Saltar ao contido

Valentino Rossi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaValentino Rossi

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Urbino, Italia Editar o valor en Wikidata
Outros nomesThe Doctor (Il Dottore)
Rossifumi
Valentinik Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de motociclismo, piloto de automobilismo, director de equipo Editar o valor en Wikidata
DeporteMotociclismo de velocidade
Carreira de resistencia
endurance motorcycle racing (en) Traducir
rally Editar o valor en Wikidata
Número deportivo46 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
1996-1999Aprilia Racing (en) Traducir
2000-2003Repsol Honda (pt) Traducir
2004-2010Yamaha Factory Racing Team (pt) Traducir
2011-2012Ducati MotoGP Team (en) Traducir
2013-2020Yamaha Factory Racing Team (pt) Traducir
2021-2021Sepang Racing Team (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
2002, 2003, 2004, 2005, 2008, 2009MotoGP (1º)
2001500cc class (en) Traducir (1º)
1999Campionato do Mundo de Motociclismo de 250 cc (1º)
1997Campionato do Mundo de Motociclismo de 125 cc (1º) Editar o valor en Wikidata
Outro
ParellaLinda Morselli (2011–2016) Editar o valor en Wikidata
PaiGraziano Rossi Editar o valor en Wikidata
IrmánsLuca Marini Editar o valor en Wikidata
Condenado poromessa dichiarazione dei redditi (en) Traducir (2001)
→ (6 pena de prisión)
→ Final: 2006 Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webvalentinorossi.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1387126 Rottentomatoes: celebrity/valentino_rossi Allmovie: p398124 Metacritic: person/valentino-rossi
Facebook: ValentinoRossiVR46Official Twitter: ValeYellow46 Instagram: valeyellow46 Youtube: UCoCnwCIBC0aPTOveC6KALMg BNE: XX1105452 Editar o valor en Wikidata

Valentino Rossi, nado en Urbino o 16 de febreiro de 1979, é un piloto italiano de motociclismo que gañou nove títulos mundiais en diferentes categorías do Mundial de Motociclismo (125 cc, 250 cc, 500 cc, e MotoGP de 990 e 800 cc). Foi o único motociclista da historia en logralo. É coñecido polos alcumes que se deu a si mesmo en diferentes momentos da su carreira: "The Doctor" (O Doutor), Valentinik e Rossifumi. É considerado pola maioría de expertos e pola prensa especializada como o mellor piloto da historia do motociclismo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dende novo foi a Tavullia, onde comezou a súa vida no deporte do motor correndo nos karts apoiado polo seu pai Graziano Rossi (que tamén foi piloto). Dende o principio apuntou boas maneiras e gañou o campionato rexional de 1990. O seu pai intentou facer que Valentino continuase no mundo das catro rodas e tratou de colocalo no campionato europeo de karts e no rexional de 100 c.c. para que seguise unha carreira cara á Fórmula 1. Pero os altos custos de seguir este camiño obrigárono a quedar nas minimotos, coas que gañou o campionato rexional en 1992, demostrando xa un gran talento coa súa curta idade. Conseguiu a súa primeira licenza de piloto no "Moto Club Cattolica", organización pioneira nas carreiras de minimotos en Italia. Aos 13 anos proba por primeira vez unha Aprilia Futura 125, pero o seu debut como piloto de motos faino no campionato italiano "Sport production". No campionato SP no ano 1993, cunha Cagiva Mito de Claudio Lusuardi, sufriu unha caída na primeira curva da primeira práctica que fixo dubidar a el e mais o seu pai se o motociclismo era o camiño que debía seguir. En 1994, participa simultaneamente no campionato "Sport Production" e no "GP Italiano", vencendo no campionato SP e adquirindo experiencia nos prototipos de Grand Prix. Ao ano seguinte gaña o campionato de Italia na clase 125 e clasifícase terceiro no campionato europeo da mesma categoría.

Categoría 125 cc

[editar | editar a fonte]

En 1996 debuta no campionato do mundo no equipo Aprilia-AGV e, tras dez carreiras nas que obtén un terceiro posto como mellor resultado, obtén a súa primeira vitoria no Gran Premio da República Checa de Motociclismo en Brno,[1] despois de obter a pole position. En 1997 pasa ao equipo oficial de Aprilia e obtén o seu primeiro título mundial cunha Aprilia RS125 tras gañar 11 carreiras. É aí cando comeza o liderado do rei do motociclismo.

Categoría 250 cc

[editar | editar a fonte]

En 1998, Rossi pasou á categoría de 250 cc, pilotando outra vez para Aprilia xunto a Loris Capirossi e o xaponés Tetsuya Harada. Nesta tempada gaña as catro últimas carreiras e fai unha excelente presentación, pero remata a 23 puntos tras o campión, o seu compañeiro Loris Capirossi, e só cun punto por diante do seu outro compañeiro de equipo, cerrando unha campaña perfecta para o equipo,[2] pero mellorable para a nova promesa do motociclismo.

En 1999 Rossi é campión despois de gañar nove carreiras, quedando a 48 puntos do segundo, Tohru Ukawa, e a 100 puntos de Loris Capirossi, agora en Honda, levándoo ao seu ascenso á máxima categoría.

500 cc e MotoGP

[editar | editar a fonte]

Os anos con Honda (2000-2003)

[editar | editar a fonte]

No ano 2000 debutou en 500 cc pilotando unha Honda NSR500 e, a pesar de cometer algúns erros, gañou dúas carreiras e quedou segundo no campionato a 49 puntos de Kenny Roberts Jr.. Neste ano a Honda contaba cunha clara superioridade técnica sobre as demais motos da grella.

En 2001, a última tempada antes da substitución desta categoría por MotoGP, continuou no equipo "Nastro Azzurro" pilotando a NSR500, que conseguiu 11 vitorias, igualando a marca da categoría en poder de Giacomo Agostini dende 1972. Esa tempada Rossi sumou o seu terceiro título mundial, primeiro na categoría. Ese mesmo ano Valentino ponse a proba na carreira máis importante do mundial de resistencia, as "oito horas de Suzuka", que gañou xunto co seu compañeiro Colin Edwards.

No ano 2002 debutaron as MotoGP de 990 cc e Rossi fichou polo equipo Honda Repsol HRC, pilotando a RC211V de cinco cilindros. Esa tempada gañou con superioridade un mundial no que todos os pilotos eran "novatos", por unha distancia de 140 puntos sobre o segundo, Max Biaggi, que pilotaba a primeira Yamaha M1 de catro tempos, claramente inferior á Honda RC211V, pero igualada coas últimas NSR500 que seguían competindo.

En 2003, Rossi arrasou a competencia, gañando nove carreiras na mesma tempada, e as RC211V gañaron 15 de 16 posibles, demostrando a superioridade sobre as demais motos, e, por suposto, volveu gañar o campionato. Era o seu quinto título mundial e o terceiro consecutivo na clase raíña. Ao final desta tempada coñeceuse que Rossi fichara pola marca rival de Honda: Yamaha, debido ás diferenzas que tiña HRC con Rossi, que quería que as evolucions chegasen con certo atraso ao resto dos pilotos da casa, pero en Honda HRC non pensaban o mesmo. Valoraban o italiano e considerábano unha peza importante, pero nada máis. Por iso en HRC, cando o consideraban oportuno, non dubidaban en traspasar todas as configuracións de Rossi a outros pilotos. A gota que colmou o vaso caeu no GP de Valencia 2002, cando Barros (que estivera todo o ano correndo coa NSR500) subíndose por primeira vez a unha 4T, gañou a Rossi limpamente coa configuración do “Doutor”.

Campión con Yamaha (2004-2005)

[editar | editar a fonte]

En 2004, Valentino competiu para Yamaha, considerada tecnicamente inferior á Honda no campionato anterior, posto que en 2003 os pilotos de Yamaha quedaron sétimo (Checa, empatado a puntos con Ukawa) e noveno (Barros) cun terceiro posto como mellor actuación nunha carreira. Pero Rossi aceptou o reto e levou o seu novo equipo como xefe de enxeñeiros a Jeremy Burgess, que o acompañara en Honda dende a súa primeira tempada no 2000. O resultado foi unha moto altamente competitiva coa que logrou un título mundial, aínda que o propio Valentino admitiu que Yamaha non era tan mala moto como esperaban.

En 2005, aínda criticado polo seu paso a Yamaha, Rossi gaña novamente o mundial de motociclismo na carreira disputada no circuíto de Sepang, o 25 de setembro daquel ano, aínda que faltaban catro carreiras para o final do campionato. Esa tempada Rossi gañou 11 das 18 carreiras disputadas, sumou 16 podios, gañando 367 de 425 puntos posibles, e retirouse só unha vez, no Gran Premio do Xapón, demostrando unha gran superioridade, quedando por diante de Melandri, Hayden e Edwards.

A crise dos resultados (2006-2007)

[editar | editar a fonte]

O 2 de agosto de 2005, Rossi renova o contrato con Yamaha, rexeitando unha oferta de Ducati e renunciando ás aspiracións dunha posible vinculación coa Scudería Ferrari na Fórmula 1.

No 2006, Valentino clasifícase segundo con cinco vitorias, seis menos que na tempada anterior principalmente por dúas caídas, dúas roturas de motor e un problema coa pina de adiante. A seis carreiras do final do campionato, Rossi está a 51 puntos do líder, pero comeza unha remontada que emociona os seus moitos seguidores, e na última carreira está primeiro con oito puntos de vantaxe, pero tras unha mala saída dende a primeira posición Rossi cae ao tratar de recuperar os postos perdidos, condenándose ao posto 13 e cedendo o campionato ao estadounidense Nicky Hayden, que rompe coa que parecía unha interminable serie de vitorias para o italiano.

Para a temporada 2007 renovou con Yamaha e tivo presentacións moi irregulares: gañou en Xerez, Assen, Estoril (onde dedica o triunfo a Colin McRae, falecido o día anterior á carreira); chega segundo en Losail, Shanghai e Montmeló, pero décimo en Istambul e sexto en Le Mans. Rematada a carreira de Holanda, Rossi é segundo a 21 puntos do australiano Casey Stoner e a súa Ducati, tras gañar a carreira remontando dende o posto 11.

No Gran Premio do Xapón, carreira pasada por choiva, Valentino está na 13ª posición, permitindo ao seu rival, Casey Stoner, que chegou sexto, proclamarse campión. Na clasificación do último gran premio en Valencia, Rossi cae e sofre traumas múltiples na man dereita, pero aínda así participa na carreira da que se retira por un problema electrónico, cedendo tamén o segundo posto do campionato a Dani Pedrosa e con este terceiro posto definitivo completa a súa peor actuación no mundial dende o seu noveno posto no seu debut en 1996.

O regreso do campión (2008)

[editar | editar a fonte]

En 2008, tamén con Yamaha, pero agora con pneumáticos Bridgestone tras varios problemas nos anos anteriores cos Michelin, Rossi volvía como un dos máis fortes aspirantes ao título, pero nas tres primeiras carreiras Stoner, Pedrosa e o seu compañeiro de equipo, o debutante Jorge Lorenzo arrebatáronlle o alto do podio. Pero o italiano logra vencer tres carreiras consecutivas, o que o lanza de novo como un forte aspirante ao título (unha destas carreiras foi o seu triunfo número 90 no mundial, que lle permitiu igualar o récord de Ángel Nieto).

Tras unha non moi boa presentación en Holanda, en Laguna Seca preséntase unha apaixonante batalla polo primeiro posto entre Stoner e Rossi. Na mítica curva do "Tirarrollas", o Doutor executou unha das mellores manobras do motociclismo, adiantando a Stoner pola area, quen finalmente remataría segundo a pesar dunha caída. Stoner acusou a Valentino de "executar manobras ao límite", pero posteriormente desculpouse polas súas declaracións dicindo que actuou na calor do momento e que non quería ningunha polémica.

Tras conseguir a pole position e gañar a carreira en Indianápolis superou o récord de Giacomo Agostini de 68 vitorias na máxima categoría. E a súa vitoria número 70 en MotoGP chega en Motegi (GP do Xapón), logrando así novamente o campionato a falta de tres carreiras para finalizar o mundial.

Tras ser segundo en Australia, gañar a carreira en Malaisia e quedar terceiro en Valencia, Valentino, con 373 puntos supera comodamente o récord da maior cantidade de puntos obtidos nunha soa tempada.

Noveno título mundial (2009)

[editar | editar a fonte]

En 2009, de novo con Yamaha, Rossi enfróntase a unha das súas tempadas máis interesantes pola rivalidade suscitada co seu propio compañeiro de equipo, Jorge Lorenzo, quen o obriga a esforzarse en máis dunha carreira e con quen disputa o primeiro lugar na clasificación durante case toda a tempada.

Despois de chegar como líder do campionato á cuarta carreira en Le Mans con dous segundos postos e unha vitoria, Valentino ten unha accidentada carreira na que ten que cambiar de moto dúas veces, cae e é sancionado por exceder o límite de velocidade en boxes, o que o deixa con dúas voltas perdidas respecto ao líder e por primeira vez na súa carreira cruza a meta sen facer puntos, no posto 16.

Tras un terceiro posto en Mugello, Valentino protagoniza unha loita impresionante polo primeiro lugar co seu compañeiro de marca no Circuit de Catalunya e remata primeiro ao gañar a posición na última curva da última volta no que foi a carreira con máis emoción da tempada.

O 27 de xuño, no gran premio de Holanda en Assen, Valentino consegue a centésima vitoria da súa carreira e celébrao cunha xigantesca pancarta con fotos de cada unha das súas 99 vitorias anteriores. Cunha segunda posición en Laguna Seca, o triunfo en Alemaña e unha quinta posición despois dunha caída en Gran Bretaña, Rossi é líder a 25 puntos do seu compañeiro e segue sendo o favorito para gañar o campionato.

En Brno, perde a primeira posición co seu compañeiro faltando seis voltas para o final da carreira, pero mantén o seu ritmo e mete presión a Lorenzo, quen comete un erro e cae, deixando ao italiano como favorito con 50 puntos de diferenza a falta de seis carreiras; pero Rossi tamén cae en Indianápolis e revive a disputa polo título.

A pesar de non vencer en catro carreiras dende Brno, Valentino segue sendo líder do campionato con 38 puntos de diferenza ao seu favor e con só dúas carreiras para terminar o campionato. Finalmente, con seis vitorias, Rossi proclámase campión no Gran Premio de Malaisia e celébrao utilizando o refrán italiano "Galiña vella fai bo caldo" en referencia aos que o consideraban demasiado vello para facer fronte aos pilotos máis mozos cos que compite e pecha a tempada do seu noveno título mundial cun segundo lugar en Valencia, onde o esperou a súa noiva R. Omaña.

Récords en 500 cc/MotoGP

[editar | editar a fonte]

Valentino Rossi é:

  • Primeiro con 82 vitorias.
  • Primeiro con 138 podios. Estes repártense en 79 vitorias, 37 segundas prazas (o que máis conseguiu tamén por diante das 31 de Lawson e Doohan) e 22 terceiras prazas.
  • Primeiro con máis podios nunha mesma tempada (16) en 2003, 2005 e 2008.
  • Primeiro con máis voltas rápidas nunha mesma tempada: 12 en 2003.
  • Segundo con máis puntos conseguidos nunha mesma tempada: 373 en 2008 (primeiro Jorge Lorenzo na temporada 2010 con 383).
  • Primeiro coa maior cantidade de puntos acumulados ata a data nesta categoría, 4259. É o único piloto da historia en superar a barreira dos 4.000 puntos na categoría raíña.
  • Primeiro con máis podios consecutivos (23) entre o Gran Premio de Portugal de 2002 e o Gran Premio de Suráfrica de 2004.
  • Primeiro con maior número de poles, 59. O segundo é Mick Doohan con 58.
  • Segundo piloto con máis títulos consecutivos, cinco (2001-2005), xunto a Mick Doohan (1994-1998). O primeiro é Giacomo Agostini con sete títulos consecutivos (1966-1972).
  • Segundo piloto no número total de campionatos conseguidos, con sete. O primeiro é Giacomo Agostini con oito.
  • Segundo piloto con máis voltas rápidas, 63. O primeiro é Giacomo Agostini con 69.
  • Segundo piloto con maior número de vitorias nunha mesma tempada, 11 (2001, 2002 e 2005). O primeiro é Mick Doohan con 12 carreiras gañadas en 1997.
  • Terceiro piloto con maior número de poles na mesma tempada, nove (2003), xunto a Casey Stoner (nove en 2008). Por diante atópase Mick Doohan con 12 poles en 1997, Wayne Gardner e Freddie Spencer con 10 poles en 1987 e 1985 respectivamente.

Récords en 250 cc

[editar | editar a fonte]

Categoría extinta do mundial e substituída en 2010 por Moto2, con diferente cubicaxe de motor 600 cc.

Valentino Rossi é:

Récords en 125 cc

[editar | editar a fonte]

Categoría extinta do mundial e substituída en 2010 por Moto3, con diferente cubicaxe de motor.

Valentino Rossi é:

  • Primeiro con máis vitorias na mesma tempada, 11 en 1997.
  • Segundo piloto con máis podios nunha mesma tempada, 13 (1997), xunto a Héctor Faubel en 2007. Por diante atópase Álvaro Bautista, con 14 podios en 2006.
  • Segundo piloto con maior número de puntos nunha mesma tempada, 321 en 1997. Por diante atópase Álvaro Bautista con 338 puntos en 2006.

Estatísticas do Mundial de Motociclismo

[editar | editar a fonte]

Por tempada

[editar | editar a fonte]
Tempada Categoría Moto Carreiras Vitorias Podios Pole Volta rápida Puntos Pos. fin. Título Mundial
1996 125 Aprilia af1 Europa-125 15 1 2 1 2 111 -
1997 Aprilia af1 Europa-125 15 11 13 4 7 321 Si
1998 250 Aprilia RSW250 14 5 9 0 3 201 -
1999 Aprilia RSW250 16 9 12 5 8 309 Si
2000 500 Honda NSR500 16 2 10 0 5 209 -
2001 Honda NSR500 16 11 13 4 10 325 Si
2002 MotoGP Honda RC211V 16 11 15 7 9 355 Si
2003 Honda RC211V 16 9 16 9 12 357 Si
2004 Yamaha YZR-M1 16 9 11 5 3 304 Si
2005 Yamaha YZR-M1 17 11 16 5 6 367 Si
2006 Yamaha YZR-M1 17 5 10 5 4 247 -
2007 Yamaha YZR-M1 18 4 8 4 3 241 -
2008 Yamaha YZR-M1 18 9 16 2 5 373 Si
2009 Yamaha YZR-M1 17 6 13 7 6 306 Si
2010 Yamaha YZR-M1 14 2 10 1 2 233 -
2011 Ducati GP11 17 0 1 0 1 139 -
2012 Ducati GP11 13 0 2 0 1 136 -
2013 Yamaha YZR-M1 -
Total 271 105 177 59 87 4518 9

Por categoría

[editar | editar a fonte]
Categoría Tempada Primeiro GP Primeiro podio Primeira vitoria Carreiras Vitorias Podios Pole Voltas rápidas Puntos Títulos
125 cc 1996-1997 Malaisia 1996 Austria 1996 Rep. Checa 1996 30 12 15 5 9 432 1
250 cc 1998-1999 Xapón 1998 España 1998 Países Baixos 1998 30 14 21 5 11 510 1
500 cc 2000-2001 Suráfrica 2000 España 2000 Gran Bretaña 2000 32 13 23 4 15 534 1
MotoGP 2002-Presente Xapón 2002 Xapón 2002 Xapón 2002 179 66 118 45 52 3042 6
Total 1996-2011 271 105 177 59 87 4518 9

Resultados

[editar | editar a fonte]
Ano Categoría Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Pos. P.Tot.
1996 125cc Italia Aprilia MAL
6
INA
11
JPN
11
SPA
4
ITA
4
FRA
Ret
NED
Ret
GER
5
GBR
Ret
AUT
3
CZE
1
IMO
5
CAT
Ret
BRA
Ret
AUS
14
111
1997 125cc Italia Aprilia MAL
1
JPN
Ret
SPA
1
ITA
1
AUT
2
FRA
1
NED
1
IMO
1
GER
1
BRA
1
GBR
1
CZE
3
CAT
1
INA
1
AUS
6
321
1998 250cc Italia Aprilia JPN
Ret
MAL
RET
SPA
2
ITA
2
FRA
2
MAD
Ret
NED
1
GBR
Ret
GER
3
CZE
Ret
IMO
1
CAT
1
AUS
1
ARG
1
201
1999 250cc Italia Aprilia MAL
5
JPN
7
SPA
1
FRA
Ret
ITA
1
CAT
1
NED
2
GBR
1
GER
1
CZE
1
IMO
2
VAL
8
AUS
1
RSA
1
BRA
1
ARG
3
309
2000 500cc Honda RSA
Ret
MAL
Ret
JPN
11
SPA
3
FRA
3
ITA
12
CAT
3
NED
6
GBR
1
GER
2
CZE
2
POR
3
VAL
RET
BRA
1
PAC
2
AUS
3
209
2001 500cc Honda JPN
1
RSA
1
SPA
1
FRA
3
ITA
Ret
CAT
1
NED
2
GBR
1
GER
7
CZE
1
POR
1
VAL
11
PAC
1
AUS
1
MAL
1
BRA
1
323
2002 MotoGP Honda JPN
1
RSA
2
SPA
1
FRA
1
ITA
1
CAT
1
NED
1
GBR
1
GER
1
CZE
RET
POR
1
BRA
1
PAC
2
MAL
2
AUS
1
VAL
2
355
2003 MotoGP Honda JPN
1
RSA
2
SPA
1
FRA
2
ITA
1
CAT
2
NED
3
GBR
3
GER
2
CZE
1
POR
1
BRA
1
PAC
2
MAL
1
AUS
1
VAL
1
357
2004 MotoGP Yamaha RSA
1
SPA
4
FRA
4
ITA
1
CAT
1
NED
1
BRA
Ret
GER
4
GBR
1
CZE
2
POR
1
JPN
2
QAT
RET
MAL
1
AUS
1
VAL
1
304
2005 MotoGP Yamaha SPA
1
POR
2
CHN
1
FRA
1
ITA
1
CAT
1
NED
1
USA
3
GBR
1
GER
1
CZE
1
JPN
RET
MAL
2
QAT
1
AUS
1
TUR
2
VAL
3
367
2006 MotoGP Yamaha SPA
14
QAT
1
TUR
4
CHN
Ret
FRA
RET
ITA
1
CAT
1
NED
8
GBR
2
GER
1
USA
RET
CZE
2
MAL
1
AUS
3
JPN
2
POR
2
VAL
13
247
2007 MotoGP Yamaha QAT
2
SPA
1
TUR
10
CHN
2
FRA
6
ITA
1
CAT
2
GBR
4
NED
1
GER
Ret
USA
4
CZE
7
RSM
Ret
POR
1
JPN
13
AUS
3
MAL
5
VAL
Ret
241
2008 MotoGP Yamaha QAT
5
SPA
2
POR
3
CHN
1
FRA
1
ITA
1
CAT
2
GBR
2
NED
11
GER
2
USA
1
CZE
1
RSM
1
IND
1
JPN
1
AUS
2
MAL
1
VAL
3
373
2009 MotoGP Yamaha QAT
2
JPN
2
SPA
1
FRA
16
ITA
3
CAT
1
NED
1
USA
2
GER
1
GBR
5
CZE
1
IND
Ret
SMR
1
POR
4
AUS
2
MAL
3
VAL
2
306
2010 MotoGP Yamaha QAT
1
SPA
3
FRA
2
ITA
DNP
GBR
DNP
NED
DNP
CAT
DNP
GER
4
USA
3
CZE
5
IND
4
SMR
3
ARA
6
JPN
3
MAL
1
AUS
3
POR
2
VAL
3
233
2011 MotoGP Italia Ducati QAT
7
SPA
5
POR
5
FRA
3
CAT
5
GBR
6
NED
4
ITA
6
GER
9
USA
6
CZE
6
IND
10
SMR
7
ARA
10
JPN
Ret
AUS
Ret
MAL
C
VAL
Ret
139
2012 Moto GP Italia Ducati QAT
10
ESP
9
POR
7
FRA
2
CAT
7
GBR
9
HOL
13
ALE
6
ITA
5
USA
Ret
IND
7
CZE
7
SMR
2
ARA
8
JPN
7
MAL
5
AUS
7
VAL
10
136
  1. "Resultados del Gran Prmio de la República Checa, 1996". MotoGP.com (en español). Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2012. Consultado o 18 de decembro de 2012. 
  2. "Resultados del campeonato del mundo de 250 c.c. en 1998". MotoGP.com (en español). Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2013. Consultado o 18 de decembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]