Vitamina B1
A vitamina B1, tamén coñecida como tiamina [1], é unha substancia que actúa como coenzima no metabolismo dos hidratos de carbono, permitindo metabolizar o ácido pirúvico. Ademais participa na síntese de substancias que regulan o sistema nervioso. A súa forma activa é o pirofosfato de tiamina (TPP).
A súa absorción no intestino realízase facilmente, polo que a súa falta na dieta causa problemas metabólicos, en particular a nivel do metabolismo dos carbohidratos, poucos días despois.
A carencia de vitamina B1 produce unha enfermidade con sintomatoloxía nerviosa denominada beriberi.
A vitamina B1 ou tiamina atópase na carne de vacún ou de porco, noces, garavanzos, millo, ovos, figos secos, fígado, avea, chícharos, cacahuetes, pataca, arroz integral, fabas de soia, trigo e fariña branca enriquecida.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Así como aneurina ou vitamina antiberibérica.