Yakushima
(ja) 屋久島 | |||||
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Ilhas Ōsumi (pt) | ||||
Situado na entidade xeográfica | Mar da China Oriental | ||||
Localizado na área protexida | Parque Nacional Yakushima (pt) e Yakushima and Kuchinoerabu Jima Biosphere Reserve (en) | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Yakushima, Xapón (pt) | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Características | |||||
Altitude | 1.935 m | ||||
Dimensións | 25,7 () × 28,3 () km | ||||
Perímetro | 132 km | ||||
Punto máis alto | Mount Miyanoura (en) (1.936 m ) | ||||
Superficie | 504,29 km² Patrimonio da Humanidade: 10.747 ha Natural environment preservation area (en) : 1.219 ha | ||||
Patrimonio da Humanidade | |||||
Tipo | Patrimonio natural → Asia-Oceanía insular | ||||
Data | 1993 (17ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vii) e (ix) | ||||
Identificador | 662 | ||||
Natural environment preservation area (en) | |||||
Sitio Ramsar | |||||
Protected Forest (en) | |||||
Categoría Ia da UICN: reserva natural estrita | |||||
World Database on Protected Areas | |||||
Identificador | 68916 | ||||
Historia | |||||
Primeiro rexistro escrito | 607 | ||||
Yakushima (屋久島?) é unha das Illas Ōsumi pertencente a Prefectura de Kagoshima, Xapón. A illa, cunha superficie de 504´88 km², ten unha poboación de 13.178. O acceso á illa é por transbordador hydrofoil (7 ou 8 veces por día desde Kagoshima, dependendo da tempada), un transbordador lento (unha ou dúas veces por día desde Kagoshima), ou por aire desde o Aeroporto de Yakushima (3 a 5 veces ao día desde Kagoshima, unha vez ao día desde Fukuoka e unha vez ao día desde Osaka). Administrativamente, toda a illa é a cidade de Yakushima. A cidade tamén serve á veciña Kuchinoerabujima. A maioría da illa atópase dentro dos límites do Kirishima-Yaku National Park.
A illa de Yakushima foi o lugar de probas do fabricante de automóbiles Honda, para o desenvolvemento do seu motor de hidróxeno. A electricidade na illa está producida por unha central hidroeléctrica e o superávit enerxético usouse para producir hidróxeno, así Yakushima é un modelo para unha sociedade totalmente libre de emisións de gases de efecto invernadoiro. (Non hai autos de hidróxeno na illa, pero os autos eléctricos están a cargo do municipio).
Designación como Patrimonio da Humanidade
[editar | editar a fonte]En 1980, unha área de 18.958 ha designouse como reserva da biosfera pola UNESCO.[1] En 1993, 10 ha de humedal en Nagata-hama designouse como Sitio Ramsar.[2] É o maior lugar de aniñación da tartaruga boba en perigo de extinción no Pacífico Norte.[3][4] O único remanente en Yakushima de bosque antigo tépedo/cálido é Patrimonio da Humanidade natural desde 1993. No núcleo da área (12´19 km²) do Patrimonio da Humanidade, non se pode rastrexar ningún rexistro de corte de árbores no pasado.[5] A illa é visitada por 300.000 turistas cada ano.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Yakushima atópase aproximadamente 61´3 km ao sur do extremo sur de Península de Osumi no sur de Kyushu, ou 135 km ao sur de Kagoshima. O estreito de Vincennes (Yakushima Kaikyō) sepárao da próxima illa de Tanegashima, que alberga o Centro Espacial Xaponés. Os lanzamentos periódicos de foguetes desde Tanegashima pódense ver claramente desde Yakushima.
O leito rochoso da illa é de granito e, como tal, non alberga volcáns activos.[6] Ten unha superficie de aproximadamente 504´5 km². A illa ten unha forma máis ou menos circular, cunha circunferencia de 89 km e un diámetro de 28 km. As elevacións máis altas na illa son Miyanouradake (宮之浦岳), cunha altura de 1.935 m., e Nagatadake (永田岳), cunha altura de 1.886 m sobre o nivel do mar, con todo, Yakushima ten outros 30 picos de máis de 1000 m. de altura. Hai numerosas augas termais na illa.
Historia
[editar | editar a fonte]Yakushima estableceuse desde polo menos o Período Jōmon. Menciónase por primeira vez en documentos escritos da dinastía chinesa Sui do século VI, e na xaponesa Shoku Nihongi nunha entrada fechada no 702. Formaba parte da antiga Provincia de Tane. A miúdo mencionábase nos diarios de viaxeiros entre a dinastía Tang da China e o período Nara do Xapón. Durante o período Edo, Yakushima foi gobernado polo clan Shimazu do dominio Satsuma e considerouse parte da Provincia de Ōsumi. Logo da Restauración Meiji, a illa administrouse como parte da prefectura de Kagoshima. Durante o Tifón Noru (2017) morreu un home en Yakushima.
Demografía e economía
[editar | editar a fonte]A poboación de Yakushima alcanzou un pico en 1960 con 24.010 habitantes. A partir de entón, diminuíu ata ao redor de 1.995, pero posteriormente se estabilizó en pouco máis de 13.000 habitantes.
Tradicionalmente, os alicerces económicos da poboación eran a silvicultura e a exportación de produtos de madeira (principalmente tellas de cedro para os tellados) e pesca comercial. O cultivo de laranxas e té, a destilación de shōchū e o turismo son agora as principais fontes de ingresos.
Clima
[editar | editar a fonte]Yakushima ten un clima húmido subtropical (Clasificación climática de Köppen Cfa) con veráns calorosos e húmidos e invernos suaves. A precipitación é extremadamente grande, con polo menos 250 mm cada mes e 773 mm só en xuño. Yakushima é o lugar máis húmido do Xapón,[7] e a precipitación anual en Yakushima é unha das máis altas do mundo de 4.000 a 10.000 mm. Os lugareños din que chove "35 días ao mes". Hai períodos máis secos no outono e inverno, mentres que os aguaceiros máis intensos prodúcense na primavera e verán, a miúdo acompañados por deslizamentos de terra. É o lugar máis ao sur do Xapón onde hai neve nas montañas, a miúdo durante meses, mentres que a temperatura do océano nunca está por baixo de 19 °C.
Datos climáticos para Yakushima | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura máxima en °C | 25,3 | 26,1 | 29,6 | 29,8 | 31,9 | 34,8 | 35,2 | 35,4 | 34,7 | 31,0 | 30,7 | 25,7 | 35,4 |
Media máxima en °C | 14,4 | 15,2 | 17,5 | 21,1 | 24,3 | 26,8 | 30,4 | 30,6 | 28,7 | 24,9 | 20,9 | 16,6 | 22,62 |
Media diaria en °C | 11,6 | 12,1 | 14,3 | 17,7 | 20,8 | 23,6 | 26,9 | 27,2 | 25,5 | 21,9 | 17,9 | 13,6 | 19,43 |
Media mínima en °C | 8,7 | 9,1 | 11,1 | 14,2 | 17,3 | 20,7 | 23,7 | 24,2 | 22,6 | 19,0 | 14,9 | 10,6 | 16,34 |
Temperatura mínima en °C | 1,1 | 0,7 | 1,5 | 4,5 | 9,3 | 13,7 | 18,3 | 19,6 | 15,2 | 9,1 | 5,6 | 2,2 | 0,7 |
Chuvia media mm | 272,9 | 286,7 | 428,1 | 421,7 | 441,0 | 773,6 | 311,9 | 269,0 | 406,1 | 299,6 | 303,9 | 262,7 | 4 477,2 |
Media de días con chuvia (≥ 0.5 mm) | 17,4 | 15,1 | 17,9 | 14,2 | 14,1 | 18,0 | 12,1 | 14,7 | 14,5 | 12,5 | 13,1 | 15,0 | 178,6 |
Humidade relativa media (%) | 68 | 68 | 71 | 72 | 76 | 83 | 82 | 81 | 79 | 73 | 70 | 68 | 74,3 |
Media de horas de sol mensuais | 73,7 | 79,1 | 107,0 | 137,9 | 151,8 | 115,8 | 220,8 | 201,3 | 145,0 | 119,9 | 96,0 | 84,2 | 1 532,5 |
Fonte #1: 平年値(年・月ごとの値) | |||||||||||||
Fonte #2: 観測史上1~10位の値(7月としての値) (records) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Biosphere Reserve Information - Yakushima". UNESCO. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2012. Consultado o 29 de abril de 2011.
- ↑ "Ramsar Sites in Japan - Yakushima Nagata-hama" (PDF). Ministry of the Environment. Consultado o 24 de marzo de 2011.
- ↑ "Introducing places of interest: Kirishima-Yaku National Park". Ministry of the Environment. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2011. Consultado o 24 de marzo de 2011. Arquivado 23 de marzo de 2011 en Wayback Machine.
- ↑ "Kirishima-Yaku National Park". Natural Parks Foundation. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2011. Consultado o 24 de marzo de 2011. Arquivado 11 de xuño de 2011 en Wayback Machine.
- ↑ "World Heritage Nomination - IUCN Summary" (PDF). UNESCO World Heritage Committee. Consultado o 2008-08-28.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2017. Consultado o 18 de novembro de 2017.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2017. Consultado o 18 de novembro de 2017. Arquivado 30 de outubro de 2017 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Yakushima |