Saltar ao contido

Valve Corporation

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Valve Software

Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónKirkland, Estados Unidos
Persoas claveGabe Newell, Mike Harrington
IndustriaSoftware
ProdutosVideoxogos
Na rede
https://www.valvesoftware.com/
Facebook: Valve Twitter: valvesoftware Youtube: UCg0FSqPeiGD_lIiPaaAehQg Musicbrainz: b22f3ebb-c248-4956-965b-ff0e55f082b5 GitHub: ValveSoftware Genius: Valve-corporation Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Valve Software é unha empresa estadounidense de software no campo dos videoxogos. Fíxose mundialmente famosa polo seu primeiro xogo, Half-Life e por unha modificación deste xogo, Counter-Strike. As oficinas centrais de Valve Software atópanse en Kirkland, Estados Unidos.

Valve Software foi formada en 1996 por Gabe Newell e Mike Harrington. Ambos eran ex-traballadores do xigante informático Microsoft e traballaran nos seus sistemas operativos Windows e OS/2 antes de pasarse ao mundo dos videoxogos.

Co seu primeiro xogo Valve tivo un tremendo éxito obtindo beneficios das súas expansións e mods. No seu traballo xunto á comunidade de xogadores atópanse títulos como Counter-Strike ou Day of Defeat. En maio de 2003, Valve Software causou un gran revuelo na feira E3 ao presentar o que parecía unha versión practicamente terminada de Half-Life 2.[1]

Tras un atraso dun pouco máis dun ano, posiblemente debido ao roubo dunha parte do código fonte que sufriu Valve, Half-Life 2 foi lanzado o 16 de novembro de 2004 en todo o mundo mediante a súa plataforma Steam.

Videoxogos

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]