Arturo Casas
Arturo Casas Vales, nado na Coruña o 21 de febreiro de 1958, é un teórico da literatura licenciado en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa, ademais de doutor en Filoloxía Hispánica, poeta, tradutor e ensaísta galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de febreiro de 1958 (66 anos) A Coruña, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela - Doutor en filosofía (1989–) |
Actividade | |
Ocupación | profesor universitario, crítico literario |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela (1998–) |
Obra | |
Doutorando | Isaac Lourido e Pablo Pesado Rodríguez |
Traxectoria
editarComo investigador atendeu varios campos, entre os cales se atopan a obra de Rafael Dieste e os seus núcleos de acción cultural e política, o pensamento estético-literario contemporáneo, a teoría do poema, a intervención e o acto críticos, os estudos sistémicos, a metodoloxía da historia literaria e a poesía do século XX, con especial atención á galega nos períodos 1916-1936 e 1976 en adiante. Imparte clases de teoría da literatura e literatura comparada na USC.
Foi membro fundador e primeiro director do Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes, (CIPPCE), constituído por oito grupos de investigación da USC. É membro do Comité de Coordinación da rede internacional "Poetics of Resistance". Co Grupo Alea de Análise Poética (GAAP) e o Consello da Cultura Galega activou a base de datos e repositorio dixital poesiagalega.org,[1] centrado no estudo da poesía galega dos séculos XIX, XX e XXI. Coordina grupos de traballo sobre poesía non lírica en perspectiva teórico-comparada e sobre a innovación da Historia literaria galega. É membro da Sección de Crítica literaria da AELG.
Entre setembro de 2008 e setembro de 2009 mantivo aberto o blog Lándoas.[2] É un dos autores da base de datos do dicionario de termos literarios do Equipo Glifo.[3]
Obras en galego
editarPoesía
editar- Sombra de unidade (1990). Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
- Díptico de Peniel (1991). Imbornália Editores.
- Pedra de Nadir (1995). Espiral Maior.
- Momentum (1997). Sotelo Blanco.
- Atrás, pasaxe (2011). Amastra-N-Gallar.
Ensaio, investigación e crítica literaria
editar- Rafael Dieste, Encontros e vieiros. Once charlas sobre plástica, teatro e literatura, (1990). Ediciós do Castro. Edición e introdución.
- Rafael Dieste, Fragua íntima. Aforismos (1926-1975), (1991), Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Edición, introdución e notas.
- Rafael Dieste e a súa obra literaria en galego, (1994). Galaxia.
- Bibliografía sistemática de teoría literaria, (2002). Universidade de Santiago de Compostela.
- Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, (2003). Tris Tram. Editor.
- Antoloxía poética de Uxío Novoneyra, (2010). Galaxia.
- Alusión, 2011, Galaxia.
- Procesos da historiografía literaria galega. Para un debate crítico (2021)
Aforismos
editar- Futurario 2011 (Aforismos neopoéticos in modo antico) (2011, publicado en Internet).
Traducións
editar- Vello ceo nórdico. Antoloxía da poesía estonia contemporánea. Edición trilingüe estoniano-galego-inglés. Monografías do Boletín Galego de Literatura [1], Universidade de Santiago de Compostela, (2002). Edición en colaboración con Jüri Talvet.
- Pluriversos: Seis poetas irlandesas de hoxe. Edición bilingüe inglés-galego ou gaélico-galego ao coidado de Manuela Palacios. Follas Novas Edicións. Colaboración do Ireland Literature Exchange/Idirmhalartán Litríocht Éireann, col. Libros da Frouma, 2003. Tradución en colaboración con Manuela Palacios.
Obras colectivas
editar- Comentarios de textos contemporáneos, (1992), Xerais.
- Comentarios de textos populares e de masas, (1994), Xerais.
- Tentativas sobre Dieste (1995), Sotelo Blanco.
- Dicionario de termos literarios (A-D), (1998). Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades – Xunta de Galicia . Autoría conxunta do Equipo Glifo.
- Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero. Tomo II (Literatura. Miscelánea), (2000, Universidade de Santiago de Compostela.
- Dicionario de termos literarios (E-H), (2003). Centro "Ramón Piñeiro" para a Investigación en Humanidades - Xunta de Galicia. Autoría conxunta do Equipo Glifo.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, (2003), Espiral Maior.
- Carlos Casares. A semente aquecida da palabra, (2003), Consello da Cultura Galega.
- Elementos de crítica literaria, (2005). Xerais. Colectiva.
- DiTerLi. Base de datos do Dicionario de termos literarios, (2006), Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades - Xunta de Galicia . Dirección conxunta do Equipo Glifo.
- Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. II), (2006), Consello da Cultura Galega.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, (2006), Difusora.
- Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, (2008), Xerais.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, (2009), Difusora.
- Lois Pereiro en 17 voces (2011, La Voz de Galicia).
- Performing Poetry. Body, Place and Rhythm in the Poetry Performance (2011, Rodopi). En inglés e galego.
- Resistance and Emancipation: Cultural and Poetic Practices (2011, Peter Lang (Oxford). En colaboración con Ben Bollig.
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega), libro electrónico.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
- De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega).
- Arredor das Irmandades da Fala (2016, Xerais).
Obra en castelán
editarInvestigación e crítica literaria
editar- La teoría estética, teatral y literaria de Rafael Dieste, (1997). Universidade de Santiago de Compostela.
- La descripción literaria. Traza fenomenológica y semiótico-hermenéutica, (1999). Episteme.
Notas
editar- ↑ poesiagalega.org
- ↑ "Lándoas. Marxesdetexto". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2011. Consultado o 10 de febreiro de 2011.
- ↑ "base de datos do dicionario de termos literarios do Equipo Glifo". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2011. Consultado o 02 de agosto de 2011.