Saltar ao contido

Triunvirato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un triunvirato,[1] en latín triumvirātus, ou triarquía é unha forma de goberno dirixida por tres individuos, coñecidos como triúnviros, en latín triumviri. O nome xurdiu na Roma antiga no século I a. C., durante a República Romana cando este tipo de goberno foi usado para formar alianzas e conseguir control político.

O termo comezou a usarse para describir as alianzas entre Caio Xulio César, Cneo Pompeio Magno e Marco Licinio Craso (Primeiro Triunvirato, 60 - 53 a. C.) e entre Marco Antonio, Marco Emilio Lépido e Octavio Augusto (Segundo Triunvirato, 43 - 38 a. C.).

  1. "triunvirato". academia.gal. Consultado o 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]