Paco Souto
Francisco José Souto Barreiro, nado na Coruña o 12 de outubro de 1962 e finado en Razo (Carballo) o 30 de marzo de 2017[1][2], foi un escritor e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de outubro de 1962 A Coruña, España |
Morte | 30 de marzo de 2017 (54 anos) Razo, España |
Causa da morte | morte accidental, accidente laboral |
Actividade | |
Ocupación | escritor, político |
Xénero artístico | Poesía e teatro |
Premios | |
Traxectoria
editarFoi coeditor de Edicións do Dragón e da colección Letras de Cal. Realizou ilustracións para diversos libros e participou en varias exposicións colectivas, colaborando tamén en obras teatrais. Foi presidente da asociación de mariscadores e da asociación Caldeirón. Dende esta asociación promoveu o Certame de poesía erótica Illas Sisargas e foi o principal responsable da Editorial Caldeirón, selo que publica as obras gañadoras do certame e, ocasionalmente, outros títulos de poesía ou catálogos das exposicións organizadas pola asociación. Nas eleccións municipais de 2015 foi candidato do BNG en Malpica de Bergantiños e foi elixido concelleiro. Morreu o 30 de marzo de 2017 cando traballaba como percebeiro nas proximidades de Santa Mariña de Razo (Carballo).
Obra literaria
editarPoesía
editar- As árvores do incesto, 1995, Espiral Maior.
- Fado, 1998, Letras da Cal.
- Crebar cristais coa lingua, 2003, A. C. Caldeirón.
- As horas de María, 2007, Espiral Maior.
- E alentar na túa rosa, 2010, A. C. Caldeirón.
- e Caín, 2016, Laiovento.
Teatro
editar- Amar non ten laranxas, 1994, Cadernos da Escola Dramática Galega.
Obras colectivas
editar- Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), 1990, Ediciós do Castro.
- Homenaxe a Miguel González Garcés, 1991, Deputación da Coruña.
- A rota dos baleeiros, con Miro Villar e Fran Alonso, 1991, Edicións do Dragón.
- Dous bocetos, con Adriana Castro, 1994, Edicións do Dragón.
- Nós, 1997, Batallón Literario da Costa da Morte.
- Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas, 1997, Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso.
- Bestiario, 1998, Edicións do Dragón.
- Botella ao mar, 2003.
- Treze, 2003, Instituto de Baio.
- Escrita Contemporánea. Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Do máis fondo do silencio saen voces, 2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña.
- Letras novas, 2008, AELG.
- De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte, 2009, Sotelo Blanco.
- En defensa do Poleiro, 2010, Toxosoutos.
- Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
- A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
- Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos.
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
- Contos da taberna, 2014, Edicións Embora.
- Catálago, libro-catálogo de obra plástica e poesía, con Rosalía Fernández Rial, Mon Lendoiro e Chiña.
- 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
- Aldeas sen voz, 2016, Editorial Canela. Poesía.
Obras pluridisciplinares
editar- América, con Laura Quintillán e Kukas, (1993).
No ano 2001 crea xunto o músico Serxio Moreira a compañía AÍNDA na que en anos posteriores incorporaranse o fotógrafo Peter Schneider e a escritora Rosalía Fernández Rial, realizando as seguintes montaxes:
- Como augas de maio, con Serxio Moreira, (2001).
- Aviléscanto, con Serxio Moreira, (2003).
- As horas de María, con Serxio Moreira, ( 2005).
- "Homenaxe a Xelucho Abella", con Serxio Moreira,( 2007).
- Lugar de incendios, montaxe con pintura, música e poesía xunto a Serxio Moreira,(2009).
- "Tempo escuro", montaxe con fotografía, música e poesía xunto a escritora Rosalía Fernández Rial, o fotógrafo Peter Schneider e o músico Serxio Moreira, (2013).
- "Catálogo" , montaxe xunto a escritora Rosalía Fernández Rial e os artistas plásticos, Chiña da Brea e Mon Lendoiro.
Premios
editar- Premio Espiral Maior de Poesía no 1994, por As árvores do incesto.
- Premio de poesía Johán Carballeira no 2006, por As horas de María.
- Accésit do III Certame de poesía erótica Illas Sisargas no 2009, por E alentar na túa rosa.
- Premio aRitmar da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela ao mellor poema en galego de 2016 por "Terradentro".
Notas
editar- ↑ Diario Cultural (30/03/2017). Radio Galega. CRTVG, ed. "Diario Cultural sobre a morte de Paco Souto" (mp3) (Podcast). Escena en 0m22s ata 11m28s. Consultado o 30 de marzo de 2017.
- ↑ Muere el percebeiro y edil nacionalista de Malpica Paco Souto