Vladimir Radmanović
(2011) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 19 de novembro de 1980 (43 anos) Trebinje, Bosnia e Hercegovina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 208 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 103 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1997 - 2013 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote e Ala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Seattle SuperSonics | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2005 | Campionato europeo de baloncesto de 2005 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2004 | Xogos Olímpicos de 2004 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2002 | Campionato mundial de baloncesto de 2002 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cónxuxe | Marija Kilibarda |
Vladimir Radmanović (en cirílico: Владимир Радмановић), nado o 18 de novembro de 1980 en Trebinje, na antiga Iugoslavia, é un antigo xogador de baloncesto serbio. Mide 2,08 metros e xogaba de ala-pivote e de ala.
Traxectoria deportiva
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Radmanović xogou na súa mocidade nos equipos serbios do Estrela Vermella de Belgrado e do KK Železnik. Alí permaneceu até 2001, data na que foi elixido no Draft da NBA.
NBA
[editar | editar a fonte]Foi elixido na duodécima posición do Draft da NBA de 2001 polos Seattle Supersonics. Tras ter unha media de 6,7 puntos e 3,8 rebotes por partido, foi incluído no segundo mellor quinteto de rookies do ano. O catro seguintes tempadas tamén as xogaría cos Sonics, onde a súa progresión foi evidente, chegando practicamente a duplicar as cifras do seu ano de novato. Chegou a ser candidato ao premio ao Xogador con Maior Progresión en 2004, tras ter unha media de máis de 12 puntos xogando como sexto home. O 26 de xaneiro de 2005 anotou oito triplas contra os Los Angeles Lakers, o máximo da súa carreira até o momento.
Despois de expresar a súa frustración por non conseguir o posto de titular en Seattle, foi traspasado a Los Angeles Clippers a cambio de Chris Wilcox, onde fixo un gran final de tempada, conseguindo os seus mellores resultados en rebotes e asistencias, así como unha gran porcentaxe do 41,8% en tiros de tres puntos. En xullo de 2006, aceptou un contrato de 31 millóns de dólares por cinco anos con Los Angeles Lakers, a pesar de que os Clippers igualaban esa oferta. Porén, foi persuadido para unirse aos Lakers equipo da cidade por Kobe Bryant, Phil Jackson, Magic Johnson e o seu bo amigo Vlade Divac.
Durante o descanso do All-Star Weekend desa tempada, presentouse cunha lesión no ombreiro, dicindo que se produciu ao caerse nunha placa de xeo en Utah, o que lle provocou oito semanas de inactividade. Pero pouco despois revelou que a lesión realmente produciuse facendo snowboard, polo cal foi duramente multado polo club, ao practicar actividades perigosas. De todos os xeitos, acabou a tempada cunha media de 6,6 puntos e 3,3 rebotes por partido.
O 7 de febreiro de 2009 foi traspasado a Charlotte Bobcats a cambio de Adam Morrison e Shannon Brown.[1] O 16 de novembro de 2009, Radmanovic foi traspasado a Golden State Warriors xunto con Raja Bell a cambio de Stephen Jackson e Acie Law.[2]
O 10 de decembro de 2011, asinou un contrato cos Atlanta Hawks.[3] No seu primeiro partido cos Hawks o 26 de decembro de 2011, Radmanović anotou 17 puntos, roubou 4 balóns e repartiu 5 asistencias en 27 minutos de xogo.
O 19 de xullo de 2012, Radmanović asinou un contrato dun ano cos Chicago Bulls.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Radmanovic traded for Morrison, Brown
- ↑ "Bobcats acquire Stephen Jackson and Acie Law from Warriors". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2009. Consultado o 27 de marzo de 2010.
- ↑ "Hawks sign veteran forward Radmanovic". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2011. Consultado o 11 de decembro de 2011.
- ↑ "Bulls sign free agent forward Vladimir Radmanovic". NBA.com. 2012-07-19. Consultado o 2009-07-20.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 27 de marzo de 2014 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1980
- Nados en Trebinje
- Xogadores de baloncesto de Serbia
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Ala-pivotes de baloncesto
- Alas de baloncesto
- Xogadores do KK Crvena zvezda
- Xogadores do KK Železnik
- Xogadores dos Seattle SuperSonics
- Xogadores dos Los Angeles Clippers
- Xogadores dos Los Angeles Lakers
- Xogadores dos Charlotte Bobcats
- Xogadores dos Golden State Warriors
- Xogadores dos Atlanta Hawks
- Xogadores dos Chicago Bulls
- Eleccións no Draft da NBA dos Seattle SuperSonics
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2004
- Xogadores de baloncesto olímpicos de Serbia e Montenegro