con Russell gañando finalmente. Russell tamén loitou contra Oscar Piastri, este último mantivo o seu coche na pista mentres que Russell víuse forzado a saírse da pista nun incidente que finalmente foi considerado polos comisarios como un incidente de carreira. Yuki Tsunoda perdeu o control do seu RB e trompeou a través da pista, deixándoo nunha posición perigosa na pista da que case non puido escapar. Isto deixou a Tsunoda fóra dos puntos. Verstappen cruzou a liña de meta, gañando a carreira, a súa sexta vitoria, por diante de Norris e Russell. O terceiro posto de Russell foi o primeiro podio de Mercedes da tempada, e o seu compañeiro de equipo Hamilton anotou a volta rápida.[13]
Pérez recibiu unha sanción de perda de tres postos na grella para o seguinte Gran Premio de España. Seguindo o consello do equipo, para evitar unha situación de coche de seguridade, volveu renqueando aos boxes nun estado inseguro: o seu alerón traseiro xa estaba destruído, esparexendo restos na pista. Red Bull recibiu unha sanción de 25.000 € polo incidente.[15]
Clasificación da carreira
editarNotes
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
editar- ↑ "Montreal". StatsF1.com. Consultado o 1 de xuño de 2024.
- ↑ "Montreal". StatsF1.com. Consultado o 1 de xuño de 2024.
- ↑ "Monaco 2024 – Championship". Stats F1. 26 Maio de 2024. Consultado o 26 de maio de 2024.
- ↑ "Same ”soft” trio for Imola, Monaco and Montreal". pirelli.com. 23 de abril de 2024. Consultado o 23 de abril de 2024.
- ↑ "Ocon to take five-place grid drop at Canadian GP after dramatic first-lap clash with team mate Gasly in Monaco". Formula 1. 26 de maio de 2024. Consultado o 4 de xuño de 2024.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "2024 Canadian Grand Prix". Formula 1. 31 de maio de 2024. Consultado o 31 de maio de 2024.
- ↑ "‘I’ve missed this feeling!’ – Russell hails Mercedes progress after Canada pole as he vows to ‘go for it’ on race day". Formula 1. 9 June 2024. Consultado o 9 de xuño de 2024.
- ↑ Kelly, Sean (9 de xuño de 2024). "Facts and stats: Verstappen eyes up a fourth straight win when starting P2 as Perez records back-to-back Q1 eliminations". Formula 1. Consultado o 9 de xuño de 2024.
- ↑ 9,0 9,1 George Russell e Max Verstappen marcaron idénticos tempos de volta na Q3. Russell conseguiu a pole position,xa que foi o primeiro en acador o tempo.
- ↑ Esteban Ocon recibiu unha penalización de cinco postos na grella por causar unha colisión co seu compañeiro de equipo Pierre Gasly na rolda anterior.
- ↑ "Formula 1 AWS Grand Prix du Canada 2024 – Qualifying". Formula 1. 8 de xuño de 2024. Consultado o 8 de xuño de 2024.
- ↑ 12,0 12,1 "Formula 1 AWS Grand Prix du Canada 2024 – Starting Grid". Formula 1. 8 Jde xuño de 2024. Consultado o 8 de xuño de 2024.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 "Verstappen beats Norris to victory in thrilling wet/dry Canadian GP". Formula1.com. 9 de xuño de 2024. Consultado o 10 de xuño de 2024.
- ↑ Nixon, Toby (11 de xuño de 2024). "This is why Ferrari's team principal feels under threat from McLaren". GPblog.com (en inglés). Consultado o 12 June 2024.
- ↑ "Perez hit with three-place grid penalty for Spanish GP after infringement in Canada". Formula1.com. 9 June 2024. Consultado o 10 de xuño de 2024.
- ↑ Inclúe un punto pola volta rápida
- ↑ "Formula 1 AWS Grand Prix du Canada 2024 – Race Result". Formula 1. 9 de xuño de 2024. Consultado o 9 de xuño de 2024.
- ↑ 18,0 18,1 "Formula 1 AWS Grand Prix du Canada 2024 – Fastest Laps". Formula 1. 9 de xuño de 2024. Consultado o 9 de xuño de 2024.
- ↑ "Canada 2024 – Result". Statsf1.com. Consultado o 9 de xuño de 2024.
- ↑ 20,0 20,1 "Canada 2024 – Championship". Stats F1. 9 de xuño de 2024. Consultado o 9 de xuño de 2024.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do Canadá de 2024 |
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 2024 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2024 |
Carreira seguinte: Gran Premio de España de 2024 |
Carreira anterior: Gran Premio do Canadá de 2023 |
Gran Premio do Canadá | Carreira seguinte: Gran Premio do Canadá de 2025 |