Saltar ao contido

Richard Henkes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRichard Henkes

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de maio de 1900 Editar o valor en Wikidata
Ruppach-Goldhausen (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte22 de febreiro de 1945 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Campo de concentración de Dachau, Alemaña nazi Editar o valor en Wikidata
Causa da morteFebre tifoide Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico , membro da resistencia Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaPalotinos Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa21 de febreiro Editar o valor en Wikidata

Páxina webpater-richard-henkes.de Editar o valor en Wikidata

Richard Henkes, nado o 26 de maio de 1900 en Ruppach-Goldhausen (distrito de Westerwald, Imperio Alemán) e finado o 22 de febreiro de 1945 no campo de concentración de Dachau, foi un sacerdote católico latino alemán vítima do nazismo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Richard Henkes naceu o 26 de maio de 1900 na aldea de Ruppach en Westerwald, preto de Montabaur. Co propósito de ser misioneiro palotino no Camerún, en 1912 se trasladou á casa de estudos dos palotinos de Vallendar, da que foi nomeado director espiritual ao mesmo tempo Josef Kentenich. Henkes participou activamente na vida da Congregación Mariana alí fundada, e chegou a ser presidente da súa sección misioneira.

En 1918 foi chamado para facer o servizo militar en Darmstadt, e ao ano seguinte rematou os seus estudos secundarios e ingresou nos palotinos. En 1921 fixo a primeira consagración temporal, e logo de superar unha importante crise espiritual foi ordenado sacerdote en 1925 en Limburg an der Lahn. A partir de 1926 ensinou na escola dos palotinos de Schönstatt, entre abril de 1928 e setembro de 1929 en Drüpt, e posteriormente de novo en Schönstatt.