Saltar ao contido

Wikiquote:A Taberna/Arquivo 1

En Galicitas, o Wikiquote en galego.
A Taberna da GalipediaNovas - Políticas - Técnica - Propostas - Axuda - Xeral
A Taberna do Galizionario - A Taberna de Commons - A Taberna de Wikisource - A Taberna de Wikibooks

A Taberna da GalicitasNovas - Políticas - Técnica - Propostas - Axuda - Xeral


Entrada básica

[editar]

Esta é unha proposta para a estrutura e estilo das citas:

Citas de persoas

[editar]
  • Entrada: nota biográfica breve. Comeza co nome da persoa en negra, que inclúe unha ligazón para a Wikipedia. Siguen as datas de nacemento e morte e o resumo biográfico, que incluirá como mínimo a súa profesión e nacionalidade. Sepárase do resto do artigo mediante unha liña horizontal (----).
  • Cita en galego, en letra normal. As distintas citas sepáranse mediante listaxes non numeradas (prececidas de *). Comezan con maiúscula, mesmo se están tiradas do medio dunha oración. Rematan cun signo de puntuación (. ? ! ...). Se se eliminan palabras do medio do texto orixinal sinálase este feito con puntos suspensivos entre parénteses (...).
  • Cita no idioma orixinal, en cursiva e como sub-lista (precedida de **).
  • Fonte, como sub-lista e seguindo as normas habituais de referencia (cursivas nos títulos de obras singulares, aspas nas de poemas, capítulos, episodios, etc.).

Estrutura

[editar]

De ser posíbel, as citas de persoas agruparanse nas seccións seguintes:

  • Auténticas. Non é preciso incluir este cabezallo de sección, asúmese que as primeiras sonno. As citas auténticas tamén se poden organizar pola publicación na que aparecen como subseccións.
  • Atribuídas. As de autoría non confirmada, porque non se atopa a fonte ou porque é dubidosa.
  • Falsamente atribuídas. As que se atribúen popularmente ou tradicionalmente, pero que hoxe sabemos que non o son. De coñecerse a fonte debe indicarse.
  • Sobre el/a. As que outras persoas fixeron mencionándoas. Escóllese el ou ela dependendo.
  • Ligazóns externas

Citas sobre temas

[editar]
  • Cita en galego, en letra normal. Dous guións. Autor (con vínculo á súa páxina en Galicitas).

Citas da Portada

[editar]

Atópanse en {{WIKIQUOTE:Cita da semana/{{CURRENTWEEK}} {{CURRENTYEAR}}}}

  • Cita en galego, en cursiva. Punto. Autor (con vínculo á súa páxina en Galicitas).

Xosé 20:50, 25 Decembro 2005 (UTC)

Citas de obras

[editar]
  • Entrada: recensión breve. Comeza co título, que inclúe unha ligazón para a Wikipedia. Siguen a data de publicación/estrea e a recensión, que incluirá como mínimo o nome do autor/director e o xénero. Sepárase do resto do artigo mediante unha liña horizontal (----).
  • Cita en galego, en letra normal. Dous guións. Nome do personaxe, se procede.

  • Estou basicamente de acordo, pero creo que debera haber un apartado para obras literarias, ensaios e filmes no que se debe citar o autor-director, xénero e o ano de publicación-estreo.--Rocastelo 21:29, 25 Decembro 2005 (UTC)
  • Estou de acordo coas dúas propostas. Un cordial saúdo. --Prevert 20:19, 28 Decembro 2005 (UTC)
  • Tamén estou de acordo con ambas propostas --Alyssalover(fálame) 22:28, 11 xaneiro 2006 (UTC)