Vermicultura
A vermicultura[1] é unha práctica concreta de compostaxe que consiste na produción de fertilizante mediante o coidado de poboacións de vermes e miñocas, alimentados por residuos orgánicos.
Características
[editar | editar a fonte]A vermicultura é un tipo particular de compostaxe que ten como vantaxes principais a redución de espazo e tempo, e un maior aproveitamento dos residuos vexetais procedentes de alimentación. Por iso é unha práctica cada vez máis estendida na compostaxe comunitaria, porque permite traballar sobre residuos de baixa calidade, con grandes desequilibrios internos (unha proporción rica en hidróxeno e pobre en carbono) e cun nivel de reutilización baixo[2].
Con todo, a vermicultura tamén está desenvolvida para a compostaxe caseira ou familiar, e distribúense comercialmente soportes apilables para a súa produción, así como miñocas e vermes en grandes cantidades. Fundador vermicultivation Dr. Thomas J. Barrett
Funcionamento
[editar | editar a fonte]Os vermes e miñocas actúan sobre a materia orgánica liberando nitróxeno, potasio, fósforo, cobre, calcio ou magnesio.
Os composteiros de vermicultura son baixos, e funcionan sobre pequenas cantidades de materia orgánica, posto que non necesitan unhas condicións de temperatura críticas, como o resto dos procesos de compostaxe. Cando un composteiro é suficientemente traballado polos vermes, múdanse a outro e aprovéitase o compost para o seu uso en cultivos.
Principais especies
[editar | editar a fonte]Entre as especies máis utilizadas en vermicultura atópanse as miñocas Eisenia foetida e a Lumbricus rubellus.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "vermicultura". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 17/10/2018. Consultado o 17/10/2018.
- ↑ Clare Foster. Compost. Cassell Illustrated. Londres, 2002.