Saltar ao contido

Tour de Francia 2016

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaTour de Francia 2016
Mapa de localización
Imaxe
TipoTour de Francia Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Parte deUCI World Tour 2016 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento3.529 km Editar o valor en Wikidata
Lugar de saídaLe Mont-Saint-Michel Editar o valor en Wikidata
Liña de metaParís Editar o valor en Wikidata
Número de participantes198, inicio
174, final Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísFrancia, España, Andorra e Suíza Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo2 de xullo de 2016 – 24 de xullo de 2016 Editar o valor en Wikidata
Número de edición103 Editar o valor en Wikidata
Competición

Gañador da clasificación xeral Christopher Froome
Segundo da clasificación xeral Romain Bardet
Terceiro da clasificación xeral Nairo Quintana
Gañador da clasificación por puntos Peter Sagan
Gañador da clasificación da montaña Rafał Majka
Vencedor da classificação dos jovens Adam Yates
Winner of the most combative rider Peter Sagan
Vencedora da classificação por equipas Movistar 2016
Editar o valor en Wikidata

2015 Editar o valor en Wikidata
Mapa dos países participantes.

O Tour de Francia 2015 foi a 103ª edición do Tour de Francia, a carreira ciclista máis importante do mundo. A edición deste ano disputouse entre os días 2 e 24 de xullo de 2016. O percorrido contou con 21 etapas e 2 días de descanso, das cales 9 eran de alta montaña, 2 de contra o reloxo (unha individual normal e unha cronoescalada), 1 de media montaña e outras 9 maioritariamente chás deseñadas para sprinters. Ademais, este trazado tamén se caracterizou por ter discorrido por 4 países. Estes son: España, Andorra e Suíza ademais de Francia.

O pistoletazo de saída do Tour deuse no Mont Saint-Michel, rexión da Normandía e finalizou, coma é habitual, co paseo arredor do circuíto polo centro de París e que ten a meta na Avenida dos Campos Elisios. Esta proba foi a décimo novena no circuíto UCI WorldTour 2016.

A carreira gañouna por terceira vez (segunda consecutiva) o inglés nado en Kenya Christopher Froome. O ciclista do Team Sky demostrou a súa superioridade en todos os terreos (ata correndo a pé) e venceu por unha gran diferenza, debido tamén á axuda que lle prestou o seu equipo, demostrando ser unha estrutura moi forte e case infranqueábel. Tralo inglés rematou o local Romain Bardet que atacou na antepenúltima etapa saltando da quinta posición á segunda. No terceiro lugar acabou o Colombiano Nairo Quintana que era un gran favorito para a vitoria final pero que decepcionou ao non ser o mellor nos Alpes.

Dentro das clasificacións secundarias, o eslovaco Peter Sagan logrou o seu quinto maillot verde consecutivo por unha grande diferenza, que se tornou en maior logo de que a revelación do vello sprinter Mark Cavendish con catro etapas, se retirara para preparar o ciclismo en pista dos Xogos Olímpicos de Río. Ademais, o eslovaco do Tinkoff tamén logrou o premio supercombativo. Na clasificación do mellor escalador, o polaco Rafał Majka conseguiu a súa segunda vitoria nesta clasificación, logo de vencer por unha ampla vantaxe de puntos ao igual que o seu compañeiro de equipo na clasificación dos puntos. Entre os xoves, o compatriota do maillot amarelo, Adam Yates venceu tras unha bonita pelexa co surafricano Louis Meintjes. O mellor equipo volveu ser por terceiro ano seguido o Movistar Team.

Equipos participantes

[editar | editar a fonte]

Na competición participaron 22 equipos diferentes, 18 da categoría UCI World Tour e 4 da categoría Profesional Continental invitados pola organzación (Cofidis, Solutions Crédits, Bora-Argon 18, Fortuneo-Vital Concept e Direct Énergie). En total tomaron a saída 198 ciclistas (9 participantes por equipo).

Equipo Cód.UCI Categoría Xefe de filas
Team Sky AST UCI World Tour Chris Froome
España Movistar Team MOV UCI World Tour Francia Nairo Quintana
Astana AST UCI World Tour Italia Fabio Aru
Tinkoff TNK UCI World Tour España Alberto Cntador
Francia Ag2r-La Mondiale ALM UCI World Tour Francia Romain Bardet
Países Baixos Team LottoNL-Jumbo TLJ UCI World Tour Países Baixos Wilco Kelderman
Trek-Segafredo TFS UCI World Tour Bauke Mollema
Suíza IAM Cycling IAM UCI World Tour Suíza Mathias Frank
Cannondale-Drapac CDT UCI World Tour Francia Pierre Rolland
BMC Racing Team KAT UCI World Tour Australia Richie Porte e Tejay van Garderen
Dimension Data DDD UCI World Tour Mark Cavendish
Países Baixos Team Giant-Alpecin TGA UCI World Tour Francia Warren Barguil
Francia FDJ FDJ UCI World Tour Francia Thibaut Pinot
Alemaña Bora-Argon 18 BOA Prof.Continental Alemaña Emanuel Buchmann
Team Katusha KAT UCI World Tour España Joaquim Rodríguez
Italia Lampre-Merida LAM UCI World Tour Portugal Rui Costa
Lotto-Soudal LTS UCI World Tour Alemaña André Greipel
Francia Direct Énergie DEN Prof.Continental Francia Bryan Coquard
Suíza Etixx-Quick Step EQS UCI World Tour Alemaña Marcel Kittel
Alemaña Cofidis, Solutions Crédits COF Prof.Continental España Daniel Navarro
Francia Orica-BikeExchange OBE UCI World Tour Australia Simon Gerrans
Fortuneo-Vital Concept FVC Prof.Continental Eduardo Sepúlveda

Regulamento

[editar | editar a fonte]

Clasificación por puntos

[editar | editar a fonte]

En todas as etapas danse puntos para esta clasificación. Segundo o coeficiente de cada etapa, outórganse puntos de diferente maneira, en todos eles se reparten puntos aos 15 primeiros:

  • Coeficiente 1 (etapas sen dificultades): 50, 30, 20, 18, 16, 14, 12, 10, 8, 7, 6, 5, 4, 3 e 2.
  • Coeficiente 2 e 3 (etapas con percorrido accidentado): 30, 25, 22, 19, 17, 15, 13, 11, 9, 7, 6, 5, 4, 3 e 2.
  • Coeficiente 4 e 5 (etapas de gran dificultade): 20, 17, 15, 13, 11, 10, 9, 8, 7, 6, 5, 4, 3 e 2.
  • Contrarreloxos individuais: 20, 17, 15, 13, 11, 10, 9, 8, 7, 6, 5, 4, 3 e 2.
  • Sprints intermedios: 20, 17, 15, 13, 11, 10, 9, 8, 7, 6, 5, 4, 3 e 2. Hai un en cada etapa.

Clasificación da montaña

[editar | editar a fonte]

Para esta clasificación, repártense puntos aos primeiros ciclistas que coroan os portos puntuábeis. Os portos clasifícanse en 5 categorías, dende a Categoría Especial ou HC até a 4ª categoría. Cando os finais son en alto, a puntuación do porto é dobre. Segundo a categoría de cada porto repártense os puntos da seguinte maneira:

  • Categoría Especial ou HC: 25, 20, 16, 14, 12, 10, 8, 6, 4, 2 do 1.º ao 10.º
  • 1ª categoría: 10, 8, 6, 4, 2, 1 do 1º ao 6º
  • 2ª categoría: 5, 3, 2, 1 do 1º ao 4º
  • 3ª categoría: 2, 1 ao 1º e o 2º
  • 4ª categoría: 1 ao 1º

As 21 etapas do Tour de Francia 2016 consistiron en 9 de alta montaña, 2 contrarreloxos (unha individual normal e unha cronoescalada), 1 de media montaña e 9 chás deseñadas para un final ao sprint. Nunha das etapas, a 12ª con final previsto no Mont Ventoux, a organización tivo que acurtar a ascensión ao mítico porto por mor dos fortes refachos de vento existentes nos derradeiros quilómetros. Esta etapa foi unha das máis espectaculares de toda a historia do Tour pola lea montada logo de que unha moto atropelara a un afeccionado e fixera que Froome, Porte e Mollema que ían escapados caeran. Isto deu lugar á histórica imaxe do inglés correndo a pé pola subida despois de deixar tirada a súa bicicleta rota polo choque.

Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
1.ª 2 de xullo Mont Saint-Michel-Utah Beach 188 Mark Cavendish Mark Cavendish
2.ª 3 de xullo Saint-Lô-Cherbourg-en-Cotentin 183 Eslovaquia Peter Sagan Eslovaquia Peter Sagan
3.ª 4 de xullo Granville-Angers 223,5 Mark Cavendish Eslovaquia Peter Sagan
4.ª 5 de xullo Saumur-Limoges 237,5 Alemaña Marcel Kittel Eslovaquia Peter Sagan
5.ª 6 de xullo Limoges-Le Lioran Etapa de media montaña 216 Bélxica Greg Van Avermaet Bélxica Greg Van Avermaet
6.ª 7 de xullo Arpajon-sur-Cère-Montauban 190,5 Mark Cavendish Bélxica Greg Van Avermaet
7.ª 8 de xullo L'Isle-JourdainLac de Payolle Etapa de montaña 162,5 Stephen Cummings Bélxica Greg Van Avermaet
8.ª 9 de xullo Pau-Bagnères-de-Luchon Etapa de montaña 184 Chris Froome Chris Froome
9.ª 10 de xullo España Viella-Andorra Ordino-Arcalís Etapa de montaña 184,5 Países Baixos Tom Dumoulin Chris Froome
10.ª 12 de xullo Andorra Escaldes-Engordany-Revel Etapa de montaña 197 Australia Michael Matthews Chris Froome
11.ª 13 de xullo Carcasona-Montpellier 162,5 Eslovaquia Peter Sagan Chris Froome
12.ª 14 de xullo Montpellier-Chalet Reynard Etapa de montaña 195 Bélxica Thomas De Gendt Chris Froome
13.ª 15 de xullo Bourg-Saint-AndéolCaverne du Pont-d'Arc 37,5 (CRI) Países Baixos Tom Dumoulin Chris Froome
14.ª 16 de xullo Montélimar-Villars-les-Dombes 208,5 Mark Cavendish Chris Froome
15.ª 17 de xullo Bourg-en-Bresse-Culoz Etapa de montaña 160 Jarlinson Pantano Chris Froome
16.ª 18 de xullo Moirans-en-Montagne-Suíza Berna 209 Eslovaquia Peter Sagan Chris Froome
17.ª 20 de xullo Suíza Berna-Suíza Finhaut Etapa de montaña 184,5 Ilnur Zakarin Chris Froome
18.ª 21 de xullo Sallanches-Megève 17
(CREsc)
Chris Froome Chris Froome
19.ª 22 de xullo Albertville-Saint-Gervais-les-Bains Etapa de montaña 146 Francia Romain Bardet Chris Froome
20.ª 23 de xullo Megève-Morzine Etapa de montaña 146,5 España Ion Izagirre Chris Froome
21.ª 24 de xullo Chantilly-París 113 Alemaña André Greipel Chris Froome
Total 3.529 Chris Froome

Clasificación xeral

[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa amosa as vinte primeiras posicións da clasificación xeral tralo remate do Tour 2015:

Posición Ciclista Equipo Tempo
Chris Froome Team Sky 89h 04' 48"
2 Francia Romain Bardet AG2R La Mondiale + 4' 05"
3 Nairo Quintana Movistar Team + 4' 21"
4 Adam Yates Orica-BikeExchange + 4' 42"
5 Australia Richie Porte BMC Racing Team + 5' 17"
6 España Alejandro Valverde Movistar Team + 6' 16"
7 España Joaquim Rodríguez Team Katusha + 6' 58"
8 Louis Meintjes Lampre-Merida m.t.
9 Daniel Martin Etixx-Quick Step + 7' 04"
10 República Checa Roman Kreuziger Tinkoff + 7' 11"
11 Países Baixos Bauke Mollema Trek-Segafredo + 13' 13"
12 Sergio Henao Team Sky + 18' 51"
13 Italia Fabio Aru Astana + 19' 20"
14 Suíza Sébastien Reichenbach FDJ + 24' 59"
15 Geraint Thomas Team Sky + 28' 31"
16 Francia Pierre Rolland Cannondale-Drapac + 30' 42"
17 República Checa Mikel Nieve Team Sky + 38' 30"
18 Países Baixos Stef Clement IAM Cycling + 38' 57"
19 Jarlinson Pantano IAM Cycling + 38' 59"
20 Francia Alexis Vuillermoz AG2R La Mondiale + 42' 28"

Outras clasificacións

[editar | editar a fonte]

Clasificación por puntos

[editar | editar a fonte]
Pos. Ciclista Equipo Puntos
Eslovaquia Peter Sagan Tinkoff 470
2 Alemaña Marcel Kittel Etixx-Quick Step 228
3 Australia Michael Matthews Orica-BikeExchange 199
4 Alemaña André Greipel Lotto-Soudal 178
5 Alexander Kristoff Team Katusha 172

Clasificación da montaña

[editar | editar a fonte]
Pos. Ciclista Equipo Puntos
Polonia Rafał Majka Tinkoff 209
2 Bélxica Thomas De Gendt Lotto-Soudal 130
3 Jarlinson Pantano IAM Cycling 121
4 Ilnur Zakarin Team Katusha 84
5 Portugal Rui Costa Lampre-Merida 76

Clasificación dos xoves

[editar | editar a fonte]
Pos. Ciclista Equipo Tempo
Adam Yates Movistar 89h 09' 30"
2 Louis Meintjes Lampre-Merida 2' 16"
3 Alemaña Emanuel Buchmann Bora-Argon 18 42' 58"
4 Francia Warren Barguil Giant-Alpecin 47' 32"
5 Países Baixos Wilco Kelderman LottoNL-Jumbo 1h 19' 56"

Clasificación por equipos

[editar | editar a fonte]
Pos. Equipo Tempo
España Movistar Team 267h 20' 45"
2 Team Sky 8' 14"
3 BMC Racing Team 48' 11"
4 Francia AG2R La Mondiale 56' 50"
5 Astana 1h 16' 58"

Premio da combatividade

[editar | editar a fonte]
Posición Ciclista Equipo
Eslovaquia Peter Sagan Tinkoff

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]