Edicións do Dragón
Edicións do Dragón foi un proxecto editorial galego activo entre os anos 1990 e 1998 e radicado na cidade de Santiago de Compostela que se moveu grazas ao esforzo de, entre outros, Paco Souto, Fran Alonso e Miro Villar.
Edicións do Dragón | |
---|---|
Tipo | editorial |
Data de fundación | 1990 |
Sede | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Historia
editarNacida como unha editorial pequena de tiraxes curtas a súa preocupación pola súa dimensión estética levounos a abordar o formato de carpetas poéticas, feitas dun xeito case artesanal e coa participación de diversos autores plásticos. Ao longo da súa traxectoria publicou cinco volumes colectivos, e dous de autoría individual, ambos de autores debutantes. Cesou as súas actividades en 1998 debido á separación profesional dos seus impulsores.
A súa importancia na poesía dos 90 é capital, por acoller o debut de moitos dos seus autores novos e tamén por sentar as bases do que despois sería Letras de Cal.
Obras publicadas
editar- O mar de adentro 1990, (volume colectivo con poemas de Gabriel Beceiro, Henrique Rabuñal, Xurxo Souto, Helena de Carlos, Xoán Carlos Pereira, María Xesús Nogueira, Adriana Castro, Miro Villar, Ângelo Brea, Kiko Lago, Lino Braxe, Fran Alonso, João Padrão, Gabriel Penabade, Jorge Mário Novais, Emílio Ínsua, Manuel Núñez Fiúza, Pedro Milhám Casteleiro, Laura Quintillán, Iolanda Aldrei, Miguel Areas, Rita Lazaré, Cristina Trigo, Xosé Lois Paz, M. Alguem e Rafa Villar).
- A rota dos baleeiros, 1991 (volume colectivo con poemas de Fran Alonso, Miro Villar e Paco Souto).
- Oito e medio, 1993 (volume colectivo con poemas das escritoras María Xesús Pato, María Xesús Nogueira, Carmen Lobón, Marta Dacosta, Rita Lazaré, Ana Romaní e Iolanda Aldrei).
- Dous bocetos, 1994 (de Paco Souto e Adriana Castro).
- No mesmo espacio, 1995. Libro de Rafa Villar.
- A teta sobre o sol, 1996. Primeiro libro de Olga Novo.
- Bestiario, 1998, (volume colectivo con poemas de Fran Alonso, Pedro Milhám Casteleiro, Raquel Castiñeira, François Davó, Alfredo J. Ferreiro, Mónica Góñez, Carmen Lobón, Ígor Lugrís, Luis Maçãs Lôpez, Manolo Mimo, María Xesús Pato, María Xesús Nogueira, Isolda Santiago, Teresa Seara, Paco Souto, Martín Veiga, Luísa Villalta e Rafa Villar.