Violeta (cor)
O violeta é a cor que se percibe ante a fotorrecepción dunha luz cuxa lonxitude de onda dominante mide entre 380 e 420 nm. Atópase entre o azul e o púrpura, polo que tamén pode denominarse azul púrpura. A referencia orixinaria da cor violeta son os pétalos das plantas homónimas do xénero Viola, como por exemplo a violeta común (Viola odorata) ou a violeta brava (Viola riviniana).
Atópase estandarizado en catálogos de cores e inventarios cromáticos, servindo este violeta «estándar» coma modelo e referente para a cor violeta. O violeta estándar pode verse na imaxe da dereita, os valores que se dan debaixo corresponden ao mesmo. A denominación de cor «violeta» abrangue un conxunto de coloracións semellantes á cor estándar, violáceas. O lila e o malva son variantes desta cor[1].
púrpura |
violeta[2] |
azul |
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]- A verba violeta deriva do francés violette, este do francés antigo viole, e este do latín vĭŏla,[3] que designa a planta homónima, e que é cognado co grego ἴον (ion), ‘violeta’, probabelmente derivado dunha lingua mediterránea pre-indoeuropea.[4][5]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
As flores das violas bravas, son desta cor
-
Flores de lirios.
-
Flores de tollemerendas (Crocus)
-
Unha berinxela
-
Flor dunha malva en Galiza.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lila.
- ↑ Aproximacións RGB de cores terciarias RYB, usando interpolación cúbica.[1] Arquivado 28 de xuño de 2013 en Wayback Machine. As cores aquí amosadas son substancialmente máis pálidas que as cores verdadeiras que unha mestura de pinturas produciría.
- ↑ «violeta», Breve diccionario etimológico de la lengua castellana, Joan Corominas, 2011, consultado o 12 de xaneiro de 2013.
- ↑ «violet», Online Etymology Dictionary, Douglas Harper, 2001–2012, consultado o 12 de xaneiro de 2013.
- ↑ «violeta Arquivado 27 de setembro de 2013 en Wayback Machine.», Dicciomed.eusal.es. Diccionario médico–biológico, histórico y etimológico, Universidade de Salamanca, 2011, consultado o 21 de maio de 2012.