República Soviética Federativa Socialista de Rusia
Российская Советская Федеративная Социалистическая Республика (ru) | |||||
Himno | Himno da Unión Soviética (1944-1990) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Proletarios de todos os países» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado desaparecido | Unión Soviética | ||||
Capital | Moscova (1922–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 147.400.000 (1989) (8,63 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua rusa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 17.075.000 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 25 de outubro de 1917 (Xuliano): causado por Revolución de Outubro | ||||
Disolución | 25 de decembro de 1991 | ||||
Sucedido por | Rusia | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república soviética república federal | ||||
• President of the Council of Ministers of the Russian SFSR (en) | Boris Ieltsin (1991–1992) | ||||
Órgano lexislativo | Congreso dos Soviets de Todas As Rusias , | ||||
Membro de | |||||
Moeda | Rublo soviético | ||||
Identificador descritivo | |||||
Prefixo telefónico | +7 | ||||
A República Soviética Federativa Socialista de Rusia (Росси́йская Сове́тская Федерати́вная Социалисти́ческая Респу́блика, РСФСР) foi a máis grande e máis poboada das quince Repúblicas soviéticas, e converteuse na Rusia actual trala caída da Unión Soviética.
O estado foi establecido o 7 de novembro de 1917. O 10 de xullo de 1918 a Constitución Soviética de 1918 foi aceptada. Converteuse en parte da Unión Soviética en 1922, feito formalizado máis adiante pola Constitución Soviética de 1924. Na maioría dos idiomas, o termo "Rusia Comunista" é empregado normalmente para o período entre 1917 e 1922. Nos documentos rusos oficiais daquel tempo era chamada República Rusa (Российская республика) e República Soviética (Советская республика).
O país estaba dirixido polo Presidente do Soviet Supremo da RSFS de Rusia (título máis recente). A súa capital era Moscova, tamén capital da Unión Soviética.
Nikita Khrushchev transferiu Crimea da RSFS de Rusia á RSS de Ucraína en 1955.
A RSFS de Rusia deixou de ser parte da URSS o 21 de decembro de 1991, 14 días antes de que a URSS deixase de existir. Tralo colapso da Unión Soviética en 1991, a RSFS de Rusia rexeitou a posibilidade dun sistema socialista e comezou reformas. Foi renomeada como Federación Rusa baixo o liderado do Presidente Boris Eltsin. Estivo na Comunidade de Estados Independientes (CEI), fundada trala disolución da URSS, practicamente formada por tódalas Repúblicas Soviéticas, excepto Letonia, Lituania, Estonia e Xeorxia (até 1993).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |