Saltar ao contido

Thierry Sarmant

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaThierry Sarmant

Thierry Sarmant en 2018.

Biografía
Nacemento9 de outubro de 1969
París.
País de nacionalidadeFrancia Francés.
EducaciónUniversidade Paris- 1 Panthéon-Sorbonne.
École nationale des chartes.
Tese académicaLa république des médailles: numismates et collections numismatiques à Paris du XVIIe au XIXe siècle (1999).
Director de teseDaniel Roche (1999).
Actividade
Campo de traballoHistoriografía, numismática, arquivística e museoloxía.
Ocupaciónarquiveiro, numismático, historiador, conservador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorServizo Histórico da Defensa (Francia).
Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia.
Premios
2015: Premio Pierre Lafue.
2017: Gran Comendador das Artes e das Letras.

BNE: XX5558217


Thierry Sarmant, nado en París o 9 de outubro de 1969, é un arquiveiro, numismático, historiador e conservador de museo francés.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación

[editar | editar a fonte]

Thierry Sarmant cursou os seus estudos superiores na École nationale des chartes, en París, onde se graduou en 1993 e acadou o título de paleógrafo arquiveiro,[2] cunha tese acerca da historia do Gabinete de Moedas e Medallas da Biblioteca Nacional de Francia.[3][4]

Posteriormente proseguiu a súa formación académica e en 1999 acadou o seu doutoramento na Universidade de París 1 Panthéon-Sorbonne,[2] cunha tese sobre os coleccionistas numismáticos durante o Antigo Réxime.[5]

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

Xa a partir de 1994, despois da súa licenciatura e na súa condición de conservador do patrimonio no Servizo Histórico da Defensa,[2][4] contribuíu á modernización do seu departamento, publicou numerosos inventarios de arquivos e emprendeu investigacións para lles achegar valor ás coleccións das que era responsable. Interesouse especialmente na figura do estadista francés Louvois, a quen lle dedicou varios estudos, e en 2009 presentou o seu traballo de habilitación para dirixir unha investigación sobre as prácticas de goberno baixo Luís XIV.[6]

Entre 2006 e 2009, Sarmant ocupou o posto de director adxunto do Departamento de Moedas, Medallas e Antigüidades da Biblioteca Nacional de Francia.[1] En 2010 pasou ao Museo Carnavalet, como xefe das coleccións de moedas e medallas, e posteriormente como director adxunto do museo.[2]

En 2016 reingresou no Servizo Histórico da Defensa, nesta ocasión como xefe do departamento de coleccións de arquivos, e posteriormente como xefe do Centro Histórico de Arquivos.[2][4]

En 2018 pasou a ser director de coleccións no Mobilier national, do Ministerio de Cultura, e en 2023 incorporouse aos Arquivos Nacionais de Francia como conservador xeral do patrimonio.[2]

De 2011 a 2018, dirixiu a colección Portraits historiques, publicada pola editorial Belin, e tamén formou parte do consello de redacción da revista Historia.[4]

No ámbito da divulgación na televisión, o 1 de setembro de 2015 Sarmant participou no programa Secrets d'Histoire dedicado a Luís XIV, titulado Louis XIV, le roi est mort, vive le roi! ("Luís XIV, o rei morreu, viva o rei!").[7] Novamente, o 10 de agosto de 2017 participou nun episodio do mesmo programa centrado na figura de Filipe de Orleáns, titulado Le Régent, un libertin sur le trône de France ("O Rexente, un libertino no trono de Francia"). Este programa foi emitido pola canle France 2.[8]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos traballos monográficos publicados por Thierry Sarmant ao longo da súa traxectoria:[2]

  • (1994). Le Cabinet des médailles de la Bibliothèque nationale (1661-1848). École des chartes, París. ISBN 978-2900791097
  • (2000). La Roumanie dans la Grande guerre et l'effondrement de l'armée russe (con J-N. Grandhomme e M.l Roucaud). L'Harmattan, París. ISBN 978-2747501545
  • (2002). Pouvoir politique et autorité militaire en Algérie française. Hommes, textes, institutions (1945-1962) (con M. Hardy e H. Lemoine) L'Harmattan, París. ISBN 978-2111288102
  • (2003). Les demeures du Soleil. Louis XIV, Louvois et la surintendance des bâtiments du roi. Champ Vallon, Seyssel. ISBN 2-87673-381-1
  • (2003). La République des médailles. Numismates et collections numismatiques à Paris du Grand siècle au siècle des Lumières. H. Champion, París. ISBN 2-7453-0695-2
  • (2006). Vauban: l'intelligence du territoire (con M. Barros e N. Salat). Nicolas Chaudun, París. ISBN 2-35039-028-4
  • (2006). L'Île-aux-Moines au plaisir de la mer (con F. de Beaulieu). Keltia graphic, Spézet. ISBN 2-35313-000-3
  • (2007). Les Ministres de la Guerre (1570-1792). Histoire et dictionnaire biographique. Belin, París. ISBN 978-2-7011-4505-1
  • (2007). Politique, guerre et fortification au Grand Siècle. Lettres de Louvois à Louis XIV (con N. Salat). Société de l'histoire de France, París. ISBN 978-2354071042
  • (2010). Régner et gouverner : Louis XIV et ses ministres (con M. Stoll). Perrin, París. ISBN 978-2-262-02560-1
  • (2011). Le Grand siècle en mémoires. Perrin, París. ISBN 978-2-262-03332-3
  • (2011). Le musée idéal de l'histoire de France. Nouveau Monde, París. ISBN 978-2-84736-633-4
  • (2012). Louis XIV homme et roi. Tallandier, París. ISBN 978-2847347227
  • (2013). Louis XIV et Paris. Collections du musée Carnavalet (con J-F. Hebert). Paris-Musées. 2013.
  • (2013). Fontainebleau : mille ans d'histoire de France. Tallandier, París. ISBN 979-10-210-0099-5
  • (2014). Louis XIV : l'univers du Roi-Soleil (con A. Maral). Tallandier, París. ISBN 979-10-210-0637-9
  • (2015). 1715 : la France et le monde. Perrin, París. ISBN 978-2-262-03331-6
  • (2015). Napoléon et Paris, rêves d'une capitale (con F. Meunier et al.). Musée Carnavalet, París. ISBN 978-2-7596-0292-6
  • (2017). Pierre le Grand. Un tsar en France 1717 (con G. Firmin et al.). Trianon, París. ISBN 9782359062014
  • (2018). Vincennes : mille ans d'histoire de France. Tallandier, París. ISBN 979-10-210-2157-0
  • (2019). Créer pour Louis XIV : Colbert, Le Brun et les manufactures de la Couronne. Mobilier national-Silvana Edit., París. ISBN 978-8836642861
  • (2019). Histoire mondiale des cours (con V. Battaggion). Perrin, París. ISBN 978-2262072865
  • (2019). Le grand Colbert (con M. Stoll). Tallandier, París. ISBN 979-1021025806
  • (2020). Pierre le Grand : la Russie et le monde (con J-P. Sarmant). Perrin, París. ISBN 978-2262048143
  • (2020). L'Hôtel de Bourrienne. Aventures entrepreneuriales. Tallandier, París. ISBN 979-1021039575
  • (2020). Laques : regards croisés (con I. Emmerique et al). Mobilier national, Villemur-sur-Tarn. ISBN 978-2862667836
  • (2020). Les métiers d'art du Mobilier national (con M-H. Massé-Bersani). Gallimard, París. ISBN 9782072902987
  • (2021). Palais disparus de Napoléon. Tuileries, Meudon, Saint-Cloud . Mobilier national París. ISBN 978-2382030387
  • (2022). Catherine II de Russie ou le sexe du pouvoir (Con J-P. Sarmant). Calype, París. ISBN 978-2494178038
  • (2023). Le Régent. Un prince pour les Lumières. Perrin/BnF, París. ISBN 978-2262096090
  • (2024). L'Envers du Grand Siècle. Madame Palatine, le défi au Roi-Soleil. Flammarion, París. ISBN 9782080270047
  1. 1,0 1,1 "Sarmant, Thierry (1969-....)". Catalogue.bnf.fr
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "Sarmant, Thierry (1969-....)". Identifiants er Référentiels (IdRef.fr).
  3. "École des chartes: thèses". Theses.enc.sorbonne.fr
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Thierry Sarmant". École nationale des chartes (Chartes.psl.eu).
  5. "La république des médailles : numismates et collections numismatiques à Paris du XVIIe au XIXe siècle / Thierry Sarmant ; sous la direction de Daniel roche". Sudoc.abes.fr
  6. "Soutenances de thèses universitaires et d'habilitations". Société de lécole des chartes (Enc.sorbonne.fr).
  7. "Louis XIV : le roi est mort, vive le roi !". Catalogue.ina.fr
  8. "Le régent, un libertin sur le trône de France". Catalogue.ina.fr
  9. "Le Prix Pierre Lafue: Les lauréats". Fondationpierrelafue.org
  10. Véxase "(2015)" en "Publicacións".
  11. "Nomination dans l'ordre des Arts et des Lettres hiver 2017". Culture.gouv.fr