Termos relacionados co BitTorrent
Isto é un glosario dalgúns termos da xerga relacionada con compartir ficheiros entre parceiros vía o protocolo BitTorrent.
Termos
[editar | editar a fonte]Afogado
[editar | editar a fonte]Parceiro ao cal o cliente négase a enviarlle partes do ficheiro. Un cliente pode afogar a outro cliente por varios motivos:
- O segundo cliente é unha semente, e, polo tanto, non precisa de anacos (p.ex., non está interesado)
- O cliente xa acadou o seu límite de envío (dependendo do valor da variable
max_uploads
) - O segundo cliente está nunha lista negra, por abuso ou por utilizar un cliente BitTorrent que estea nunha lista negra.
Anaco
[editar | editar a fonte]Partes nas que se subdividen os ficheiros compartidos polo torrent, cada unha do mesmo tamaño (p.ex., 64kB, 128kB, 512kB, 1MB, 2MB, 4MB ou 8MB). As pezas distribúense de forma aleatoria entre os parceiros, para optimizar as conexións ao compartir.
Cliente
[editar | editar a fonte]Programa que permite compartir ficheiros entre parceiros mediante o protocolo BitTorrent. Para máis información consulte Anexo:Comparativa de clientes BitTorrent.
Collido
[editar | editar a fonte]Un torrent cóllese cando os datos dos seus ficheiros de dato rematan de descargarse.
Descargador
[editar | editar a fonte]Un descargador («downloader» en inglés) é un parceiro que está a descargar os anacos do ficheiro que precisa. Este termo, usado no cliente creado por Bram Cohen en Python, non ten as connotacións negativas que poida ter sambesuga. Bram prefire usar descargador, no canto de sambesuga, por que un cliente que estea a descargar tamén comparte os anacos que xa ten descargados, e, polo tanto, non é en realidade unha sambesuga.
Dispoñibilidade
[editar | editar a fonte]Número de copias completas, dun ou varios ficheiros, directamente dispoñíbel ao cliente. Cada semente engádelle 1.0 a este número, ao teren un copia completa do ficheiro. Un parceiro que teña unha fracción do total engadirá o valor desa fracción á dispoñibilidade. Por exemplo: un parceiro cun 65.3% do ficheiro aumentará a dispoñibilidade en 0,653. Con todo, se dous parceiros teñen a mesma porción do ficheiro descargado (p.ex. o 50%) e só hai unha semente, a dispoñibilidade será de 1,5. Ás veces, considérase que a dispoñibilidade das copias parciais é de -1, ao só contar as «copias» completas do ficheiro. Por exemplo, cunha dispoñibilidade de 1,6, as copias distribuídas terán unha dispoñibilidade de 0,6.
Enxame
[editar | editar a fonte]Conxunto de todos os parceiros (incluíndo sementes) que comparten un torrent.[1] Por exemplo, seis parceiros normal e dúas sementes fan un enxame de oito. O nome de enxame («swarm» en inglés) provén do predecesor de BitTorrent, un programa chamado Swarmcast creado pola compañía OpenCola.
BitTorrent pode mostrar un número de enxame que non teña relación co número de sementes e parceiros conectado e dispoñíbel. Por exemplo, pode mostrar 5 de 10 parceiros conectados, 20 de 100 sementes conectadas, e un enxame de 3.
Freeleech
[editar | editar a fonte]Isto significa que, cara a taxa global, só conta a cantidade de datos enviados, non o tamaño total do torrent. O nome ven de que as samesugas poden parasitar libremente, sen medo a ser descubertas.
Hash
[editar | editar a fonte]Unha suma de comprobación, ou hash (do inglés «hashsum»), é un identificador dixital único, representado no ficheiro .torrent coma unha serie de caracteres alfanuméricos (normalmente en hexadecimal), que sirve para que o cliente verifique os datos transmitidos. Os ficheiros .torrent conteñen, entre outros, a lista de ficheiros cos seus tamaños e anacos. Tras recibir cada anaco o cliente comproba o hash do anaco co gardado no torrent. Se non coinciden, o anaco descártase e volvese a pedir. Comprobar as sumas reduce a posibilidade de que un anaco corrupto sexa, erroneamente, identificado coma válido polo cliente BitTorrent, pero poden sucederse colisións: nese caso, o hash dun anaco corrupto coincidiría co hash do anaco válido. Porén, os ficheiros torrent usan algoritmos de hash de 160 bits e que tentan evitar as colisións, polo que é case imposible que isto ocorra.
Hit-and-run
[editar | editar a fonte]Darse á fuga, abreviado coma HnR ou H&R polas siglas en inglés. Significa ser unha samesuga de forma intencionada: descargar un ficheiro mentres que se evita sementar todo o posíbel.
Índice
[editar | editar a fonte]Un índice é unha lista de ficheiros .torrent (normalmente incluíndo descricións e outra información dos torrent) xestionada por un sitio web e dispoñíbel para procuras. Unha páxina de índices tamén pode facer de localizador.
Inquirir
[editar | editar a fonte]Cando un cliente envíalle unha petición ao servidor localizador só para obter estadísticas sobre o torrent, como poden ser quen esta a pedir o ficheiro e canto están a compartir outros usuarios.
Interesado
[editar | editar a fonte]Descargador que desexa obter anacos dun ficheiro do cliente. Por exemplo, o cliente que envía pode marcar a un cliente que descarga como «interesado» se aquel cliente non posúe un certo anaco que precisa.
Localizador
[editar | editar a fonte]Coñecido en inglés coma «tracker». Servidor que rexistra que sementes e parceiros hai no enxame.[1] Cada cliente envía e recibe información sobre a que outros clientes se pode conectar. O localizador non intervén na transferencia de ficheiros e non almacena copias de ningún torrent, só recibe información dos clientes.
Lurker
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lurker.
Un usuario á espreita, ou «lurker» en inglés, é un usuario que só descarga ficheiros sen achegar contido novo. Isto non implica que non vaian a compartir o descargado. Non confundir coa sambesuga.
Ligazón magnet
[editar | editar a fonte]Mecanismo para identificar un conxunto de ficheiros por BitTorrent segundo o contido, e non segundo indicar un localizador determinado. É unha alternativa aos ficheiros .torrent. As ligazóns magnet tamén se usan fora do ámbito BitTorrent.
Modo terminal
[editar | editar a fonte]Calquera algoritmo aplicado para descargar os últimos anacos dun torrent. Normalmente os últimas anacos dos ficheiros son os meirande difíciles de obter. Isto é porque os anacos máis sinxelos de obter son os máis difundidos e os máis comúns. Para evitar que estes últimos anacos non resulten imposibles de descargar, os clientes BitTorrent tentarán descargar os últimos anacos de calquera parceiro que o posúa. Tras recibir as últimas pezas enviaráselle unha orde de cancelar ao resto de parceiros.
Obter
[editar | editar a fonte]Obter un torrent é descargar os metadatos de todos os ficheiros.
P2P
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Peer-to-peer.
Rede entre parceiros ou entre pares, na que cada elemento da rede pode actuar, tanto coma servidor, coma cliente. Noutras palabras, cada computador pode pedir e servir datos.
Parceiro
[editar | editar a fonte]Un parceiro ou par, do inglés «peer»[2], é unha instancia dun cliente BitTorrent executándose nun computador con conexión a Internet ao cal outros clientes conectanse e intercambian datos. Dependendo do contexto, pódese referir a calquera cliente do enxame, ou especificamente a un descargador.
Puntuación por taxa
[editar | editar a fonte]Sistema de puntos usado por localizadores privados para incentivar que os seus membros compartan o que descargan e tentar eliminar os torrents sen sementes. Neste sistema aqueles usuarios cun meirande ancho de banda, capacidade de almacenamento (particularmente as caixas de sementes, ou «seedboxes») ou que poden deixar o ordenador conectado durante máis tempo presentan unha meirande vantaxe fronte aqueles membros menos privilexiados.
Sambesuga
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Leecher.
Unha sambesuga, coñecida en inglés coma «leecher», é un cliente que non conseguiu todos os anacos do ficheiro (e, polo tanto, está a parasitar ás sementes). Algúns clientes diferencian aos descargadores das samesugas, e definen as samesugas coma aqueles parceiros que afectan negativamente ao enxame, cunha taxa de compartición baixa e descargando moito máis do que comparten. Nalgúns casos isto ocorre por mor de teren unha conexión de Internet asimétrica, ou por non deixaren o cliente BitTorrent aberto para facer de sementes. Porén, algunhas samesugas modifican os seus clientes para que non compartan o que van descargando, ou limitan a súa velocidade de subida.
Saúde
[editar | editar a fonte]A saúde dun torrent indica que porcentaxe dos anacos do torrent se poden descargar. Adoita amosarse xunto ao nome e tamaño do torrent. A saúde non indican se o torrent está libre de virus.
Semente / sementar
[editar | editar a fonte]Máquina que posúe os ficheiros completos. Un parceiro convértese nunha semente ao rematar de descargar o torrent e comezar a compartir con outros descargadores. Tamén pode haber sementes web: servidores que permiten descargar os ficheiros do torrent de forma directa, mediante protocolos tradicionais. Sementar é a acción de deixar un cliente BitTorrent aberto e dispoñíbel para que outros parceiros poidan descargar o torrent. A etiqueta indica que cada parceiro debería compartir moito máis do que descarga. Porén, canto sementar depende moito das circunstancias de cada cliente.
Snubbing
[editar | editar a fonte]Un cliente que está enviando un ficheiro será desacreditado («snubbed» en inglés) se o cliente que está a descargar non recibiu algún dato do outro parceiro en 60 segundos.
Sobrecompartir
[editar | editar a fonte]Nos localizadores privados que puntúan por taxa de compartición, un torrent está sobrecompartido cando a dispoñibilidade é tan alta que as sementes non dan atopado descargadores.
Sobresementar
[editar | editar a fonte]Cando un ficheiro é novo, pódese perder bastante tempo porque a semente inicial está a enviar os mesmos anacos do principio do ficheiro a moitos parceiros diferentes, mentres os anacos finais ninguén os descargou. Algúns clientes, como Vuze, μTorrent, e qBittorrent ter un «modo supersementar», onde tentan enviar só pezas que nunca foron enviado antes, teoricamente facendo a propagación inicial do ficheiro moito máis rápido. Porén, co tempo este modo vólvese ineficiente, e pode ser máis lento ca o modo habitual de «os anacos máis raros primeiro», especialmente nos casos onde haxa parceiros con conexións lentas. Este modo é xeralmente utilizado só para torrentes novos, ou que se teñen que volver sementar porque non hai outras sementes dispoñíbeis.
Táboa Hash Distribuída
[editar | editar a fonte]As táboas hash distribuídas (DHT polas súas siglas en inglés) úsanse en BitTorrent para que os parceiros compartan entre eles listas das sementes e parceiros dun certo torrent.
Taxa de compartición
[editar | editar a fonte]Proporción entre o número de datos compartidos e descargados. Unha taxa superior a 1 é considerado positivo entre a comunidade BitTorrent, por que indica que se comparte o que se descarga. Así mesmo, unha taxa menor a 1 ten unha connotación negativa.
Torrent
[editar | editar a fonte]Torrent pódese referira a un ficheiro .torrent con metadatos, ou a todos os ficheiros que describen eses metadatos. Un ficheiro torrent contén metadatos sobre todos os ficheiros que permite descargar, e inclúe os nomes, tamaños e hashes de todos os anacos no torrent. Tamén contén o enderezo dun localizador para que coordine a comunicación entre os parceiros no enxame.[1]
Torrent falso
[editar | editar a fonte]Torrent enganoso que non inclúe os contidos que indica no nome ou descrición (p.ex., que conteña só un fotograma, no canto da película completa; ou que conteña algún virus).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "The BitTorrent Protocol Specification". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2014. Consultado o 14 de outubro de 2022.
- ↑ Glosario de termos fixados do Proxecto Trasno