Mercedes-Benz na Fórmula 1
Suxeriuse que "Mercedes GP" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
Nome completo | Mercedes-AMG Petronas F1 Team (2020–) Mercedes-AMG Petronas Motorsport (2017–2019) Mercedes AMG Petronas Formula One Team (2012–2016) Mercedes GP Petronas Formula One Team (2010–2011) Daimler-Benz AG (1954–1955) |
---|---|
Bandeira coa que compite | Alemaña |
Base en | Stuttgart, Baden-Württemberg, Alemaña (1954-55) Brackley (chasis) e Brixworth (unidade de potencia), Inglaterra, Reino Unido (2010-presente)[1] |
Xefe de Equipo | Toto Wolff (Xefe de Mercedes-Benz Motorsport & CEO) Hywel Thomas (MD, Powertrains) |
Director Técnico | James Allison |
Pilotos | 44. Lewis Hamilton 63. George Russell |
Pilotos de probas | |
Chasis | F1 W15[2] |
Motor | Mercedes M15 E Perfomance |
Pneumáticos | Pirelli |
Debut | Gran Premio de Francia de 1954 |
Carreiras | 311 |
Campionatos de Construtores | 8 (2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2020, 2021) |
Campionatos de Pilotos | 9 (1954, 1955, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2020) |
Vitorias | 128 |
Pole positions | 139 |
Voltas Rápidas | 109 |
Puntos totais | - |
Posición no campionato | 4º (329 ptos.) |
Mercedes-Benz, unha marca do Grupo Mercedes-Benz, leva implicada na Fórmula 1 como propietario do equipo e fabricante de motores durante varios períodos desde 1954. O equio Mercedes-AMG Petronas F1 Team ten a súa sede en Brackley, Inglaterra,[3] e posúe unha licenza alemá,[4] En 2022 a propiedade maioritaria era do Grupo Mercedes-Benz con Toto Wolff que ten unha participación significativa. Os equipos da marca Mercedes adoitan chamarse co alcume "Frechas de prata". En decembro de 2020 fíxose un anuncio[5] no que Ineos planeaba tomar un terzo da participación igualitaria xunto co Grupo Mercedes-Benz e Wolff, isto entrou en vigor o 25 de xaneiro de 2022.[6]
Antes da segunda guerra mundial, Mercedes-Benz competiu no Campionato europeo, gañando tres títulos. A marca debutou na Fórmula Un en 1954. Logo de gañar a súa primeira carreira no Gran Premio de Francia de 1954, o piloto Juan Manuel Fangio gañou outro tres grandes premios para gañar o campionato de 1954 de pilotos, e repetiu este éxito en 1955 logrando o segundo título conquistado por Mercedes. Malia gañar dous campionatos, Mercedes-Benz retirouse das carreiras de coches como unha resposta á Traxedia de Le Mans de 1955, e non regresou ata reincorporarse como fornecedor de motores en asociación con Ilmor.
Mercedes volveu á Fórmula Un en 1994 como fabricante de motores en asociación con Ilmor, unha empresa británica independente de enxeñería automovilística de alto rendemento, que desenvolveu os seus motores. A compañía gañou un título de construtor e tres títulos de pilotos nunha asociación oficial con McLaren que durou ata 2009. En 2005, Ilmor rebautizouse como Mercedes AMG High Performance Powertrains. En 2010, a compañía comprou o equipo Brawn GP, renomeándoo como Mercedes. Desde unha gran modificación das normas en 2014, que requiriu o uso de turbocompresors e motores eléctricos híbridos, Mercedes converteuse nun dos equipos máis exitosos da historia da Fórmula Un, gañando sete. títulos consecutivos de Pilotos de 2014 a 2020 e oito títulos de Construtores consecutivos de 2014 a 2021. Estableceu récords de máis vitorias nunha tempada (19 en 2016) e de máis títulos de construtores consecutivos. O fabricante tamén logrou máis de 200 vitorias como fornecedor de motores e ocupa o segundo lugar na historia da Fórmula Un. Os motores Mercedes-Benz gañaron dez Campionatos de Construtores e trece de Pilotos.
Historia
editarFrechas de prata (1930)
editarMercedes-Benz competiu nas competicións automobilísticas na década de 1930, cando as Frechas de prata dominaban xunto aos seus rivais de Auto Union. Ambos equipos estaban fortemente financiados polo réxime nazi, gañando todos os Campionatos Europeos entre 1935 e 1938, dos cales Rudolf Caracciola gañou tres para Mercedes-Benz.[7]
Daimler-Benz AG (1954-1955)
editarEn 1954, Mercedes-Benz volveu ao que agora coñécese como Fórmula 1 (un campionato do mundo fundado en 1950), usando a tecnoloxía avanzada do Mercedes-Benz W196.[8] O coche construíuse tanto na configuración de rodas aberta convencional como na forma aerodinámica con rodas cubertas e carrozaría máis ampla. Juan Manuel Fangio, o campión de 1951, transferido a metade de tempada desde Maserati a Mercedes-Benz para a súa debut no Gran Premio de Francia o 4 de xullo de 1954. O equipo tivo un éxito inmediato e logrou un dobrete con Fangio e Karl Kling, así como a volta rápida (Hans Herrmann). Fangio gañou tres carreiras máis en 1954, gañando o campionato.
O éxito continuou na tempada 1955 de Fórmula 1, co desenvolvemento do Mercedes W196 durante todo o ano. Mercedes volveu dominar a tempada, con Fangio gañando catro carreiras, e o seu novo compañeiro de equipo Stirling Moss gañando o Gran Premio de Gran Bretaña. Fangio e Moss terminaron primeiro e segundo no campionato dese ano. O desastre nas 24 Horas de Le Mans o 11 de xuño que causou a morte do piloto de Mercedes Pierre Levegh e a de máis de 80 espectadores provocou a cancelación dos Grandes Premios francés, alemán, español e suízo.[9] O equipo retirouse do deporte do motor, incluíndo a Fórmula Un, ao final da tempada.
Mercedes GP e Mercedes AMG Petronas F1 Team (2010-presente)
editarMercedes regresou á Fórmula Un na tempada 2010 logo de comprar unha participación minoritaria (45,1%) no equipo Brawn GP xunto con Aabar Investments que comprara o 30% o 16 de novembro de 2009,[10][11] Ross Brawn continuou nas súas funcións como director do equipo e o equipo mantivo a súa base e forza de traballo en Brackley, preto da planta de motores de Mercedes de Fórmula Un.[11] Trala compra do equipo, así como un acordo de patrocinio con Petronas,[12] o equipo foi rebautizado como equipo Mercedes GP Petronas de Fórmula Un[13] O equipo ten unha historia complexa; que se remonta a Tyrrell Racing, que competiu como construtor desde 1970 ata 1998, ata que foi comprado por British American Tobacco para converterse en British American Racing en 1999. BAR, que formara unha sociedade con Honda, co tempo converteuse en Honda Racing F1 Team en 2006, cando BAT retirouse do deporte. De novo cambiou de mans en 2008, cando Honda retirouse, e foi comprado pola dirección do equipo, dándolle o nome de Brawn GP, o do director do equipo Ross Brawn.[14] Brawn utilizou motores de Mercedes-Benz HighPerformanceEngines, e malia correr cun baixo orzamento, Jenson Button gañou seis das sete primeiras carreiras, e finalmente, o Campionato do Mundo de pilotos de 2009, Brawn GP tamén gañou o título de construtores. Foi a primeira vez en sesenta anos de historia deste deporte que un equipo gañou os dous títulos na súa primeira tempada.
Mercedes contratou aos pilotos alemáns Nico Rosberg, ao sete veces campión do mundo Michael Schumacher,[15] que regresou á Fórmula Un logo dunha ausencia de tres anos, e a Nick Heidfeld como piloto de probas e reserva. Dos pilotos de Brawn 2009, Jenson Button asinou por McLaren, mentres que Rubens Barrichello ocupou o asento de Rosberg no equipo Williams para o 2010. Coa adquisición de Brawn, Mercedes puxo fin á súa participación en McLaren, a empresa matriz Daimler AG vendeu de novo a súa participación do 40% en McLaren Group, sen deixar de fornecer motores ao equipo.[16]
O rendemento do equipo durante o ano 2010 non foi tan competitivo como cando era Brawn, con Mercedes detrás dos tres equipos principais Ferrari, McLaren e Red Bull. Os seus mellores resultados fíxoos Rosberg acabando no podio en tres ocasións, anotando terceiros lugares en Sepang, Shanghai e Silverstone. Rosberg finalmente terminou no sétimo lugar, pero Schumacher tivo un rendemento decepcionante, batido polo seu compañeiro de equipo e terminando a tempada sen unha soa vitoria nin podio, pole ou volta rápida por primeira vez desde a tempada de 1991. Tamén estivo involucrado nunha polémica en Hungría logo de acurralar ao seu ex compañeiro de equipo en Ferrari Rubens Barrichello contra o muro a 290 km/h. Finalmente, o equipo terminou en cuarto lugar no Campionato de Construtores, con 214 puntos.
Antes da tempada 2011, Daimler e Aabar compraron a participación restante do 24´9% da propiedade ao director do equipo en febreiro de 2011.[17] Co novo MGP W02, o Gran Premio de Australia de 2011 terminou cando ambos Schumacher e Rosberg se retiraron debido aos danos por accidente nas voltas 19 e 22, respectivamente. En Malaisia, Rosberg clasificouse noveno e Schumacher volveu fallar na Q3, cualificando undécimo. Schumacher anotou os primeiros puntos da tempada de Mercedes cun noveno posto, mentres que Rosberg tivo unha carreira tranquila e terminou duodécimo. En China, Rosberg e Schumacher mostraron unha boa forma, Rosberg finalizou quinto, e foi líder durante catorce voltas da carreira, mentres que Schumacher terminou a carreira en oitava posición. Rosberg engadiu outro quinto lugar en Turquía, mentres que en España, Schumacher terminou sexto, por diante de Rosberg.
Logo dun insubstancial Gran Premio de Mónaco de 2011, Schumacher igualou o seu mellor resultado en Mercedes en Canadá, terminando cuarto logo de chegar a estar segundo. En Valencia, Rosberg terminou sétimo, e Schumacher 17º, despois de bater con Vitaly Petrov. Rosberg e Schumacher terminaron nos puntos nas dúas carreiras seguintes en Gran Bretaña e Alemaña. Problemas na caixa de cambios deixaron a Schumacher sen puntuar en Hungría, pero Rosberg logrou terminar no noveno lugar. No Gran Premio de Bélxica de 2011, Schumacher subiu desde o fondo da grella, logo de perder unha roda na cualificación, para terminar quinto, mentres que Rosberg terminou en sexto lugar, logo de liderar a carreira nas súas primeiras etapas. Unha vez máis, o equipo terminou en cuarto lugar no Campionato de Construtores do mesmo xeito que en 2010, con 165 puntos sen vitorias, podios ou poles.
Para o 2012, o equipo retirou o GP do seu nome e engadiu as siglas AMG, a división de alto rendemento de Mercedes, ao seu nome. O equipo coñecerase como Mercedes AMG Petronas F1 Team. Ao comezo da tempada o equipo foi obxecto de protesta polo uso dun concepto "radical" do alerón traseiro no Mercedes F1 W03,[18] que non se resolveu ata a terceira carreira na China, cando os comisarios rexeitaron unanimemente a protesta.[19]
Na terceira carreira da tempada en China, Rosberg logrou primeira pole position do equipo como equipo oficial desde Fangio en 1955; Schumacher terminou a sesión en terceiro lugar, pero avanzou ata o segundo logo dunha penalización na grella para Lewis Hamilton. O equipo conseguiu a súa primeira vitoria en 57 anos, cando Nico Rosberg terminou primeiro no Gran Premio da China de 2012. Ademais diso, Rosberg converteuse no primeiro piloto alemán en gañar un Gran Premio pilotando un coche alemán desde a vitoria de Hermann Lang no Gran Premio de Suíza de 1939.
O 28 de setembro de 2012, anunciouse que o piloto de McLaren Lewis Hamilton uniríase ao equipo desde a tempada 2013 en diante, logo de asinar un contrato de tres anos para correr como compañeiro de Nico Rosberg.[20] O 26 de maio de 2013 Nico Rosberg aproveitou a pole para conseguir para Mercedes a súa primeira vitoria de 2013 no Gran Premio de Mónaco. A continuación Mercedes ocupou o terceiro lugar no Gran Premio do Canadá cortesía de Hamilton, seguido doutra vitoria para Rosberg no Gran Premio de Gran Bretaña despois de que Mercedes lograra un 1-2 na cualificación. Posteriormente, o equipo celebrou a súa terceira vitoria da tempada despois de que Hamilton lograra a súa primeira vitoria no equipo no Gran Premio de Hungría, o que resultou un segundo lugar por diante de Ferrari no campionato de construtores.
Oito títulos de construtores consecutivos (2014-2021)
editarAmbos pilotos continuaron en 2014 Rosberg gañou a primeira carreira da tempada en Australia, logo en Malaisia, Hamilton logrou unha gran Chelem, líder en todas as voltas desde a pole position, e a volta rápida en carreira, mentres que Rosberg completou o 1-2 para o equipo; terminou 9 carreiras consecutivas de Hamilton sen subir ao podio, e foi o primeiro dobrete de Mercedes-Benz como equipo desde o Gran Premio de Italia de 1955 Mercedes repetiu o resultado no GP de Bahrain, o GP da China e o GP de España, mentres que Rosberg e Hamilton terminaron 1-2, respectivamente, no GP de Mónaco e Gran Premio de Austria. No Gran Premio de Alemaña de 2014, Rosberg converteuse no primeiro piloto alemán que pilotando un vehículo alemán gañou o Gran Premio de Alemaña, desde que o logrou Rudolf Caracciola e Mercedes-Benz no Gran Premio de Alemaña de 1939. No Gran Premio de Rusia o equipo gañou o seu primeiro Campionato de Construtores como equipo. Hamilton gañou a última carreira da tempada, celebrada en Abu Zabi. Terminou a tempada 2014 67 puntos por diante de Rosberg, alzándose co Campionato de Mundo de Pilotos.[21] O equipo terminou a tempada 2014 con 296 puntos de ventaxe sobre o seu rival máis próximo Red Bull Racing na clasificación do Campionato do Mundo de Construtores.
Para a tempada 2015, o equipo conservou tanto a Hamilton como a Rosberg.[22] No Gran Premio de Rusia de 2015 o equipo gañou o seu segundo campionato de construtores como equipo de fábrica, gañou 16 das 19 carreiras do campionato.[23] Lewis Hamilton, tamén renovou o seu título mundial de pilotos no Gran Premio dos Estados Unidos de 2015, rematando 59 puntos por diante de Rosberg. Mercedes continuou o seu dominio neste segundo ano da era V6 turbo, mellorando as súas impresionantes cifras desde 2014 con 18 poles, 16 vitorias e 12 dobretes sobre 19 carreiras.
Na tempada 2016, Mercedes gañou o Campionato de Construtores por terceira tempada consecutiva, gañando 19 das 21 carreiras celebradas,[24] ao tempo que conseguiu 20 poles (a porcentaxe máis alta nunha única tempada de F1 o 95,2%) e 8 dobretes. Rosberg gañou o seu único Campionato de pilotos, terminando 5 puntos por diante de Hamilton, antes de anunciar a súa retirada pouco despois de gañar o título.[25]
O 10 de xaneiro de 2017, Mercedes anunciou que o director executivo Paddy Lowe deixara o equipo e o 16 de xaneiro de 2017, anunciosue que Valtteri Bottas sería o substituto de Rosberg para a tempada 2017 e o piloto británico de GP3 George Russell incorporouse ao equipo júnior.[26]
O 22 de outubro de 2017, Mercedes gañou o Campionato de Construtores por cuarta vez consecutiva.[27] Unha semana despois, Lewis Hamilton converteuse no primeiro piloto británico en gañar catro campionatos mundiais.[28] Mercedes finalizou a tempada 2017 con 12 vitorias de 20 carreiras, 15 poles e 4 dobretes.
Na tempada 2018 o equipo conservou tanto a Hamilton como a Bottas. O equipo acadou o seu quinto título de construtores consecutivo na penúltima carreira da tempada no Brasil tras unha vitoria para Hamilton. Na tempada 2018, Mercedes gañou 11 carreiras (todas para Hamilton) de 21 carreiras, deu 10 voltas rápidas (tres para Hamilton e sete para Bottas), 13 poles (once para Hamilton e dúas para Bottas) e catro dobretes. Isto converteu a Mercedes só no segundo equipo da historia na F1 en lograr a fazaña de gañar 5 títulos de pilotos e construtores seguidos, despois de que Ferrari o fixese entre 2000 e 2004.
Para a tempada 2019, o equipo mantivo de novo tanto a Hamilton como a Bottas. Na carreira de apertura do Gran Premio de Australia de 2019, ambos pilotos toparon a primeira fila con Hamilton logrando a pole position. Bottas superou a Hamilton na saída e logrou a súa primeira vitoria desde o Gran Premio de Abu Zabi de 2017, con Hamilton logrando darlle ao equipo un dobrete despois de defenderse do Red Bull de Max Verstappen. O equipo mantivo un bo rendemento durante a primeira metade da tempada. No parón de verán, Mercedes gañara 10 de 12 carreiras, Hamilton levaba 8 vitorias fronte ás 2 de Bottas, logrando un resultado de dobrete nas 5 primeiras carreiras da tempada.[29][30] O equipo seguiría para conseguir os títulos de pilotos e construtores por sexto ano consecutivo.[31]
O equipo estreou o seu sistema de "Dual-Axis-Steering" durante as probas de pretemporada para a tempada 2020. Isto permítelle ao piloto cambiar a toe das rodas dianteiras empurrando ou tirando do volante. Isto permítelle ao piloto optimizar o coche para un mellor quentamento dos pneumáticos nas rectas con converxencia cero ou un mellor agarre mecánico nas curvas con converxencia positiva. O sistema permitiuse para a tempada de 2020, pero ilegalizouse para o Campionato do Mundo de Fórmula 1 de 2021.[32] O equipo gañou tanto ocampionato de pilotos como o de construtores.[33] Antes da penúltima proba da tempada, o Gran Premio de Sakhir de 2020, Hamilton viuse obrigado a quedarse fóra da carreira tras unha proba de coronavirus positiva, co piloto de Williams e o júnior de Mercedes George Russell substituíno.
Para o campionato de 2021, o equipo mantivo a mesma formación de pilotos por quinta tempada consecutiva. O equipo non logrou gañar o campionato de pilotos por primeira vez na era do turbo-híbrido V6, e Hamilton foi superado polo rival do título Max Verstappen na última volta do Gran Premio de Abu Zabi que remataba a tempada, tras un polémico reinicio do coche de seguridade. Hamilton liderara comodamente a carreira e encamiñábase cara ao seu oitavo título antes dun coche de seguridade tardío. As accións do director de carreira da FIA Michael Masi en torno aos controvertidos procedementos empregados durante o tardío coche de seguridade fixeron que Mercedes presentase a intención de apelar os resultados desa carreira, aínda que isto rtirouse máis tarde.[34] Hamilton terminou segundo no campionato, a oito puntos do campión Verstappen, con Bottas terceiro no campionato na súa última tempada co equipo.[35] O equipo fíxose co título de construtores por oitava tempada consecutiva o que engrandeceu o récord.[36]
Tempada | Chasis | Carreiras | Vitorias | Pole positions | 1–2 finais | Podios | Voltas rápidas | Marxe de vitorias media | Puntos | Porcentaxe de puntos dispoñibles | WDC | WCC |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2014 | Mercedes F1 W05 Hybrid | 19 | 16 | 18 | 11 | 31 | 12 | 23.2 segundos | 701 | 82% | 1º, 2º | 1º |
2015 | Mercedes F1 W06 Hybrid | 19 | 16 | 18 | 12 | 32 | 13 | 19.7 segundos | 703 | 86% | 1º, 2º | 1º |
2016 | Mercedes F1 W07 Hybrid | 21 | 19 | 20 | 8 | 33 | 9 | 14.6 segundos | 765 | 85% | 1º, 2º | 1º |
2017 | Mercedes AMG F1 W08 EQ Power+ | 20 | 12 | 15 | 4 | 26 | 9 | 13.1 segundos | 668 | 78% | 1º, 3º | 1º |
2018 | Mercedes AMG F1 W09 EQ Power+ | 21 | 11 | 13 | 4 | 25 | 10 | 6.8 segundos | 655 | 73% | 1º, 5º | 1º |
2019 | Mercedes AMG F1 W10 EQ Power+ | 21 | 15 | 10 | 9 | 32 | 9 | 11.8 segundos | 739 | 80% | 1º, 2º | 1º |
2020 | Mercedes-AMG F1 W11 EQ Performance | 17 | 13 | 15 | 5 | 25 | 9 | 15.6 segundos | 573 | 77% | 1º, 2º | 1º |
2021 | Mercedes-AMG F1 W12 E Performance | 22 | 9 | 9 | 0 | 28 | 10 | 19.5 segundos | 613.5 | 64% | 2º, 3º | 1º |
Loita co efecto chan (2022-2023)
editarO piloto júnior de Mercedes, George Russell substituíu a Bottas para acompañar a Hamilton no campionato mundial de 2022.[37] En 2022 houbo cambios importantes nas regras, que reintroduceron o efecto chan.[38] Mercedes revelou un deseño radical co que se denominaba 'zero-pods'.[39] O deseño radical non deu dividendos e o equipo loitou por comprender e desbloquear todo o potencial.[40] Ademais, o coche sufriu fortes cabeceos,[41] o cabeceo reduciuse significativamente e "resolveuse" antes do Gran Premio do Canadá.[42] A pesar dos seus problemas de rendemento, a fiabilidade de Mercedes foi "incrible",[43] é dicir, as súas únicas tres retiradas da tempada ocorreron no Gran Premio do Reino Unido, onde Russell estivo involucrado nun accidente con Guanyu Zhou e Pierre Gasly, o Gran Premio de Bélxica, onde Hamilton estivo implicado nun accidente con Fernando Alonso, e o Gran Premio de Abu Dhabi, onde Hamilton sufriu un fallo mecánico, pero quedou clasificado 18º.[44] O equipo apareceu regularmente no podio. No Gran Premio de Francia, Hamilton terminou segundo mentres Russell terminou terceiro,[45] marcando o primeiro dobre podio do equipo da tempada.[46] Russell logrou a súa primeira pole position, e a primeira de Mercedes na tempada, no Gran Premio de Hungría.[47][48] Russell logrou a súa primeira vitoria na Fórmula Un, e a de Mercedes a tempada, xunto con Hamilton que quedou segundo, no Gran Premio de São Paulo.[49]
Despois de seguir loitando co seu deseño radical "cero-pods" na tempada 2023, Mercedes optou por substituír o director técnico Mike Elliott por James Allison, con Elliott converténdose en director técnico. Este cambio produciuse o 21 de abril de 2023.
Provedor de motores
editar- Artigos principais: Ilmor e Mercedes AMG High Performance Powertrains.
Mercedes-Benz volveu á Fórmula 1 como provedor de motores en 1994 en colaboración con Ilmor, unha empresa británica independente de enxeñería automovilística de alto rendemento co seu centro de fabricación con sede en Brixworth, Northamptonshire. Despois da adquisición por Mercedes, a compañía chámase agora Mercedes AMG High Performance Powertrains. Forneceu a Sauber durante unha tempada, despois cambiou a McLaren en 1995 para unha asociación de 20 anos de grande éxito.[50] En 2009, Mercedes tamén se converteu en provedor de Brawn GP (máis tarde adquirido para converterse no equipo da fábrica de Mercedes-Benz) e Force India, máis tarde coñecido como Racing Point e, finalmente, Aston Martin. En 2014 engadiuse un cuarto equipo ao programa de subministración, Williams. A asociación de 20 anos con McLaren rematou antes da tempada 2015, antes de retomarse en 2021.[50] Mercedes proporcionou motores ao Lotus F1 Team durante unha tempada en 2015 e Manor durante unha tempada en 2016.
Para a tempada 2023, Mercedes proporcionou motores a Aston Martin, McLaren e Williams, ademais do seu propio equipo.
Patrocinio
editarEn decembro de 2009, o equipo sufriu un revés temperán, cando se descubriu que un acordo de patrocinio previsto de 80 millóns de libras que fora asinado por Brawn con Henkel en xullo era nulo.[51] Henkel asegura que non tiña coñecemento da oferta e non ten interese na Fórmula Un, o trato fíxose presuntamente por un ex empregado de Henkel con papelería da empresa roubada aos fins de defraudar á compañía. O 22 de decembro, Henkel anunciou que a disputa co equipo fora resolta cun acordo mutuo e que a acción legal non levaríase a cabo, aínda que o equipo traballará co Ministerio alemán para aclarar o asunto.[52]
O 21 de decembro, o equipo confirmou que a petroleira de Malaisia Petronas unirase ao equipo como patrocinador principal.[53] Desde 2010, o equipo compite baixo o título completo de Mercedes GP Petronas Formula One Team.[54] Segundo algúns informes,[55] o acordo está valorado en 30 millóns de euros cada ano. Combinado cos 50 millóns de euros recibidos polo equipo por gañar o campionato de 2009 como Brawn GP, e os ingresos de televisión, Mercedes ten un orzamento de máis de 80 millóns de euros sen ter que dedicar nada dos orzamentos propios.
O 25 de xaneiro de 2010, déronse a coñecer publicamente as cores do equipo no museo de Mercedes en Stuttgart,[56] Coa presenza de Schumacher e Rosberg.[57] Os coches de carreiras conservan as cores tradicionais en prata de Mercedes e conservan o patrocinador de Brawn GP MIGfx. En 2013, o equipo asinou un contrato de varios anos coa compañía de móbiles BlackBerry que terminou logo da tempada 2015. O equipo tamén tivo outros socios importantes tales como UBS, Puma, Swissquote (ata 2014), Epson & Hugo Boss desde 2015, e Wihuri que se uniu a Mercedes xunto con Bottas en 2017. Antes do Gran Premio de Bahrain de 2017, Mercedes engadiu a empresa de software Tibco como un dos seus socios. En 2018, Tommy Hilfiger substituíu a Hugo Boss como provedor de roupa do equipo e Hamilton converteuse nun embaixador da marca da compañía e participando na promoción #WhatsYourDrive. Para 2019, o equipo firmou un acordo global con CrowdStrike e Marriott Bonvoy.[58] Para o Campionato do Mundo de Fórmula 1 de 2020, o equipo deu a benvida a dous novos patrocinadores Ineos e AMD.[59][60] En 2021, o equipo asinou un acordo de patrocinio con TeamViewer, unha empresa de tecnoloxía alemá, que se converteu no primeiro socio dos equipos Mercedes F1 e FE. O equipo Mercedes F1 tamén se asociou anteriormente con FTX, unha empresa de intercambio de criptomonedas con sede en Bahamas.[61] Mercedes suspendeu o seu acordo de patrocinio con FTX e eliminou os logotipos de FTX dos seus coches antes do Gran Premio de São Paulo de 2022 debido ás dificultades financeiras de FTX, a firma de criptomonedas solicito a bancarrota pouco despois, polo que finalizou formalmente o acordo de patrocinio.[62]
Resultados nas carreiras
editar- Artigo principal: Resultados de Mercedes-Benz.
- Porcentaxe de vitorias no Campionato de Construtores: 57´1% 8/14 (2010–2023)
- Porcentaxe de vitorias no campionato de pilotos: 56´30% 9/16 (1954–2023)
- Porcentaxe de gañadores: 42´7%
(Negra indican campionatos gañados.)
Ano | Nome | Coche | Motor | Pneu. | Nº | Piloto | Puntos | Pos. | ||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1954 | Daimler-Benz AG | W196 | M196 2.5 L8 | C | Non[63] | Juan Manuel Fangio Hans Herrmann Karl Kling Hermann Lang |
Non[64] | |||||||||||||||||||||
1955 | Daimler-Benz AG | W196 | M196 2.5 L8 | C | Non[63] | Juan Manuel Fangio Hans Herrmann Karl Kling Stirling Moss André Simon Piero Taruffi |
Non[64] | |||||||||||||||||||||
1956 – 2009: Mercedes-Benz non competiu. | ||||||||||||||||||||||||||||
2010 | Mercedes GP Petronas F1 Team | MGP W01 | FO 108X 2.4 V8 | B | 3. 4. |
Michael Schumacher Nico Rosberg |
214 | 4º | ||||||||||||||||||||
2011 | Mercedes GP Petronas F1 Team | MGP W02 | FO 108Y 2.4 V8 | P | 7. 8. |
Michael Schumacher Nico Rosberg |
165 | 4º | ||||||||||||||||||||
2012 | Mercedes AMG Petronas F1 Team | F1 W03 | FO 108Z 2.4 V8 | P | 7. 8. |
Michael Schumacher Nico Rosberg |
142 | 5º | ||||||||||||||||||||
2013 | Mercedes AMG Petronas F1 Team | F1 W04 | FO 108F 2.4 V8 | P | 9. 10. |
Nico Rosberg Lewis Hamilton |
360 | 2º | ||||||||||||||||||||
2014 | Mercedes AMG Petronas F1 Team | F1 W05 Hybrid | PU106A Hybrid 1.6 V6 t | P | 6. 44. |
Nico Rosberg Lewis Hamilton |
701 | 1º | ||||||||||||||||||||
2015 | Mercedes AMG Petronas F1 Team | F1 W06 Hybrid | PU106B Hybrid 1.6 V6 t | P | 6. 44. |
Nico Rosberg Lewis Hamilton |
703 | 1º | ||||||||||||||||||||
2016 | Mercedes AMG Petronas F1 Team | F1 W07 Hybrid | PU106C Hybrid 1.6 V6 t | P | 6. 44. |
Nico Rosberg Lewis Hamilton |
735 | 1º | ||||||||||||||||||||
2017 | Mercedes AMG Petronas F1 Team | F1 W08 EQ Power+ | M08 EQ Power+ 1.6 V6 t | P | 44. 77. |
Lewis Hamilton Valtteri Bottas |
668 | 1º | ||||||||||||||||||||
2018 | Mercedes AMG Petronas F1 Team | F1 W09 EQ Power+ | M09 EQ Power+ 1.6 V6 t | P | 44. 77. |
Lewis Hamilton Valtteri Bottas |
655 | 1º | ||||||||||||||||||||
2019 | Mercedes AMG Petronas F1 Team | F1 W10 EQ Power+ | M10 EQ Power+ 1.6 V6 t | P | 44. 77. |
Lewis Hamilton Valtteri Bottas |
739 | 1º | ||||||||||||||||||||
2020 | Mercedes AMG Petronas F1 Team | F1 W11 EQ Performance | M11 EQ Performance 1.6 V6 t | P | 44. 77. |
Lewis Hamilton Valtteri Bottas |
571 | 1º | ||||||||||||||||||||
2021 | Mercedes AMG Petronas F1 Team | F1 W12 E Performance | M12 E Performance 1.6 V6 t | P | 44. 77. |
Lewis Hamilton Valtteri Bottas |
613´5 | 1º | ||||||||||||||||||||
2022 | Mercedes AMG Petronas F1 Team | F1 W13 E Performance | M13 E Performance 1.6 V6 t | P | 44. 63. |
Lewis Hamilton George Russell |
515* | 3º | ||||||||||||||||||||
2023 | Mercedes AMG Petronas F1 Team | F1 W14 E Performance | M14 E Performance 1.6 V6 t | P | 44. 63. |
Lewis Hamilton George Russell |
409 | 2º | ||||||||||||||||||||
2024 | Mercedes AMG Petronas F1 Team | F1 W15 E Performance | M14 E Performance 1.6 V6 t | P | 44. 63. |
Lewis Hamilton George Russell |
329 * | 4º * | ||||||||||||||||||||
Fonte:[65] |
* — Tempada en progreso.
Monoprazas
editarA seguinte galería mostra os diferentes modelos que usou Mercedes na Fórmula 1.
- 1954-1955
- 2010-2014
- 2015-2019
- 2020 - 2023
Notas
editar- ↑ "Brackley". Mercedes-AMG Petronas Motorsport. Arquivado dende o orixinal o 7 de xaneiro de 2017. Consultado o 6 de xaneiro de 2017.
- ↑ Noble, Jonathan (2023-08-11). "Mercedes F1 car "annoyingly dead" in the middle of corners". Motorsport.com Australia (en inglés). Motorsport Network. Consultado o 2023-09-30.
- ↑ "INEOS becomes equal Mercedes owner, Wolff signs new deal". The Race (en inglés). 18 de decembro de 2020. Consultado o 15 de febreiro de 2021.
- ↑ "2010 Formula One World Championship Entry list". fia.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 3 de marzo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 2 de marzo de 2012. Consultado o 31 de xaneiro de 2014.
- ↑ "The Team Welcomes INEOS as a One Third Equal Shareholder Alongside Daimler and Toto Wolff". Mercedes-AMG Petronas Formula One Team. 18 de decembro de 2020. Consultado o 13 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Mercedes-Benz Grand Prix LTD". Companies House. Consultado o 13 de xaneiro de 2022.
- ↑ "De geschiedenis van Mercedes-Benz in de Grand Prix-racerij". MotorRacingBlog.nl. 2009-11-20. Consultado o 2009-11-30.
- ↑ "Mercedes-Benz profile". Grandprix.com. Inside F1. Consultado o 20 de febreiro de 2012.
- ↑ Lang, Mike (1981). Grand Prix! Vol 1. Haynes Publishing Group. p. 82. ISBN 0-85429-276-4.
- ↑ Straw, Edd (2009-11-16). "Mercedes takes over Brawn". Autosport.com (Haymarket Media). Consultado o 2009-11-16.
- ↑ 11,0 11,1 "Mercedes-Benz to take over Brawn GP". The Guardian. Guardian News and Media. 16 November 2009. Consultado o 20 de febreiro de 2012.
- ↑ "February debut, Petronas backing for Mercedes". Formula1.com (Formula One Administration). 21 de decembro de 2009. Consultado o 22 de febreiro de 2012.
- ↑ "Mercedes takes over Brawn F1 team". BBC News. 16 de novembro de 2009. Consultado o 16 de novembro de 2009.
- ↑ "F1 Teams: Brawn GP". F1 Fanatic.co.uk. Consultado o 20 de febreiro de 2012.
- ↑ "Michael Schumacher signs up for F1 return with Mercedes". BBC Sport (BBC). 23 de decembro de 2009. Consultado o 1 de outubro de 2010.
- ↑ Benson, Andrew (16 de novembro de 2009). "Mercedes takes over Brawn F1 team". BBC News. Consultado o 15 de decembro de 2009.
- ↑ Noble, Jonathan (28 de febreiro de 2011). "Daimler completes team takeover". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 28 de febreiro de 2011.
- ↑ Noble, Jonathan (15 de marzo de 2012). "Mercedes F1 team's rear wing concept deemed legal by FIA". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 15 de marzo de 2012.
- ↑ Elizalde, Pablo (12 de abril de 2012). "Lotus protest against Mercedes wing rejected by FIA". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 12 de abril de 2012.
- ↑ Benson, Andrew (28 de setembro de 2012). "Lewis Hamilton to leave McLaren after signing Mercedes contract". BBC Sport (BBC). Consultado o 28 de setembro de 2012.
- ↑ "Formula 1 2014 Results". BBC Sport (BBC). 23 de novembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2014. Consultado o 20 de decembro de 2014.
- ↑ "How the 2015 grid is shaping up". ESPN (ESPN). 20 de decembro de 2014. Consultado o 20 de decembro de 2014.
- ↑ "2015 Constructor Standings". Formula 1® - The Official F1® Website. Consultado o 2015-10-11.
- ↑ "2016 Constructors Standings". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. Consultado o 2 de decembro de 2016.
- ↑ Benson, Andrew (2 de dedecmbro de 2016). BBC Sport, ed. "Nico Rosberg retires: World champion quits Formula 1 five days after title win". Consultado o 2 de decembro de 2016.
- ↑ "George Russell: World champions Mercedes sign teenager from King's Lynn". BBC Sport. 19 January 2017. Consultado o 22 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Mercedes celebrates fourth consecutive constructors title". F1i.com (en inglés). 2017-10-22. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2017. Consultado o 2017-10-24.
- ↑ "Hamilton champion, Verstappen wins race". GPUpdate.net (en inglés). Consultado o 2017-10-30.
- ↑ "2019 Race Results". Formula 1. Consultado o 19 de agosto de 2019.
- ↑ "2019 Formula 1 Results". BBC Sport. BBC. Consultado o 19 de agosto de 2019.
- ↑ "Mercedes". www.statsf1.com. Consultado o 4 de novembro de 2019.
- ↑ "Mercedes steering remains banned for 2021". BBC Sport (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2020.
- ↑ "Facts & Stats: Hamilton ties another Schumacher record while Mercedes re-write record books once more". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 1 de novembro de 2020.
- ↑ Benson, Andrew (12 de decembro de 2021). "Max Verstappen wins title after last-lap overtake of Lewis Hamilton, Mercedes protests rejected". BBC Sport. Consultado o 26 de decembro de 2021.
- ↑ "2021 Driver Standings". Formula 1. Consultado o 26 de decembro de 2021.
- ↑ "Mercedes-AMG Petronas F1 Team capture record-extending eighth straight Constructors' title". Axalta Racing (en inglés). 12 de decembro de 2021. Consultado o 30 de xullo de 2022.
- ↑ Benson, Andrew (7 de setembro de 2021). "George Russell: Mercedes sign British F1 driver to partner Lewis Hamilton from 2022". BBC Sport. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2021. Consultado o 26 de decembro de 2021.
- ↑ Kapoor, Rahul (16 de xullo de 2021). "Next-Gen Formula 1 2022 car officially revealed: New Ground Effect era begins". Financial Express (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2022. Consultado o 30 de xullo de 2022.
- ↑ Foster, Michelle (17 de marzo de 2022). "Damon Hill: Mercedes' zero-pods could be behind their floor 'trouble'". PlanetF1 (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2022. Consultado o 30 de xullo de 2022.
- ↑ "Mercedes must unleash full potential of their 'excellent' car". BOL News (en inglés). 15 de xuño de 2022. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2022. Consultado o 25 de xuño de 2022.
- ↑ Slater, Luke (26 de abril de 2022). "Mercedes' 'unsustainable' and 'extreme' porpoising is no longer just a performance issue". The Telegraph (en inglés). ISSN 0307-1235. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2022. Consultado o 27 de abril de 2022. Parámetro descoñecido
|url-access=
ignorado (Axuda) - ↑ Noble, Jonathon (20 de xuño de 2022). "Mercedes claims its F1 car porpoising issue is now "solved"". Autosport (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2022. Consultado o 30 de xullo de 2022.
- ↑ Gretton, Matt (24 de xullo de 2022). "Hamilton: "Reliability is one thing my team have been amazing at"". GP Blog (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2022. Consultado o 30 de xullo de 2022.
- ↑ Smith, John (3 de xullo de 2022). "Guanyu Zhou and George Russell involved in huge crash at British GP". Total Motorsport (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2022. Consultado o 30 de xullo de 2022.
- ↑ Bradley, Charles (24 de xullo de 2022). "F1 Grand Prix race results: Verstappen wins French GP". Motorsport (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2022. Consultado o 30 de xullo de 2022.
- ↑ Cooper, Sam (24 de xullo de 2022). "Toto Wolff's gloomy outlook despite Mercedes double podium". PlanetF1 (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2022. Consultado o 30 de xullo de 2022.
- ↑ Larkham, Lewis (30 de xullo de 2022). "Russell claims first F1 pole in Hungary, Verstappen only 10th". Crash (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2022. Consultado o 30 de xullo de 2022.
- ↑ "Formula 1 Aramco Magyar Nagydíj 2022 - Qualifying". Formula 1 (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2015. Consultado o 30 de xullo de 2022.
- ↑ "2022 Sao Paulo Grand Prix: Russell crosses the line to seal maiden F1 win – and Mercedes' first victory of the year". formula1.com. 13 de novembro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2022. Consultado o 14 de novembro de 2022.
- ↑ 50,0 50,1 "The best engine partnerships in F1 history". Formula1.com. 25 de xaneiro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2019. Consultado o 18 de abril de 2019.
- ↑ "Henkel says Mercedes deal is invalid". Autosport.com. 2009-12-14. Consultado o 2009-12-15.
- ↑ Elizalde, Pablo (2009-12-22). "Henkel settles dispute with Brawn GP". Autosport.com. Consultado o 2009-12-22.
- ↑ "Mercedes GP signs long-term agreement with PETRONAS". Brawn GP. 2009-12-21. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2015. Consultado o 21 de xuño de 2014.
- ↑ "Mercedes GP picks up Petronas". AUSmotive.com. 2009-12-21.
- ↑ Allen, James (2009-12-21). "Mercedes lands €30 million Petronas sponsorship". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2009. Consultado o 2009-12-22.
- ↑ "Mercedes GP launches new era for Silver Arrows". AUSmotive.com. 2010-01-25.
- ↑ Elizalde, Pablo (2010-01-25). "Mercedes GP unveils car colours". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 2010-01-25.
- ↑ "Mercedes announces global partnership with Crowdstrike". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2019.
- ↑ Haupt, Andreas (18 de decembro de 2020). "Ineos steigt bei Mercedes ein. Daimler vergoldet Teil seiner F1-Anteile.". Auto, Motor und Sport (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 5 de novembro de 2021. Consultado o 5 de novembro de 2021.
- ↑ Rißka, Volker (2 de febreiro de 2020). "Sponsoring: AMD setzt zukünftig auf Mercedes in der Formel 1". ComputerBase (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 5 de novembro de 2021. Consultado o 5 de novembro de 2021.
- ↑ "TeamViewer in Five-Year Sponsorship Deal With Mercedes F1 and FE Teams". Reuters. 30 de marzo de 2021. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2022. Consultado o 12 de maio de 2021.
- ↑ "Mercedes suspends partnership with FTX". ESPN.com (en inglés). 11 de novembro de 2022. Consultado o 12 de novembro de 2022.
- ↑ 63,0 63,1 O número de dos pilotos non eran asignados para toda a tempada, o número variaba en cada carreira
- ↑ 64,0 64,1 O Campionato Mundial de Construtores non se disputo de 1950 a 1957
- ↑ "Mercedes-AMG Petronas Esports Team archive". Mercedes-AMG F1. Consultado o 1 de xaneiro de 2023.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mercedes-Benz na Fórmula 1 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Outros artigos
editar- Mercedes AMG High Performance Powertrains, manufacturer of Mercedes-Benz's Formula One engines.
- Mercedes GP