Saltar ao contido

Xosé Veiga Roel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Veiga Roel
Biografía
Nacemento9 de febreiro de 1894
Betanzos
Morte9 de febreiro de 1976
Betanzos
Actividade
OcupaciónFotógrafo

BUSC: veiga-roel-xose-1894-1976

Xosé Veiga Roel, nado en Betanzos o 9 de novembro de 1894 e finado no mesmo concello o 9 de febreiro de 1976, foi un debuxante e fotógrafo galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Debuxante dende moi novo, fíxose famoso polas súas aptitudes como calígrafo e miniaturista. Membro da Irmandade da Fala de Betanzos, colaborou en Rexurdimento. Foi ilustrador de El Eco de las Mariñas e outras publicacións, revistas e programas de festas. Participou na Exposición de Arte Galego da Coruña (1923), na Exposición Rexional de Belas Artes de Santiago e en 1935 obtivo un diploma de honra na Exposición de Belas Artes de Ferrol. A principios dos anos cincuenta frecuentou o Café Español, onde se reunía a Peña Fotográfica da Coruña e descubriu a fotografía. Instalou un laboratorio na súa casa e dedicoudose a esta práctica. Fixo fotografía documental e colaborou en Vida Gallega e Galicia. Revista Anual de Turismo. En 1957 expuxo nos salóns do Club Imperio da Coruña e en 1965 na Casa de Galicia de Madrid. Finou en Betanzos o 9 de febreiro de 1976.[1]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Foi nomeado fillo predilecto de Betanzos en 1980[2] e fotógrafo histórico pola Deputación da Coruña no 2023[3].

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Consuelo Sánchez Sánchez e foi pai de Silvia, José Antonio, Julio Víctor e Consolación Veiga Sánchez.

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 8-2-1977, p. 58.
  2. La Voz de Galicia, 25-6-1980, p. 32
  3. "Reportaje | El Premio Luis Ksado se ‘trasladó' al Alfonsetti para rendir homenaje a José Veiga Roel". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 2023-10-17. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]