VTB United League
Tipo | liga deportiva |
---|---|
Deporte | baloncesto |
Organizador | Russian Basketball Federation (en) |
Liga superior | Euroleague Basketball |
Liga inferior | Superliga de baloncesto de Rusia e Premier League (pt) |
Número de participantes | 10 |
Localización e Datas | |
País | Rusia, Belarús e Casaquistán |
Vixencia | 2009 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | vtb-league.com… |
A VTB United League (en ruso: Единая Лига ВТБ) é unha liga de baloncesto profesional internacional fundada no ano 2008. Desde a temporada 2013–14 a VTB United League é a máxima categoría do baloncesto profesional ruso, sendo considerada a competición doméstica rusa. De feito, o campión da VTB é nomeado campión de Rusia. O obxectivo da liga é unir aos principais equipos do Norte e da Europa Oriental e Norte de Europa nun só torneo. A liga está patrocinada polo Banco VTB. O lema da liga é "Unha Liga. Unha lingua. A lingua do baloncesto" (en ruso: Одна лига. Один язык. Язык баскетбола).
Formato
[editar | editar a fonte]Na temporada inaugural 2009–10 a liga contaba con equipos de Estonia, Letonia, Lituania, Rusia e Ucraína, uníndose ao seguinte ano equipos procedentes de Belarús, Finlandia e Polonia. Na temporada 2011–12 o total de equipo ascendía a 18, sendo incluídos equipos da República Checa e Casaquistán.[1] Ao ano seguinte o número de equipos aumenta de novo, chegando a 20. Porén, na temporada 2014–15, o número viuse reducido a 16 tras o abandono dos equipos de Lituania e Ucraína.
Historia
[editar | editar a fonte]O primeiro paso na creación da liga foi unha competición chamada VTB United League Promo-Cup disputada en Moscova en decembro de 2008. A final desta competición foi xogada o 22 de decembro, sendo gañada polo CSKA Moscova ao derrotar ao Khimki por 70-66. O BC Kyiv finalizou na terceira posición.[2]
En maio de 2012 xuntáronse todos os clubs da Professional'naya basketbol'naya liga, máxima categoría do baloncesto ruso, para decidir que formato se utilizaría para a seguinte temporada. Na xuntanza algúns clubs propuxeron a posibilidade de fusionar a súa liga coa VTB United League para aumentar a competencia entre os equipos rusos, suxerindo que a nova liga se chamase "Eastern European Professional Basketball League" (do inglés: Liga Profesional de Baloncesto de Europa do Leste).[3] En xullo de 2012 o consello da VTB United League anunciou a súa decisión: a PBL continuaría un ano máis e despois a VTBUL pasaría ser a máxima categoría do baloncesto ruso. De facto, a liga foi recoñecida pola FIBA Europa en setembro de 2013 e pola FIBA Mundial en outubro de 2014. Esta dupla aprovación foi precisa debido a que na VTB United League eventualmente compiten equipos de FIBA Asia.
Clubs
[editar | editar a fonte]Os seguintes son os equipos participantes na temporada 2021–22 da VTB United League. Os dez equipos pertencen a tres países distintos, incluíndo oito de Rusia, un de Belarús, un de Casaquistán.
Equipo | Cidade | País | Pavillón | Capacidade |
---|---|---|---|---|
Astana | Astana | Casaquistán | Arena Velotrack | 9.270 |
Avtodor Saratov | Saratov | Rusia | DS Kristall | 5.500 |
CSKA Moscova | Moscova | Rusia | Megasport Arena | 13.344 |
Enisey | Krasnoyarsk | Rusia | Arena Sever | 4.000 |
Lokomotiv Kuban | Krasnodar | Rusia | Basket-Hall | 7.500 |
Nizhny Novgorod | Nizhny Novgorod | Rusia | Trade Union Sport Palace | 5.500 |
Parma | Perm | Rusia | UDS Molot | 7.000 |
Tsmoki Minsk | Minsk | Belarús | Minsk-Arena | 15.086 |
UNICS | Kazán | Rusia | Basket-Hall | 7.482 |
Zenit | Sqn Petersburgo | Rusia | Sibur Arena | 6.381 |
Finais
[editar | editar a fonte]VTB United League Promo-Cup |
Temporada | Sede da final | Final | Terceiro e cuarto posto | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Ouro | Marcador | Prata | Bronce | Marcador | Cuarto | ||
2008 | (USK CSKA, Moscova)† |
CSKA Moscova |
70–66 | Khimki |
Kyiv |
86–73 | Dinamo Moscova |
2009–10 | (Sports Hall, Kaunas) |
CSKA Moscova |
66–55 | UNICS |
Žalgiris |
78–72 | Khimki |
2010–11 | (Basket Hall, Kazán) |
Khimki |
66–64 | CSKA Moscova |
UNICS |
95–75 | Azovmash |
2011–12 | (Siemens Arena, Vilnius) |
CSKA Moscova |
74–62 | UNICS |
Lietuvos rytas |
91–83 | Lokomotiv-Kuban |
2012–13 | Partido de ida e volta | CSKA Moscova |
3–1 Serie |
Lokomotiv-Kuban |
Žalgiris |
Non se xogou | Khimki |
2013–14 | Partido de ida e volta | CSKA Moscova |
3–0 Serie |
Nizhny Novgorod |
UNICS |
Non se xogou | Lietuvos rytas |
2014–15 | Partido de ida e volta | CSKA Moscova |
3–0 Serie |
Khimki |
Lokomotiv-Kuban |
Non se xogou | Nizhny Novgorod |
2015–16 | Partido de ida e volta | CSKA Moscova |
3–1 Serie |
UNICS |
Zenit |
Non se xogou | Khimki |
2016–17 | Partido de ida e volta | CSKA Moscova |
3–0 Serie |
Khimki |
Zenit |
Non se xogou | Lokomotiv Kuban |
2017–18 | (VTB Ice Palace, Moscova) |
CSKA Moscova |
95–84 | Khimki |
Zenit |
93–79 | UNICS |
2018–19 | Partido de ida e volta | CSKA Moscova |
3–0 Serie |
Khimki |
UNICS |
Non se xogou | Zenit |
2019–20 | Cancelada debido á Pandemia por coronavirus de 2019-2020 | ||||||
2020–21 | Partido de ida e volta | CSKA Moscova |
3–0 Serie |
UNICS |
Lokomotiv Kuban |
Non se xogou | Zenit |
- † Todo o torneo de 2008 tivo a súa sede en Moscova, incluíndo a Final Four.
Títulos por equipo
[editar | editar a fonte]Club | Cidade | Títulos | Anos |
---|---|---|---|
CSKA Moscova | Moscova | 2008, 2010, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2021 | |
BC Khimki | Khimki | 2011 |
Galardóns
[editar | editar a fonte]MVP
[editar | editar a fonte]Temporada | Xogador | Pos. | Nacionalidade | Equipo |
---|---|---|---|---|
2009–10 | Victor Khryapa | AP | Rusia | CSKA Moscova |
2010–11 | Ramel Curry | B | Estados Unidos | Azovmash |
2011–12 | Andrei Kirilenko | AP | Rusia | CSKA Moscova |
2012–13 | E.J. Rowland | B | Bulgaria | VEF Rīga |
2013–14 | Andrew Goudelock | E | Estados Unidos | UNICS Kazan |
2014–15 | Nando De Colo | E | Francia | CSKA Moscova |
2015–16 | Nando De Colo (2) | E | Francia | CSKA Moscova |
2016–17 | Alexey Shved | E | Rusia | Khimki |
2017–18 | Nando De Colo (3) | E | Francia | CSKA Moscova |
2018–19 | Alexey Shved (2) | E | Rusia | Khimki |
2019–20 | Tempada cancelada debido á Pandemia por coronavirus de 2019-2020. | |||
2020–21 | Mantas Kalnietis | B | Lituania | Lokomotiv Kuban |
MVP dos Playoffs
[editar | editar a fonte]Temporada | Xogador | Pos. | Nacionalidade | Equipo |
---|---|---|---|---|
2008–09 | Ramūnas Šiškauskas | E | Lituania | CSKA Moscova |
2009–10 | J.R. Holden | B | Rusia | CSKA Moscova |
2010–11 | Vitaly Fridzon | E | Rusia | Khimki |
2011–12 | Andrei Kirilenko | AP | Rusia | CSKA Moscova |
2012–13 | Victor Khryapa | AP | Rusia | CSKA Moscova |
2013–14 | Miloš Teodosić | B | Serbia | CSKA Moscova |
2014–15 | Andrey Vorontsevich | AP | Rusia | CSKA Moscova |
2015–16 | Miloš Teodosić (2) | B | Serbia | CSKA Moscova |
2016–17 | Nando de Colo | E | Francia | CSKA Moscova |
2017–18 | Sergio Rodríguez | B | España | CSKA Moscova |
2018–19 | Nikita Kurbanov | A / AP | Rusia | CSKA Moscova |
2019–20 | Tempada cancelada debido á Pandemia por coronavirus de 2019-2020. | |||
2020–21 | Daniel Hackett | B / E | Italia | CSKA Moscova |
Todos os participantes
[editar | editar a fonte]Na seguinte liga aparecen tódolos equipos que teñen participado na VTB United League dende a súa formación no ano 2008.
Equipo | 2008 (8) | 2009–10 (8) | 2010–11 (12) | 2011–12 (18) | 2012–13 (20) | 2013–14 (20) | 2014–15 (16) |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Tsmoki-Minsk | FG | FG | FG | FG | 15º | ||
Astana | FG | 1/8 | 1/8 | 8º | |||
Kalev/Cramo | FG | FG | FG | FG | FG | 9º | |
Bisons Loimaa | 13º | ||||||
Espoon Honka | FG | ||||||
Torpan Pojat | RC | ||||||
ASK Rīga | 7º | ||||||
VEF Rīga | FG | FG | FG | 1/4 | FG | 10º | |
Lietuvos rytas | FG | 3º | FG | 1/2 | |||
Neptūnas | FG | FG | |||||
Šiauliai | RC | ||||||
Žalgiris | 5º | 3º | FG | 1/8 | 1/2 | ||
Anwil | RC | ||||||
Prokom | 8º | FG | FG | ||||
Turów | FG | FG | |||||
Nymburk | FG | FG | FG | 14º | |||
Avtodor | 7º | ||||||
CSKA | 1º | 1º | 2º | 1º | 1º | 1º | 1º |
Dynamo | 4º | ||||||
Enisey | FG | FG | 1/8 | 11º | |||
Khimki | 2º | 4º | 1º | 1/4 | 1/2 | 1/4 | 2º |
Krasny Oktyabr | 1/8 | 12º | |||||
Krasnye Krylia | FG | 1/4 | 1/4 | 16º | |||
Lokomotiv Kuban | 4º | 2º | 1/4 | 3º | |||
Nizhny Novgorod | 1/8 | 1/4 | 2º | 4º | |||
Spartak | 1/4 | 1/8 | 1/8 | ||||
Triumph | 1/8 | 1/4 | |||||
UNICS | 2º | 3º | 2º | 1/4 | 1/2 | 6º | |
Zenit | 5º | ||||||
Azovmash | 6º | FG | 4º | FG | FG | FG | |
Budivelnik | FG | ||||||
Dnipro | FG | RC | |||||
Donetsk | FG | 1/8 | FG | ||||
Kyiv | 3º |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "New clubs in the VTB United League". VTB United League (en inglés). 28 de marzo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 4 de setembro de 2015.
- ↑ "Promo-Cup: CSKA Win". Sport Express. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2011. Consultado o 14 de outubro de 2015.
- ↑ "20 clubs will play in VTB United League championship in seasone-2012/13". VTB League (en inglés). 20 de maio de 2010. Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2012. Consultado o 13 de outubro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |