Ana Romaní
Ana Romaní Blanco, nada en Noia o 5 de agosto de 1962, é unha poeta e xornalista cultural galega, académica numeraria da Real Academia Galega.
(2024) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de agosto de 1962 (62 anos) Noia, España |
Actividade | |
Ocupación | escritora, xornalista, poetisa |
Membro de | |
Premios | |
Traxectoria
editarParticipou na creación da Asociación Cultural Catavento de Noia (1983) e da revista artesanal Carabela de Xiada (Noia, 1983). Entre 1985 e 1989 foi actriz de dobraxe. En 1988 realiza con Chema Gagino o programa de humor A Viborona en RNE-Radio Catro. En 1989 incorpórase á Radio Galega. Desde 1990 ata xullo de 2018 dirixe nesta emisora o programa Diario Cultural, de emisión diaria. Desde este programa promoveuse o libro-CD Narradio. 56 historias no ar, e desde o ano 2007 o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, entre outras iniciativas de fomento da experimentación de formatos na radio pública. Romaní mostrouse sempre clara defensora dun modelo de radio pública e galega.
Creo que os medios públicos de Galicia teñen pendente esa función de crear modelos propios de comunicación e información para un país, ir mais aló de ser medios de comunicación en galego, e crear modelos e paradigmas propios. Por outra banda, na base das miñas preocupacións profesionais está a visibilización da cultura en toda a súa amplitude, porque a cultura non é unha axenda de lecer nin un relato acelerado dunha sucesión de espectáculos sometido aos intereses do mercado ou doutra índole, que os hai.[1]
Deberían ser os medios galegos, modelos de información dun país, polo tanto deseños propios de parámetros informativos, de liñas de programación, de estruturas organizativas que garantan a súa independencia, desde un profundo coñecemento e análise da historia e o presente dun país, dunha cultura, do idioma no que é. Como todas e todos vostedes saben, pensar en galego vai moito máis alá da lingua de uso, supón unha perspectiva, unha posición, unha realidade. Somos idioma, non a súa tradución. [Do discurso de ingreso na Academia Galega].[2]
Canda a Antón Lopo fundou o Laboratorio de Indagacións Poéticas, no que crearon os espectáculos Ó outro extremo do paraíso (1997) e Lob*s (1999), e coordinaron A Boca Aberta. 1ª madrugada galega de espectáculos poeticos (2001). En 2002 realizou o recital Catro poetas suicidas. Intervención poética contra a levidade e A voz e o poema. Os periplos de Avilés de Taramancos, con Anxo Quintela.
Participou na creación da revista Festa da Palabra Silenciada e da asociación Mulleres Galegas na Comunicación (MUGACOM), constituída o 8 de marzo de 1997. Elabora con outras autoras o estudo Muller e Medios de Comunicación. Imaxe e Protagonismo. Forma parte da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega. Escribiu as biografías de María Mariño, Belén Feliú e Xela Arias para o "Álbum de Mulleres".
En decembro de 2017 foi proposta, como candidata única, para ser elixida membro da Real Academia Galega[3], e foi elixida académica de número no pleno do 17 de marzo de 2018, para a cadeira que ocupou Xohana Torres[4]. O 6 de abril de 2019 formalizou o seu ingreso en Noia cun discurso sobre os seus referentes poéticos e os medios de comunicación, ao que respondeu a académica Margarita Ledo Andión.
En 2018, o mesmo ano no que se produce a polémica pola supresión do formato do Diario Cultural e a súa reconversión en cápsulas informativas, Ana Romaní ve recoñecido o seu longo labor co Premio Nacional de Xornalismo Cultural do Goberno de España.[5] Na acta o xurado motivou así a concesión do galardón:
pola súa longa traxectoria no xornalismo, o seu labor arreo na promoción da cultura e da radio con formatos propios, (...) pola súa visión do feminismo crítico e compromiso social.[6]
Obra
editarPoesía
editar- Palabra de mar, 1987, edición da autora, Santiago.
- Das últimas mareas, 1994, Espiral Maior.
- Arden, 1998, Espiral Maior.[7]
- Love me tender. 24 pezas mínimas para unha caixa de música. Concello de Santiago, 2005. Edición bilingüe galego-catalán de Maria Antònia Massanet, na revista Lectora, 2011 [1]
- Estremas, 2010, Galaxia.
- A desvértebra (2020). Chan da Pólvora, 14. ISBN 9788494993114.[8][9]
Literatura infanto-xuvenil
editar- Marmelada de amoras (1997). Ed. Xunta de Galicia-RENFE-Caixa Galicia. Colección Nova 33, nº 18. Pontevedra. Ilustrador: Sergio Casas. 45 p. Rústica ilustrada. (con Xabier P. Docampo: O habanero)
Ensaio
editar- "¿Autopoética?", Boletín Galego de Literatura, 15/16, 1996, p. 267-269.
- "Mulleres do mar, o traballo nos marxes", Tempos novos, 4, 1997, p. 30-37. Con Begoña Caamaño.
- "Entrevista con José Ángel Valente", Grial, 151, 2001, p. 421-427.
- "Entrevista a Chus Pato: m-Talá, adeus á lírica", Dorna, 27, 2001, p. 11-114.
- "As sólidas arquitecturas de Avilés de Taramancos", Alameda (Sociedade Liceo de Noia), 7, 2002, p. 36-37.
- "A vella peneira a noite, de Xabier Cordal", Festa da palabra silenciada, 17, 2002, p. 87.
- "As papoulas, o xardín e outros rubores ou sobre o anxo da casa e as literaturas : apuntamentos e outras retóricas sobre as mulleres e as literaturas", Escrita e mulleres : doce ensaios arredor de Virginia Woolf. Coord. Belén Fortes. Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 2003, p. 145-149.
- "Antón Avilés de Taramancos, as horas luminosas", Avilés de Taramancos, homenaxe. Ed. Tucho Calvo. A Coruña, La Voz de Galicia, 2003, p. 19-25.
- "Belén Feliú". Álbum de Mulleres, Consello da Cultura Galega, [2005].[2]
- "María Mariño". Álbum de Mulleres, Consello da Cultura Galega, 2006.[3]
- "María Mariño, terra de sin pisadas", Festa da palabra silenciada, 21, 2006, p. 29-31.
- "Xela Arias". Álbum de Mulleres, Consello da Cultura Galega, 2006.[4]
- "Prólogo", Caderno da Revolución Cultural, de Xavier Queipo, Bertamiráns, Laiovento, 2007.
- "Lingua e cultura na radio : a experiencia do Diario cultural", Lingua e comunicación. IV Xornadas sobre lingua e usos. Ed. Xosé Ramón Freixeiro et al., Universidade da Coruña, 2008, p. 95-101.
- "Cartografía Xohana Torres". Con Helena González Fernández e Mariám Mariño. Álbum de Mulleres, Consello da Cultura Galega, 2010.[5]
- Táctil resonancia. Da derrota dun esplendoroso veleiro, as voces flotantes e os cantos das baleas. A Coruña: Real Academia Galega, 2019.[6] Arquivado 18 de abril de 2019 en Wayback Machine.
Edicións
editar- Antoloxía, de Antón Avilés de Taramancos, 2003.
- Coordinou o volume de relatos Narradio. 56 historias no ar, promovido polo Diario Cultural. Vigo: Xerais, 2003.
- Avilés de Taramancos: fotobiografía sonora, Lugo, Ouvirmos, 2009. Con Martín Veiga e Rodrigo Romaní.
Obras colectivas
editar- VII Festival da Poesia no Condado, 1987, S. C. D. Condado.
- Festa da Palabra. An Anthology of Contemporany Galician Women Poets, 1988, American University Studies. A cargo de Kathleen N. March.
- Queimar as meigas (Galicia: 50 años de poesía de mujer), 1988, Editorial Torremozas, Madrid.
- Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), 1990, Ediciós do Castro.
- XIII Festival da Poesia no Condado, 1993, S. C. D. Condado.
- Oito e médio, 1993, Edicións do Dragón.
- XIV Festival da Poesia no Condado, 1994, S. C. D. Condado.
- Chineses, 1996, O Correo Galego.
- Construír a paz, 1996, Xerais.
- Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas, 1997, Fundación Rosalía de Castro.
- Para saír do século: nova proposta poética, 1997, Xerais. Edición de Teresa Seara e Luciano Rodríguez.
- Alguén agarda que volva alí, 1998.
- Mulher a fazer vento, 1998, Edições Tema.
- Novas voces da poesía galega: recital, 2000, Consello da Cultura Galega.
- A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, 2003, Tris Tram. Por Arturo Casas.
- The EmLit Project. European Minority Literatures in Translation, 2003, Brunel University Press, Londres.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
- Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais.
- Son de poesia, 2005, Edições Fluviais, Lisboa. Editado por Xoán Carlos Domínguez Alberte.
- X. Espazo para un signo, 2005, Xerais.
- Amor en feminino: antoloxía das poetas galegas de Rosalía á Xeración dos 80, 2006, Baía Edicións. Edición de Maximino Cacheiro Varela.
- Cartafol poético para Alexandre Bóveda, 2006, Espiral Maior.
- Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero, 2006, Espiral Maior/Xunta de Galicia.
- 20 Gedichte aus Galicien, 2007, Espiral Maior-Xunta de Galicia.
- Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000, 2008, Universidade da Coruña.
- Poetes gallecs d´avui (antologia), 2008, Llibres del segle.
- Poetas con Rosalía. V, 2010, Fundación Rosalía de Castro.
- To The Winds Our Sails, 2010, Salmon Poetry. Tradución do galego ao inglés.
- XXV Festival da Poesia no Condado. Sem as mulheres nom há revoluçom, 2011, S. C. D. Condado.
- Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
Premios
editar- Premio Xerais á cooperación no labor cultural no 1999.
- Premio San Martiño á Normalización Lingüística e Cultural no 2000.
- Premio da AELG no 2007, ao Diario Cultural.
- Premio ao Fomento da Lectura na modalidade de radio da Federación de Gremios de Editores de España no 2007, ao Diario Cultural.
- Premio Atlántida á xornalista radiofónica do Gremi de Editors de Catalunya no 2008.
- Premio de honra Marisa Soto da Asociación de Actores e Actrices de Galicia no 2009.
- Premio á Traxectoria Xornalistica da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2009.
- Premio Ánxel Casal ao libro de poesía, dos premios da Edición da Asociación Galega de Editores, no 2010, por Estremas.
- Premio da AELG de poesía no 2011, por Estremas.
- Premio da Crítica Galicia de Creación literaria no 2011, por Estremas.
- Premio Xiria da Mostra de Teatro Cómico Festivo de Cangas no 2011.
- Premio da AELG á mellor xornalista cultural de 2012
- Premio III Gala do Libro Galego á traxectoria no xornalismo cultural no 2018.
- Premio da Crítica Galicia 2018.
- Premio Nacional de Xornalismo Cultural no 2018.[10]
- Premio da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense en 2019.[11]
- Premio da Crítica de poesía galega 2021 por A desvértebra.[12]
- Premio Follas Novas do Libro Galego 2021.[13] por A desvértebra.
Proxectos artísticos
editar- O Son da Pedra de Milladoiro.
- Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once poetas galegas da Fundación Rosalía de Castro.
- Son delas, coordinado por Uxía Senlle.
- Ó outro extremo do paraíso, 1997, con Antón Lopo.
- Lob*s, 1999, con Antón Lopo.
- Arden e Lisboa, 2000, con Rodrigo Romaní.
- Estalactitas (2002) con Anxos Romero e Lupe Gómez.
- Catro poetas suicidas. Intervención poética contra a levidade (2002), en solitario.
- A voz e o poema. Os periplos de Avilés de Taramancos con Anxo Quintela.
Vida persoal
editarÉ irmá do músico Rodrigo Romaní e filla de Ana Blanco Gómez, vinculada á directiva da Fundación Rosalía de Castro.
Notas
editar- ↑ "Ana Romaní: «A cultura non é unha axenda de lecer»". La Voz de Galicia. 2018-09-27. Consultado o 2019-04-18.
- ↑ "Ana Romaní ingresa na Real Academia Galega reivindicando a escoita na creación poética e no xornalismo". Academia Galega. Consultado o 2019-04-18.
- ↑ "Ana Romaní ocupará a cadeira de Xohana Torres na Real Academia Galega", artigo en Praza Pública, 16 de decembro de 2017.
- ↑ "Ana Romaní ocupará la vacante de la poeta Xohana Torres como académica". elidealgallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2018. Consultado o 22 de maio de 2018.
- ↑ Vizoso, Sonia (2018-10-11). "Premio a una periodista silenciada". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-04-18.
- ↑ "Ana Romaní, 'Premio Nacional' de xornalismo cultural". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2018. Consultado o 2018-09-26.
- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.
- ↑ "A desvértebra [Ana Romaní]". A poesía necesaria. Consultado o 2021-01-15.
- ↑ Nicolás, Ramón (2021-01-15). "Renovación radical". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-01-15.
- ↑ "Ana Romaní é galardoada co Premio Nacional de Xornalismo Cultural". Cultura Galega. 25 de setembro de 2018. Consultado o 25 de setembro de 2018.
- ↑ "Ana Romaní, Premio da MITEU de Ourense". Erregueté. 30 de abril de 2019. Consultado o 30 de abril de 2019.
- ↑ "Inma López Silva e Ana Romaní, gañadoras dos Premios da Crítica 2020 en narrativa e poesía en lingua galega". www.europapress.es. 2021-06-05. Consultado o 2021-06-07.
- ↑ "Gañadoras da sexta edición dos premios Follas Novas do Libro Galego 2021". Asociación Galega de EDITORAS. 2021-05-15. Consultado o 2021-05-16.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ana Romaní |
Bibliografía
editar- "Romaní Blanco, Ana". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 204.
- "Romaní Blanco, Ana". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 714. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 537. ISBN 84-8288-019-5.