Saltar ao contido

William Godwin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWilliam Godwin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de marzo de 1756 Editar o valor en Wikidata
Wisbech, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte7 de abril de 1836 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSt Pancras Old Church, Camden (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaAnarquismo Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAnarquismo filosófico (pt) Traducir e filosofía política Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, filósofo, xornalista, novelista, filósofo político, escritor de ciencia ficción Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMary Jane Godwin (1801–valor descoñecido)
Mary Wollstonecraft (1797–) Editar o valor en Wikidata
FillosMary Shelley
 () Mary Wollstonecraft
Claire Clairmont
 () Sir John Lethbridge, 1st BaronetMary Jane Godwin
William Godwin the Younger
 () Mary Jane Godwin Editar o valor en Wikidata
PaisJohn Godwin Editar o valor en Wikidata  e unknown Hull Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Годвин Уильям)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX950017 iTunes: 365984621 IMSLP: Category:Godwin,_William WikiTree: Godwin-913 Find a Grave: 5631 Editar o valor en Wikidata

William Godwin, nado o 3 de marzo de 1756 e finado o 7 de abril de 1836, fillo dun pastor disidente, foi un escritor político e polígrafo británico, considerado como un dos máis importantes precursores das escolas anarquista e utilitarista. Foi tamén célebre polas mulleres da súa vida. Casado con Mary Wollstonecraft, escritora feminista, en 1797, tiveran unha filla, Mary Wollstonecraft Godwin, máis coñecida como Mary Shelley, que escribiu Frankenstein ou o moderno Prometeo, e foi esposa do poeta Percy Shelley.

Godwin volveuse recoñecido decontado co libro The Inquiry concerning Political Justice, and its influence on General Virtue and Happiness (1793), citado con frecuencia abreviadamente como Political Justice (Xustiza Política), obra en dous volumes, que acadou varias edicións ata mediados do XIX, en pleno fervor revolucionario. Malthus escribe o seu Ensaio sobre o principio da poboación (1798) como resposta a Godwin. O autor efectúa unha corrosiva crítica da sociedade, baseada en tres principios:

  • O ser humano depende totalmente da organización social, mal elaborada, que o corrompe. Ninguén é responsábel total dos seus actos, en consecuencia.
  • Debe respectarse a liberdade. A lei e o Estado son negativos porque se apoian na opresión e a violencia. Polo tanto o individuo non lle debe nada á sociedade. Só a razón e o sentido común poden guiar os actos persoais a prol do benestar xeral. Só en pequenas comunidades se poderá cumprir ese ideal, conducente á xustiza política.
  • A propiedade ha de ser destruída como fonte de desigualdade e egoísmo, que impide o desenvolvemento da xustiza política. A pobreza fai do home un escravo.

Godwin preludia os principios do anarquismo, mais só indica vías pacíficas, baseadas na razón e no saber, para a instauración da nova sociedade.

Obras (selección)

[editar | editar a fonte]
  • 1793 : The Inquiry concerning Political Justice, and its influence on General Virtue and Happiness (Investigación sobre a xustiza política e a súa influencia na virtude e a felicidade xeral)
  • 1794 : Things as They Are, or The Adventures of Caleb Williams (As cousas tal como son, ou As aventuras de Caleb Williams), novela
  • 1799 : St.Leon, a Tale of the Sixteenth Century (San León, ou Un conto do século dezaseis), novela
  • 1805 : Fleetwood, or The New Man of Feeling, novela
  • 1817 : Mandeville, a Tale of the Times of Cromwell (Mandeville, ou Un conto dos tempos de Cromwell), novela
  • 1820 : On population (Sobre a poboación), ensaio
  • 1824 - 1828 : History of the Commonwealth of England from its commencement to its restoration