VJ
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. Vexa na páxina de discusión que aspectos son os que precisan revisión. (Desde decembro de 2016.) |
Denomínase videojockey ou VJ ao creador que xera sesións visuais mesturando en directo vídeo con música ou outro tipo de acción. Por extensión, o acto denomínase "veejing" ou "veejaying".
A súa orixe remóntase aos clubs de baile da década de 1980, nos que o videojockey mesturaba os seus loops de vídeo (vídeos en bucle) ao ritmo da música que daba o DJ. Nos seus inicios, a forma de facelo era mediante a utilización de reprodutores de VHS, mesas de edición broadcast e grandes proxectores de vídeo. Coa aparición e xeneralización da informática portátil, este movemento transformouse e estendeuse debido ao abaratamento e redución de tamaño dos elementos necesarios, empregándose ordenadores portátiles, cámaras dixitais e pequenos proxectores de vídeo.
Actualmente[cando?] traspasou o seu marco nativo, puramente lúdico e underground, e o campo de actuación dun VJ non se limita só a clubs, estendéndose a concertos, publicidade, eventos públicos, presentacións, televisión etc.
Metodoloxía
[editar | editar a fonte]O proceso creativo do VJ comeza coa produción do material de vídeo que logo se ha proxectar. A mesma produción de vídeo é un campo moi aberto, no que se incorporan novas técnicas cada pouco tempo, aínda que podemos definir dous grandes métodos de produción de vídeo:
- Síntese de vídeo dixital.
Entendemos síntese visual aquel método que comeza coa creación de vídeo desde cero mediante software, como por exemplo, animacións.
- Gravación de vídeo dixital.
O método de gravación consiste na rodaxe de planos que posteriormente se recortan e procesan mediante filtros para obter loops de vídeo.
- Edición dixital
Procesado do material rodado ou sampleado que se caracteriza por crear un loop de vídeo cun ritmo por repetición. No proceso adóitase postproducir o material alterando cores, niveis de luz etc, a fin de conseguir unha maior expresividade.
Equipo
[editar | editar a fonte]Hardware
Como artista, ao igual que un pintor ou escultor, un VJ utiliza diferentes ferramentas para crear unha sesión visual, sendo o equipamento:
- Fontes de vídeo
- Ordenadores portátiles dotados de programas especializados e desde os que se lanzan as composicións de vídeo.
- Cámaras de vídeo dixital coas que incluír o que ocorre en directo con composicións de vídeo vía mesa de mesturas.
- Reprodutores de DVD.
- Dispositivos de control
- Dispositivos MIDI utilizados para controlar de forma máis directa o software, sexan os efectos que se aplican aos vídeos, variar a velocidade de reprodución, disparar loops etcétera.
- Mesa de mesturas (VideoMixer) de vídeo para poder mixturar os vídeos disparados por máis dunha fonte.
Paralelamente, a infraestrutura mínima necesaria para expoñer este tipo de arte consta de pantallas de vídeo e proxectores de vídeo ou pantallas de plasma, de LEDs...
Software
O software utilizado polos VJs difire en función da plataforma informática que se empregue, aínda que a un nivel funcional todos ofrecen as mesmas capacidades básicas. Estas son: selección de loops de vídeo, creación de "patterns" (grupos de loops), control de velocidade e transparencia, a aplicación de efectos de vídeo, así como a capacidade de mestura multicapa (mesturar varios loops simultaneamente desde o ordenador).
Coa aparición de programas como Resolume (para plataforma Windows), Modul8 (para MacOSX) e MotionDive (para ambas plataformas), a cultura VJ experimentou un grande avance ao dotarse dunha ferramenta deseñada ex profeso para este tipo de arte, sendo o iniciador de todos estes Arkaos, que creou NuVj como controlador.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: VJ |
- - Comunidad de vj´s de argentina - YoVj
- - Comunidad de vj´s en España - VjSpain Arquivado 09 de novembro de 2011 en Wayback Machine.
- Cultura VJ