Saltar ao contido

Twitch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Twitch
Logo
Tipovideo game distribution platform, servizo de retransmisión de vídeo, páxina web, plataforma com conteúdo gerado pelo utilizador e live streaming service
Área de operaciónCorea do Sur
Data de fundación6 de xuño de 2011
Fundador(es)Emmett Shear, Kyle Vogt, Michael Seibel e Justin Kan
Eventos/ActividadesTwitch.tv 2015 data breach, Twitch Plays Pokémon e 2021 Twitch data leak
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://www.twitch.tv/
Facebook: Twitch Twitter: TwitchSupport Instagram: twitch Twitch: Twitch Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Twitch é un servizo de streaming estadounidense que permite realizar retransmisións en directo, especialmente de videoxogos, incluíndo os directos dos deportes electrónicos, ademais de música, contido creativo, debates e directos da vida dos influencers. Twitch é operado por Twith Interactive propiedade de Amazon sendo rival directo de YouTube.

A súa orixe vén do ano 2007 cando Justin Kan[1] e Emmet Shear fundaron Justin.tv. A categoría de videoxogos desta páxina creceu especialmente rápido e converteuse no contido máis popular do sitio. O 6 de xuño de 2011, Justin.tv lanza Twitch.tv como un subproduto beta enfocado aos deportes electrónicos. O nome inspirouse no termo "twitch gameplay", expresión en inglés para a xogabilidade por reflexos ou de 'contracción') que se usa para referirse ao tempo de reacción dos xogadores.[2]

Compra por Amazon

[editar | editar a fonte]

O 25 de agosto do 2014 anunciouse que Amazon.com comprou Twitch Interactive por $970 millóns[3]. As fontes informaron de que o trato con Google fracasou debido a probable infracción o Dereito da competencia grazas a súa actual propiedade, YouTube.[4]

Twitch deseñouse como unha plataforma para dar cobertura os deportes electrónicos en tempo real. Isto inclúe aos torneos de esports, streams persoais de xogadores individuais e shows que falan de contigo principalmente relacionado cos videoxogos. Actualmente son moitos e moi diversos os tipos de contidos que se realizan na plataforma.

  1. Administrator (2019-02-06). "E900: Justin Kan, co-founder of Justin.tv, Twitch.tv & Atrium, shares lessons pioneering live-stream video, early days at YC, learning from failure, selling as a superpower, strengthening core & building startups from the joy of exploration". This Week In Startups (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-03. 
  2. Inc, InfoWorld Media Group (1981-04-13). InfoWorld (en inglés). InfoWorld Media Group, Inc. 
  3. País, El (2014-08-26). "Amazon compra la web de videojuegos Twitch por 735 millones de euros". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-07-03. 
  4. CD, Alex (2014-08-26). "¿Por qué Amazon ha comprado Twitch y no Google?". Vidaextra (en castelán). Consultado o 2020-07-03. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]