Saltar ao contido

Vietcong

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vietcong
AcrónimoViệt Cộng, FNL, 越共, NFB e Вьетко́нг
TipoFronte Popular, organización política e movemento guerrilleiro
IdeoloxíaPensamento Ho Chi Minh, Marxismo-leninismo, Nacionalismo de esquerda, Nacionalismo vietnamita, patriotismo socialista e antiimperialismo
Área de operaciónIndochina
Data de fundación21 de xullo de 1954
Data de disolución4 de xullo de 1976
Organización subsidiariaPeople's Liberation Armed Forces of South Vietnam
SedeMemot e Lộc Ninh
PaísVietnam
editar datos en Wikidata ]

O Vietcong ou Fronte Nacional de Liberación de Vietnam (en vietnamita: Mặt Trận Giải Phóng Miền Nam Việt Nam), tamén coñecido como Front National de Liberté (FNL), foi unha organización guerrilleira formada en 1960 por toda a oposición á ditadura de Ngô Đình Diệm, aínda que os comunistas eran maioritarios. O goberno Sur vietnamita referíase a este movemento como o "VietCong". As forzas estadounidenses referíanse a el como "Víctor Charlie", que é como se pronuncian as siglas "VC" no Alfabeto fonético da OTAN ou, de forma máis abreviada, simplemente "Charlie".

O FNL foi a primeira organización rebelde que loitou contra o colonialismo francés e contra a República de Vietnam do Sur. Esta fronte foi de todos os elementos opostos ao goberno existente sen importar se eran comunistas ou non. A súa organización militar foi coñecida como as "Forzas Armadas de Liberación Popular".

Un soldado do FNL.

Os combates iniciáronse dous anos antes para loitar contra a severa represión da ditadura a todos os seus opoñentes. Co apoio do Vietnam do Norte, en 1962 a organización controlaba gran parte da zona rural de Vietnam do Sur, o que provocou a masiva intervención norteamericana, que desembocaría na guerra de Vietnam. Apoiado polo exército norvietnamita e abastecido a través da ruta Ho Chi Minh, logrou manter unha guerra de guerrillas durante máis dunha década.

En 1969, a Fronte formou unha provisional República de Vietnam do Sur que tomou o poder brevemente logo da caída de Saigón en 1975 e logo apoiou a reunificación do país baixo o liderado do Partido Comunista de Vietnam como República Socialista de Vietnam en 1976.

En xeral, o termo Vietcong servía para referirse aos insurxentes armados e políticos disidentes que pelexaban contra a república de Vietnam durante a guerra de Vietnam. Este nome foi derivado dunha contracción da frase vietnamita Việt Nam Cộng Sản, ou "Comunista Vietnamita". O grupo principal cuberto polo termo, ademais do FNL, é o exército guerrilleiro nomeado formalmente como as Forzas Armadas Populares de Liberación (PLAF).

Nas áreas, baixo o seu control, a FLN incluía tamén a moitos non militares, incluíndo xefes de vilas, oficinistas de vilas, e profesores escolares. Moitos[quen?] consideran o termo Vietcong xustamente derogativo, aínda que o seu uso se masificou en occidente, xa que a guerra de Vietnam fixo este termo máis coñecido que o nome apropiado de FLN.