Saltar ao contido

Renault na Fórmula 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Renault
Nome completo Renault F1 Team
Bandeira Francia
Baseada en Enstone, Oxfordshire, Reino Unido
(chasisi)
Viry-Châtillon, Essonne, Francia
Tempadas en activo 24, Équipe Renault Elf 1977-1985,
Renault F1 2002-2010,
Lotus Renault GP 2011,
Renault Sport F1 Team 2016-2020
Número de pilotos
Debut Gran Premio do Reino Unido de 1977
Carreiras 403 (400 saídas)
Campionatos de Construtores 2 (2005-2006)
Campionatos de Pilotos 2 (2005-2006)
Vitorias 35
Pole positions 51
Voltas Rápidas 33
Puntos totais
Derradeiro GP Gran Premio de Abu Zabi de 2020


O Grupo Renault participou na Fórmula Un como construtor, baixo o nome de Renault Sport Fórmula 1 Team. Involucráronse coa Fórmula 1 tanto como construtores como fornecedores de motores durante varios períodos desde 1977. En 1977, a empresa entrou na Fórmula Un como construtor, presentando o motor Turbo no seu primeiro coche de Fórmula Un, o Renault RS01. En 1983, Renault comezou a fornecer motores a outros equipos. Aínda que o equipo Renault gañou carreiras e competiu polo título mundial, retirouse ao final da tempada de 1985. Renault continuou fornecendo motores a outros equipos ata 1986, e de novo de 1989 a 1997.

Renault volveu á Fórmula Un no 2000, cando adquiriu a base do equipo Benetton Formula (anteriormente Toleman Motorsport) en Enstone, un equipo que gañara o campionato de pilotos en 1994 e ambos o campionatos, pilotos e construtores, en 1995. En 2002 Renault rebautizou o equipo como "Renault F1 Team" e empezaron a usar "Renault", como o seu nome de construtor, posteriormente gañou dous campionatos de pilotos e de construtores dous anos seguidos, en 2005 e 2006.

Para a tempada 2011 de Fórmula Un o equipo competiu baixo o nome de Lotus Renault GP[1] En 2012, o equipo correu como Lotus F1, ata 2016, cando o equipo regresou ao control de Renault como fabricante oficial. Ao remate da tempada 2020 a compañía francesa Grupo Renault propietario de Renault F1 Team decidiu cambiar o nome para o 2021 para promover a marca de vehículos deportivos de Renault, Alpine, e continuara sendo o equipo oficial de Renault.

Renault tamén forneceu motores a outros equipos, incluíndo Team Lotus (1983-1987), Benetton Formula (1995-1997, 2001) e Williams (1989-97, 2012-13). Ademais dos dous campionatos propios de pilotos ( 2005, 2006) e dos dous de construtores , como fornecedor de motores, Renault contribuíu a outros nove Campionatos do Mundo de Pilotos. Logrou máis de 160 vitorias como fornecedor de motores, ocupando o terceiro lugar na historia da Fórmula Un.

Construtor

[editar | editar a fonte]

Équipe Renault Elf (1977-1985)

[editar | editar a fonte]

Tempada 1977

[editar | editar a fonte]
Motor Renault turbo de 1,5 litros

A primeira participación de Renault na Fórmula Un foi a través da súa filial Renault Sport. Renault participou en cinco das últimas carreiras de 1977 con Jean-Pierre Jabouille nun único coche. O Renault RS01 era ben coñecido polo seu motor Renault - Gordini V6 1.5 L turboalimentado, o primeiro motor turbo utilizado regularmente na historia da Fórmula Un. O coche e o motor de Jabouille demostraron ser moi pouco fiables e convertéronse nunha especie de broma durante as súas primeiras carreiras, gañando o alcume de "a teteira amarela" e non terminou ningunha das súas carreiras malia ser moi potente.

A primeira carreira do equipo, baixo o nome de Equipe Renault Elf, ía ser o Gran Premio de Francia de 1977, a novena proba da tempada, pero o coche aínda non estaba listo. O debut do equipo atrasouse ata a seguinte rolda, o Gran Premio do Reino Unido de 1977, a primeira sesión de cualificación do coche non foi un éxito, e Jabouille cualificou 21º dos 30 corredores e 26 participantes, 1,62 segundos por detrás do pole James Hunt no McLaren. Jabouille funcionou ben na carreira, alcanzando o 16º posto antes de que o turbo do coche fallase na volta 17. O equipo perdeuse os grandes premios alemán e austríaco o coche estaba mellorando logo da súa decepción británica. Volveron no Gran Premio dos Países Baixos de 1977, e o rendemento en cualificación mellorou moito con Jabouille décimo clasificado. Fixo un mal comezo, pero chegou a estar sexto antes de retirarse por un fallo na volta 40.

O equipo fixo unha cualificación deficiente na volta do equipo en Italia, con Jabouille 20º cualificado. Correu fóra dos 10 primeiros ata que o seu motor fallou na volta 24, continuando a súa horrible racha de fiabilidade. As cousas melloraron en Watkins Glen no Gran Premio dos Estados Unidos de 1977 con Jabouille 14º cualificado, pero o bo ritmo de Zandvoort desapareceu e unha vez máis correu fóra dos 10 primeiros, antes de retirarse con outro problema de fiabilidade, esta vez o alternador, na volta 31. Jabouille non puido cualificarse en Canadá, só 27 pilotos entraban na carreira, unicamente un piloto non cualificaba, e foi Jabouille que terminou a máis de 7,5 segundos detrás do máis rápido Mario Andretti de Lotus, e case dous segundos por detrás o seu rival máis próximo, Rupert Keegan no Hesketh. Logo disto, Renault non viaxou á carreira final de tempada no Xapón.

Tempada 1978

[editar | editar a fonte]

O ano seguinte foi apenas mellor, se caracterizou por catro retiradas consecutivas causados por rebentóns dos motores, pero preto do final do ano, o equipo mostrou signos de éxito. En dúas ocasións, o RS01 cualificou 3º na grella e mentres que finalizar carreiras aínda era un problema, logrou terminar a súa primeira carreira na volta do líder en Watkins Glen cerca do final da tempada de 1978 , dando ao equipo un cuarto posto e os seus primeiros puntos na Fórmula Un.

En 1979, o Renault RS10 converteuse no primeiro turboalimentado coche en gañar un Gran Premio.

O equipo non participou nas dúas primeiras carreiras de 1978, en Arxentina e Brasil, pero regresou no Gran Premio de Suráfrica de 1978 no Circuíto de Kyalami. Jabouille logrou a mellor posición de cualificación de Renault ata a data, co sexto lugar, xusto 0,71 segundos detrás do pole Niki Lauda no Brabham. Corría fora dos puntos de inicio da carreira antes de retirarse con problemas eléctricos na volta 39. En Long Beach, Jabouille cualificou 13º, pero retirouse cando o turbo fallou outra vez na volta 44. Foi duodécimo na cualificación no primeiro Gran Premio de Mónaco do equipo, logrando a primeira meta do equipo na Fórmula Un, terminando en décimo lugar a catro voltas do vencedor Patrick Depailler no Tyrrell.

Tempada 1979

[editar | editar a fonte]

Aumentaron a dous pilotos, René Arnoux uniuse a Jabouille, o equipo seguiu loitando aínda que Jabouille obtivo unha pole en Suráfrica. A mediados da tempada, ambos pilotos tiñan un coche novo co efecto solo, o RS10, e en Dijon para o Gran Premio de Francia o equipo logrou unha brillante actuación nunha carreira clásica. Os dous Renault estaban nos primeiros postos na cualificación, e o gañador da pole, Jabouille gañou a carreira, o primeiro piloto en facelo nun coche turbo, mentres que Arnoux e Gilles Villeneuve veronse involucrados nun duelo moi competitivo para o segundo lugar, Arnoux foi superado cerce da liña de meta. Mentres Jabouille non volveu a conseguir bos resultados no resto da tempada, Arnoux terminou segundo na seguinte carreira en Silverstone e logo repetiu que en Glen, demostrando que non foi un golpe de sorte.

Tempadas 1980-83

[editar | editar a fonte]

Arnoux profuncizo nesta mellora en 1980 con vitorias consecutivas en Brasil e Suráfrica, ambas en circuítos a grande altitude onde os Renault eran dominantes. Jabouille continuou tendo problemas coas retiradas, e os seus únicos puntos logrounos coa vitoria en Austria. Ao final do ano Jabouille estrelouse con forza no GP do Canadá e sufriu graves lesións nas pernas, o que puxo fin á súa carreira como piloto de Gran Premio. Para 1981 ficharon a Alain Prost. Nos seus tres anos co equipo, Prost mostrou a forma que o faría unha lenda da Fórmula Un e os Renault estiveron entre os mellores na Fórmula Un, terminaron dúas veces terceiros no Campionato de Construtores e unha vez segundos. Prost gañou nove carreiras co equipo, mentres que Arnoux engadiu dúas máis en 1982. logo de 1982 Arnoux deixou o equipo e marchou a Ferrari, foi substituído polo norteamericano Eddie Cheever. En 1983, Renault e Prost estiveron moi preto de gañar o título de pilotos, pero finalmente foron superados por Nelson Piquet ( Brabham-BMW) na última carreira da tempada en Suráfrica. Tralo final da tempada, unha empresa de combustible rival, dixo que o combustible utilizado polos Brabham-BMW en Suráfrica superara o máximo octanaxe de 102 permitido baixo a normativa da Fórmula Un. BMW alegou que isto era incorrecto e a FISA deu a coñecer un expediente de apoio á súa postura. Non se tomaron medidas.[2]

Derek Warwick cualificou terceiro para Renault no Gran Premio de Dallas de 1984, pero trompeou logo de 10 voltas

Tempadas 1984-85

[editar | editar a fonte]

Prost foi despedido dous días despois do final da tempada de 1983 a raíz dos seus comentarios públicos sobre a falta de desenvolvemento do Renault RE40, que provocou á súa derrota ante Piquet e a derrota do equipo ante Ferrari no campionato de construtores de 1983. Posteriormente, uniuse a McLaren, mentres que Cheever marchou para unirse a Alfa Romeo. O equipo fichou ao francés Patrick Tambay (que deixara Ferrari) e ao inglés Derek Warwick (antes de Toleman). Malia algúns bos resultados, incluíndo a pole position de Tambay que foi a última do equipo no Gran Premio de Francia de 1984 en Dijon, o equipo non era tan competitivo en 1984 e 1985 como no pasado, outros equipos fixeron un mellor traballo cos motores turbo, ou máis especificamente Lotus e en menor medida Ligier. 1985 proporcionou outra novidade na F1, xa que o equipo correu cun terceiro coche en Alemaña no novo Nürburgring e montou a primeira cámara de a bordo, que permitia conectar en directo coa audiencia de televisión. Pilotado polo francés François Hesnault, o coche só aguantou 8 voltas antes de que un problema co embrague obrigarano a retirarse. En 1985, xurdiron graves problemas financeiros en Renault e na empresa xa non podían xustificar os grandes gastos necesarios para manter a competitividade do equipo de carreiras. O CEO Georges Besse recortou a participación da compañía no equipo de F1 de carreiras e no desenrrolo de motores para a tempada 1986 antes de cerrar por completo o equipo da F1 ao final dese ano.

Equipo Renault F1 (2002-2010)

[editar | editar a fonte]

O 16 de marzo de 2000, Renault comprou Benetton Formula Limited por 120 $ millóns, para volver á Fórmula Un. A historia do equipo adquirido por Renault comezou en 1981 como o equipo Toleman Motorsport, con sede en Witney, Oxfordshire, Inglaterra. En 1986 o equipo pasou a chamarse a Benetton Formula, trala compra en 1985 pola familia Benetton. En 1992/3 o equipo trasladouse a unhas poucas millas a unha nova base en Enstone. Michael Schumacher gañou o campionato de pilotos co equipo en 1994 e 1995. En 1995, o equipo tamén gañou o Campionato de Construtores, con Johnny Herbert pilotando xunto a Schumacher.

Renault continuou utilizando o nome do construtor Benetton nas tempadas 2000 e 2001. Ao informar sobre a compra o International Herald Tribune, comentou que "o equipo non vai presentarse nas carreiras baixo o nome de Renault ata que estea listo para gañar e aproveitar os beneficios de mercadotecnia"[3] non foi ata 2002 que produciuse este cambio de nome.

Os membros do equipo de mecánicos de Renault F1 en 2002.
Jarno Trulli pilotando un Renault R23 en Gran Premio dos Estados Unidos de 2003

Tempada 2002

[editar | editar a fonte]

En 2002, Benetton foi renomeado como Renault F1 e disputou a tempada cos pilotos Jarno Trulli e Jenson Button quen anotou 23 puntos na tempada.

Tempada 2003

[editar | editar a fonte]

Malia superar ao seu compañeiro de equipo durante o ano 2002, Button foi despedido de Renault en 2003. O seu substituto foi o español Fernando Alonso, que impresionara como piloto de probas o ano anterior. Alonso gañou o Gran Premio de Hungría de 2003, a primeira vez que Renault gañaba un Gran Premio desde o Gran Premio de Austria de 1983. Renault durante esta período fixo innovadores deseños non estándar tales como o motor 10 cilindros 111° para o RS23 de 2003 que foi deseñado para reducir eficazmente o centro de gravidade do motor e polo tanto mellorar o manexo do coche. Isto a longo prazo resultou ser demasiado pouco fiable e pesado, polo que Renault regresou a unha liña de desenvolvemento máis convencional.

Tempada 2004

[editar | editar a fonte]
Fernando Alonso no Gran Premio dos Estados Unidos de 2004

En 2004, o equipo loitou polo segundo lugar no Campionato de Construtores. Trulli gañou o Gran Premio de Mónaco, pero a súa relación con Renault (en particular co director do equipo e ex-representante de Trulli Flavio Briatore) deteriorouse despois de que da súa falta de consistencia e falta de ritmo na segunda metade do ano, e denunciara un trato de favor do equipo para Alonso (aínda que a relación entre os dous compañeiros de equipo mantívose amistosa).

Os comentaristas apuntan á regularidade no Gran Premio de Francia como a pinga final de Briatore, onde Trulli foi superado por Rubens Barrichello na parte final da última volta, cun custo para Renault dun dobre podio no seu Gran Premio de casa. En consecuencia, anunciou que se unía a Toyota para o ano seguinte e, de feito, abandonou Renault cedo, pilotando o Toyota nas dúas últimas carreiras da tempada 2004. Coa esperanza de asegurar o segundo lugar no Campionato de Construtores, Renault substituíu a Trulli por Jacques Villeneuve para as tres últimas carreiras. Con todo, Villeneuve afastado das carreiras de F1 durante case toda a tempada e loitando para aclimatarse rapidamente á competición de primeiro nivel, non impresionou, e o equipo terminou terceiro detrás do ex equipo de Villeneuve BAR.

Tempada 2005

[editar | editar a fonte]
Fernando Alonso no Gran Premio do Reino Unido de 2005

Giancarlo Fisichella foi o substituto de Trulli para a tempada 2005. Aproveitouse dunha sesión de cualificación afectada pola choiva para gañar a primeira carreira da tempada, o Gran Premio de Australia. Logo Fernando Alonso gañou as seguintes tres carreiras para construír unha vantaxe considerable no campionato do mundo de pilotos, facendo dese modo o mesmo para Renault no Campionato de Construtores. Mentres tanto, Fisichella non puido terminar varias carreiras. Logo do GP de San Marino, Renault e Alonso lideraban o campionato atacados por un rápido pero fráxil equipo McLaren-Mercedes e Kimi Räikkönen, respectivamente, para o campionato de pilotos. McLaren conseguiu vantaxe no Campionato Mundial de Construtores ao lograr un dobrete no Gran Premio do Brasil, pero que foi a carreira na que Alonso conseguiu o título de pilotos, converténdose no piloto máis novo da historia en facelo. Este logro foi seguido por unha vitoria en China para asegurar o Campionato Mundial de Construtores para Renault logo de que o coche do piloto de McLaren Juan Pablo Montoya quedara moi danado a causa dunha tapa de drenaxe que se afrouxou na pista. Isto rompeu o dominio absoluto de Ferrari durante seis anos nese título. Foi a primeira vez que Renault gañou o título como fabricante, e Renault converteuse no segundo construtor francés (despois do triunfo de Matra en 1969) en gañar o título.

Tempada 2006

[editar | editar a fonte]
Motor do equipo Renault en 2006, o RS26. Primeiro motor V8 de Renault na Fórmula Un.
Fisichella gañou o Gran Premio de Malaisia de 2006 para Renault

Fernando Alonso e Giancarlo Fisichella foron retidos para a tempada 2006, mentres que o piloto de probas Franck Montagny foi substituído por Heikki Kovalainen. O coche do equipo de 2006, o R26, cunha caixa de cambios de sete velocidades feita de titanio, foi presentado nun evento de lanzamento o 31 de xaneiro.

Alonso gañou a primeira carreira, o Gran Premio de Bahrain, así como o Gran Premio de Australia e terminou segundo en Malaisia detrás do seu compañeiro Fisichella lograndor o primeiro dobrete de Renault desde René Arnoux e Alain Prost en 1982. Alonso sumou dous segundos postos máis, e logo gañou no Gran Premio de España e no Gran Premio de Mónaco. Fisichella finalizou 8º, 6º e 3º en San Marino, no Gran Premio de Europa e no Gran Premio de España.

O equipo celebrou o seu 200º Gran Premio en Silverstone, que foi gañado por Alonso. A medida que avanzaba a tempada de América do Norte, Alonso gañou o Gran Premio do Canadá en Montreal, Canadá. No Gran Premio dos Estados Unidos, Ferrari tivo unha vantaxe de rendemento sobre toda a fin de semana. Con todo, Renault foi o máis rápido de todos os coches que montaban Michelin. Fisichella terminou 3º, mentres que Alonso terminou 5º.

Fernando Alonso no seu camiño á vitoria no Gran Premio do Canadá de 2006

No Gran Premio de Francia, esperábase que Renault fose máis rápido que o Ferrari, pero Ferrari de novo tiña a vantaxe. Alonso foi terceiro durante a maior parte da carreira, incapaz de poder desafiar aos Ferrari de Schumacher e Massa. Con todo, un cambio táctico cunha estratexia de dúas paradas en boxes permitiulle pasar a Massa e terminar segundo.

O 21 de xullo de 2006, a FIA prohibiu o uso do sistema de amortiguación de masas, desenvolvido e utilizado por primeira vez por Renault e posteriormente utilizado por outros 7 equipos, entre eles Ferrari. Flavio Briatore afirmou que McLaren suscitara a cuestión da legalidade do sistema na FIA.[4] O sistema utilizaba unha resorte de masa montado no cono do nariz para reducir a sensibilidade do coche á vibración. Isto era particularmente eficaz nas curvas e encima das beirarrúas para manter os pneumáticos en contacto máis próximo á superficie da pista do que sería doutro xeito.[5] Con todo comisarios da carreira no Gran Premio de Alemaña consideraron que o sistema era legal. A FIA anunciou a súa intención de apelar esa decisión e Renault anunciou que non correría co sistema por temor a un castigo retroactivo se estímabase o recurso. O rendemento de Renault no Gran Premio de Alemaña foi un dos peores da tempada; con todo, o equipo culpou á formación de ampolas nos seus pneumáticos Michelin en lugar da perda do sistema de amortiguación de masas. A Corte Internacional de Apelación da FIA reuniuse en París o 22 de agosto de 2006, para examinar a apelación feita pola FIA en contra da decisión dos comisarios do Gran Premio de Alemaña. O Tribunal ditaminou que o uso do dispositivo coñecido como amortecedor de masas era unha infracción do artigo 3.15 do Regulamento Técnico da Fórmula Un.

Os puntos obtidos no Gran Premio do Brasil aseguraron o Campionato de Construtores para Renault en 2006.

O 16 de outubro de 2006, Renault anunciou que o xigante bancario holandés ING substituiría a Mild Seven como patrocinador oficial durante tres anos a partir de 2007.[6]

Tempada 2007

[editar | editar a fonte]
Giancarlo Fisichella pilotanod o Renault R27 no Gran Premio do Reino Unido de 2007

Renault confirmou a Giancarlo Fisichella e Heikki Kovalainen como os seus pilotos para 2007 con Nelson Piquet Jr. e Ricardo Zonta como pilotos de probas. O coche de 2007, o R27, presentouse o 24 de xaneiro de 2007, e deu a luz un novo esquema de cores amarelo, azul, laranxa e branco en deferencia ás cores corporativas de ING. Tamén se forneceron motores Renault para o equipo Red Bull Racing para a tempada 2007.

Renault tivo problemas en comparación coa súa forma en tempadas anteriores en Australia, Giancarlo Fisichella terminou a carreira en quinto lugar. O novato Heikki Kovalainen loitou aínda máis que o italiano, trompeou o seu coche mentres perseguía ao Toyota de Ralf Schumacher e terminou en 10º lugar. Os resultados non melloraron ata o inicio da fase europea, malia que ambos pilotos terminaron nos puntos na seguinte carreira en Malaisia. Heikki Kovalainen tamén tivo problemas en Bahrain, aínda que a brecha entre el e Fisichella ao final da carreira non foi tan grande como se viu en Melbourne, Fisichella só acabou oitavo. O ritmo do equipo comezou a recuperarse en Barcelona, con ambos pilotos na Q3, e establecendo tempos de volta competitivos na carreira (4ª volta rápida para Kovalainen) e chegando a estar 5º e 8º, pero un problema idéntico en ambos aparellos de combustible, obrigóunos a realizar paradas adicionais en boxes o cal fixoos caer de novo aos postos 7º e 9º.

O 8 de novembro de 2007, o FIA acusou a Renault F1 de ter información técnica de McLaren F1 no seu poder.[7] De acordo coa acusación, a información inclúe o deseño e dimensións críticas dos coches de McLaren, así como os detalles do sistema de abastecemento de combustible de McLaren, conxunto de engrenaxes, sistema de control hidráulico e a suspensión. A audiencia sobre este asunto tivo lugar en Mónaco o 6 de decembro de 2007. Os cargos aos que se enfrontaba Renault F1, incumprimento do artigo 151c do Regulamento Deportivo, era o mesmo ao que se enfrontou antes McLaren, en 2007 na disputa por espionaxe que involucrou a Ferrari e McLaren. A FIA atopou a Renault F1 culpable de violación do artigo 151c, pero non penalizou ao equipo.

Tempada 2008

[editar | editar a fonte]
Fernando Alonso pilotando un Renault no Gran Premio de Francia de 2008

Anunciouse o 10 de decembro de 2007 que Fernando Alonso asinara con Renault F1 por 2008. Alonso pilotou xunto ao expiloto de probas Nelson Piquet Jr., e crese que asegurouse o status de número un dentro do equipo. O equipo comezou en 2008 de forma similar á do ano anterior, Fernando Alonso logrou quedar cuarto na apertura no Gran Premio de Australia como resultado dun erro do anterior empregado de Renault Heikki Kovalainen. Con todo, a forma aínda estaba moi por baixo da de 2006 durante a primeira metade da tempada 2008. O equipo probou partes novas no Gran Premio español, incluíndo unha nova cuberta de motor, coñecida como "de aleta de tiburón", similar á presentada por Red Bull no seu RB4. Alonso logrou cualificarse na primeira fila para esa carreira cunha carga lixeira de combustible, pero retirouse co motor avariado a media carreira. O rendemento na cualificación na primeira fila de Alonso en España foi un raro momento de logro do ex campión do mundo. Ambos coches retiráronse no Gran Premio do Canadá e Nelson Piquet Jr., retirouse de seis das nove primeiras carreiras, non puido anotar ata o Gran Premio de Francia.

O Gran Premio de Alemaña anunciou un cambio na fortuna do equipo. Piquet Jr. beneficiouse do despregue do coche de seguridade para asegurar o primeiro podio do ano de Renault co segundo posto. Os dous pilotos anotaron no Gran Premio de Hungría aínda que non o lograron en Valencia, dúas semanas máis tarde. Dous cuartos postos para Alonso en Bélxica e Italia foron o preludio do Gran Premio de Singapur, no que Alonso beneficiouse do accidente do seu compañeiro de equipo (máis tarde revelou que fora un erro deliberado para axudar ao español. Véxase: Controversia sobre o accidente de Renault) para lograr a súa primeira vitoria da tempada, e de Renault por primeira vez desde o Gran Premio do Xapón de 2006. Esta vitoria converteu a Alonso e Renault nos primeiros gañadores dunha carreira de Fórmula Un celebrada con luz artificial. Renault subliñou o seu regreso á parte dianteira no posterior Gran Premio do Xapón, no que Alonso mantívose afastado do erro de Lewis Hamilton na primeira curva para lograr unha nova vitoria. Piquet Jr. terminou cuarto na súa mellor actuación no equipo da tempada. Un cuarto posto en China foi seguido por segundo posto de Alonso na última carreira da tempada o Gran Premio do Brasil.

Tempada 2009

[editar | editar a fonte]

Renault comezou a tempada con grandes esperanzas de loitar polos dous títulos mundiais. Aínda que Alonso logrou catro finais nos puntos nas seis primeiras carreiras, pronto quedou claro que esta meta non era realista. A mediados da tempada parecía coma se Renault avánzase, con Alonso marcando a volta rápida en Alemaña e logrando a pole position en Hungría, aínda que cunha pequena carga de combustible. Con todo, Alonso viuse obrigado a retirarse antes de tempo en Hungría debido a un fallo da bomba de combustible, logo de entrar a boxes en tres rodas debido a perda dunha roda dianteira que desprendeuse porque quedou mal montada na súa primeira parada en boxes. En Bélxica Alonso de novo que parecía lograr un podio para o equipo, pero tivo que retirarse con outro problema cunha das súas rodas que resultou danada como consecuencia dun choque na primeira volta con Adrian Sutil. Piquet desenvolveuse mal na primeira metade da tempada e foi substituído por Romain Grosjean para o último terzo da tempada. Nin Piquet nin Grosjean lograron sumar un punto. Un podio en Singapur foi un pequeno consolo no que fora unha tempada frustrante e controvertida para o equipo.

Nelson Piquet Jr. pilotando o Renault no Gran Premio de Turquía de 2009
O novato Romain Grosjean pilotando o Renault R29 de-patrocinado no Gran Premio do Xapón de 2009.

Renault fora suspendido por unha carreira (Gran Premio de Europa de 2009) debido ao incidente no que Fernando Alonso perdera a roda instalada incorrectamente no Gran Premio de Hungría de 2009, con todo, isto foi revogado en apelación trala decisión da FIA o 17 de agosto de 2009.[8][9]

O 4 de agosto, comunicouse a Nelson Piquet Jr. que non ía continuar pilotando para eles o resto da tempada. "recibín a notificación de Renault da súa intención de que deixase de conducir para eles na tempada de F1 actual", lese nun comunicado no sitio web de Piquet. Piquet describira a tempada 2009 de Fórmula Un como "o peor período da miña carreira" e criticara ao xefe do equipo Flavio Briatore.[10] Foi substituído polo piloto de probas Romain Grosjean a partir do Gran Premio de Europa.[11]

Logo do seu primeiro podio do ano en Singapur, Fernando Alonso confirmou que se iría de Renault, firmara con Ferrari a partir de 2010 ata 2012. Alonso afirmou que poñería fin á súa carreira no xigante italiano, polo que era pouco probable que volvera ao equipo francés. Alonso foi substituído polo piloto polaco Robert Kubica.

acusacións de amaño de carreiras

ING Renault F1 Team non apelou as últimas alegacións da FIA relativos ao Gran Premio de Singapur de 2008 . Tamén desexa manifestar que o seu director xerente, Flavio Briatore e o seu director executivo de enxeñería, Pat Symonds, deixaron o equipo
—Renault F1 statement, 16 de setembro de 2009[12]

Durante a tempada de 2009, as accións de Renault F1 durante a tempada de 2008 examináronse polo presunto amaño da carreira. A cuestión que rodeou o accidente de Nelson Piquet Jr. durante o Gran Premio de Singapur de 2008, e que o seu compañeiro de equipo en Renault Fernando Alonso logrou gañar. Nese momento, Piquet Jr. describira o incidente como un simple erro. Logo de que Piquet Jr. abandonou o equipo Renault en agosto de 2009, xurdiron acusacións de que este accidente fora deliberado, para dar unha vantaxe a Alonso. Tras unha investigación da Fédération Internationale de l'Automobile (FIA) Piquet Jr. declarou que fora consultado polo director do equipo Renault Flavio Briatore e o enxeñeiro Pat Symonds para poñer en escena o accidente, o 4 de setembro de 2009 Renault foi acusado de conspiración e de amaño da carreira, e debéron facer fronte ao Consello Mundial de Automobilismo da FIA en París o 21 de setembro de 2009. Inicialmente, Renault e Briatore afirmaron que tomarían medidas legais contra Piquet Jr. por facer falsas acusacións, con todo, antes da reunión do 21 de setembro, Renault anunciou que non refutaría os cargos, e que Briatore e Symonds deixaran o equipo.[13][14] Na reunión, o Consello expulsou a Renault da Fórmula Un, pero suspendeu esta sanción por dous anos, o que significaba que Renault sería expulsado da Fórmula Un se ocorría un incidente similar antes do final da tempada 2011. A FIA afirmou que Renault probablemente sería expulsado da Fórmula Un se non tomase unha acción rápida na expulsión de Briatore e Symonds. Na mesma sesión, Briatore foi expulsado das carreiras da FIA de por vida, mentres que Symonds foi sancionado cunha prohibición de cinco anos. As prohibicións de Briatore e Symonds foron anuladas posteriormente por un tribunal francés en 2010. A FIA, Briatore e Symonds chegaron a un acordo que permitiu a Briatore e Symonds volver á FIA en 2011 e á Fórmula Un en 2013.

Tempada 2010

[editar | editar a fonte]
Robert Kubica pilotando o Renault no Gran Premio de Bahrain de 2010, coas distintivas cores amarela e negra

En 2010, Renault vendeu a súa participación maioritaria no equipo a Genii Capital, unha empresa de investimentos con sede en Luxemburgo[15] Con todo Renault aínda conservaba unha participación do 25% no equipo e continuou como fornecedor de motores. Red Bull Racing confirmou que utilizarian os motores Renault para 2010. Robert Kubica asinou como substituto de Alonso o 7 de outubro de 2009,[16], pero tralo acordo accionarial, Kubica e o seu representante Daniel Morelli pediron aclaracións sobre a estrutura de xestión antes de comprometerse co equipo.[17] Con todo, no novo ano, deuse a aclaración e Kubica estaba listo para comprometerse co equipo.[18] O 31 de xaneiro, Vitaly Petrov asinou para ser compañeiro de equipo de Kubica, converténdose no primeiro piloto ruso na Fórmula Un.

O 5 de xaneiro, Eric Boullier foi anunciado como o novo director do equipo Renault, en substitución de Bob Bell. Que volvería ao seu antigo papel como director técnico[19]

Entón o novato Vitaly Petrov pilotando o Renault R30 durante o GP Canadá 2010 .

Na primeira rolda en Bahrein, Petrov retirouse coa suspensión rota na volta 14, e Kubica terminou no undécimo lugar.

Kubica conseguiu o seu primeiro podio co equipo, cun segundo posto en Australia. Petrov retirouse da carreira, logo de trompear no circuíto.

Kubica terminou as seguintes 3 carreiras nos puntos, un cuarto lugar en Malaisia, un 5º lugar en Xangai, e o 8º lugar en Barcelona. Petrov anotou pola súa banda os seus primeiros puntos na Fórmula 1 na China co seu 7º lugar, podería ser máis, pero fixo un trompo cando ía cuarto, con todo, aínda se recuperou para puntuar.

Logo de establecer tempos rápidos o xoves e o tempo máis rápido na sesión de adestramentos do sábado, seguido polo 2º lugar na clasificación, Kubica terminou en 3º lugar en Mónaco, a só 1,6 segundos do vencedor. Petrov retirouse nas últimas voltas da carreira, pero aínda así clasificouse 13º.

Vitaly Petrov cualificou e correu por detrás de Robert Kubica en case todas as carreiras. Con todo, Petrov atopou unha forma considerable no Gran Premio de Hungría de 2010 cando cualificou mellor que Kubica por primeira vez e terminou a carreira en quinto lugar. Con todo, en Bélxica, Petrov cometeu un erro que terminou cun accidente na primeira sesión de cualificación cando subiu polos bordos na curva Liege, alegou que estaba probando para ver como eran en mollada e se eran utilizables na súa volta rápida. O seu fracaso para establecer un tempo colocouno 24º na grella, aínda que unha penalización por cambiar a caixa de cambios no Sauber de Pedro de la Rosa ascendeuno ao 23º. Con todo, terminou noveno, o que permitiulle acabar nos puntos en tres carreiras consecutivas. En Singapur, Petrov ía sétimo antes de ser botado fóra por Nico Hülkenberg, mentres que Kubica viuse obrigado a realizar unha parada non programada ao final da carreira cunha picada nunha roda, antes de pasar a recuperar case todos os lugares que perdera.

Os rumores apuntaban ao Campión do Mundo de 2007 Kimi Räikkönen para substituír a Petrov en 2011, pero o finlandés rexeitou iradamente os rumores de que se uniría ao equipo, e indicaba que estaba molesto porque cría que Renault estaba usando o seu nome polo seu propio beneficio e que estas accións significaban que non competiría para eles.[20]

Lotus Renault GP (2011)

[editar | editar a fonte]

Tempada 2011

[editar | editar a fonte]
Nick Heidfeld liderando diante de Heikki Kovalainen ( equipo Lotus) no Gran Premio de Malaisia de 2011, o patrocinio do Grupo Lotus de Renault en 2011. conduciu a unha disputa xudicial sobre os dereitos do nome entre os dous equipos

O 5 de novembro de 2010, Autosport informou que Renault estaba a piques de reducir a súa participación no ano 2011 e convérterse soamente nun provedor de motores, co equipo cerrando unha alianza con Lotus Cars para comprar a súa participación do 25% no equipo.[21] O acordo concluíu a principios de decembro de 2010, o equipo pasou a chamarse Lotus Renault GP para 2011, en virtude dun acordo de patrocinio asinado con Lotus Cars ata 2017.[1] Renault continuou apoiando ao equipo fornecendo motores e a súa experiencia. O nome do chasis Renault continuou utilizandose, coa imaxe de marca Renault no novo esquema de cores negro e o ouro que se utilizou por última cando Renault e Lotus uníronse na década de 1980. Durante 2011, o equipo competiu contra outro equipo que estaba usando o nome de Lotus. O equipo, que competiu na tempada 2010 como Lotus Racing (utilizando unha licenza do Grupo Lotus que máis tarde foi recindida polo Grupo Lotus) rebautizándose a si mesmo como "Team Lotus" para a tempada 2011 logo da compra dos dereitos de propiedade do nome histórico.[22]

En xaneiro de 2011, o director do equipo Éric Boullier anunciou que o equipo correría baixo unha licenza británica en 2011, logo de correr como franceses desde que Renault se fixo cargo en 2002.[23] Isto deixou o deporte sen ningún equipo baixo licenza francesa por primeira vez desde a tempada 1975 de Fórmula Un. O Grupo Lotus aínda non adquirira unha participación no equipo, pero tivo a opción de facelo a finais de 2012.[24] Xunto coa presentación do seu novo coche, Lotus Renault GP anunciou que contrataran a Jean Alesi como embaixador do equipo e piloto de probas para o proxecto T125. O 6 de febreiro de 2011, Robert Kubica resultou gravemente ferido nun accidente durante un rally en Italia.[25] Non estaba claro se ía ser capaz de volver a tempo á Fórmula Un na tempada de 2011.[26][27] O 16 de febreiro, anunciouse que Nick Heidfeld asinara como substituto de Kubica, mentres que Kubica seguía contratado polo equipo para o ano 2011.[28]

Pese a 0% da propiedade de Renault o equipo continuou utilizando o nome Renault ata o final da tempada 2011. O equipo tamén usou unha licenza británica.

O equipo comezou a tempada con forza no Gran Premio de Australia de 2011. Con Petrov logrando o seu primeiro podio na Fórmula Un, terminando terceiro, Heidfeld terminou duodécimo cun coche danado.[29] Heidfeld terminou terceiro na seguinte carreira en Malaisia, mentres que Petrov retirouse a última hora, pasou por unha fochanca que lanzou o seu coche polo aire e rompeu a columna de dirección do vehículo no aterraxe.[30] O equipo tivo unha fin de semana máis difícil na China, Petrov terminou noveno saíndo décimo logo dun problema mecánico na cualificación, Heidfeld terminou duodécimo.[31] Heidfeld e Petrov terminaron sétimo e oitavo en Turquía, o rendemento de principio de tempada do equipo comezou a desvanecerse. Heidfeld terminou noveno en España logo de perderse a cualificación debido a un incendio na práctica, mentres que Petrov terminou xusto fóra dos puntos no undécimo lugar. Heidfeld anotou máis puntos en Mónaco co oitavo lugar, mentres que Petrov retirouse logo de quedar atrapado nun accidente con outros coches. Petrov terminou quinto no chuvoso Gran Premio do Canadá de 2011, Heidfeld retirouse logo de danar o alerón dianteiro do seu coche nunha colisión con Kamui Kobayashi. O equipo sufriu un difícil fin de semana en Valencia, Heidfeld anotou un só punto no décimo lugar e Petrov terminou 15º. Novas restriccións sobre o uso dos difusores soprados introducíronse para o Gran Premio do Reino Unido de 2011, e o equipo viuse gravemente afectado logo de deseñar o seu coche en base ao sistema. Heidfeld logrou o 8º lugar na carreira, e Petrov o 12º. Heidfeld foi substituído por Bruno Senna para o Gran Premio de Bélxica de 2011 en agosto.[32] O 29 de novembro de 2011, o equipo confirmou que contrataran con éxito Kimi Räikkönen como piloto oficial para 2012. O 9 de decembro de 2011, o equipo tamén confirmou que Romain Grosjean uniríase a Räikkönen en 2012. Durante a tempada 2012, o equipo sería coñecido como o Lotus F1 team.

Renault Sport Formula 1 Team (2016-2020)

[editar | editar a fonte]

Tempada 2016

[editar | editar a fonte]

O 28 de setembro o ano 2015 Renault Sport F1 anunciou que fora asinada unha carta de intencións entre o Grupo Renault e Gravity Motorsports que é propiedade de Genii Capital e nas seguintes semanas sería discutida unha transacción de adquisición para que Lotus F1 team (que foi propiedade de Renault ata 2010) na teempada 2016 o equipo competira como Renault Sport Fórmula 1 team.[33] Especulouse que o veterano piloto de F1 Alain Prost, que pilotou para Renault entre 1981 e 1983, podería ter un papel maior no equipo.[34]

O 3 de decembro do ano 2015 Renault anunciou que adquirira o equipo Lotus F1 e preparabase para a tempada 2016 de Fórmula Un presentando máis información a principios de 2016.[35]

O 3 de febreiro de 2016, Renault deu a coñecer a librea de probas para o seu coche de 2016, o Renault RS16, e confirmou a Kevin Magnussen e Jolyon Palmer como os seus dous pilotos oficiais, e ao campión da GP3 de 2015 Esteban Ocon como o seu piloto de reserva, Carmen Jordá como o seu piloto de desenvolvemento, e a varios pilotos, incluíndo o campión en 2015 da Fórmula Renault 3,5 Oliver Rowland, Jack Aitken, Louis Deletraz e Kevin Jorg como parte da súa academia de pilotos. Ademais, Bob Bell (antes de Mercedes, Marussia e a encarnación previa de Renault) foi confirmado como director técnico do equipo e Frédéric Vasseur (de ART Grand Prix) como o novo director de carreiras.[36] Renault Sport F1 asociouse principalmente coa Alianza Renault-Nissan. Con todo, tamén ten outros patrocinios con socios incluíndo Bell & Ross, Devialet, EMC, Genii Capital, Infiniti, Total, CD-adapco, Microsoft e Jack & Jones.[37]

O equipo finalizou a tempada no noveno lugar con 8 puntos.[38]

tempada 2017

[editar | editar a fonte]
Nico Hülkenberg pilotando para Renault no Gran Premio de Malaisia de 2017

O 11 de xaneiro de 2017, Frédéric Vasseur abandonou o equipo tras desacordos co persoal do equipo,[39][40] polo tanto o equipo estivo xestionado polo presidente Jérôme Stoll e o director xeral Cyril Abiteboul.[41]

O 14 de outubro de 2016, anunciouse que Nico Hülkenberg se uniría ao equipo para a tempada 2017.[42] Kevin Magnussen abandonou o equipo para unirse a Haas, con Jolyon Palmer permanecendo no equipo por segunda tempada,[43] pero foi substituído por Carlos Sainz a partir do Gran Premio dos Estados Unidos de 2017 en diante, despois de lograr un só punto.[44] Sainz tivo un bo debut no Gran Premio dos Estados Unidos, acabando sétimo e superando ao seu compañeiro de equipo que se retirou da carreira.[45] O equipo rematou a tempada no sexto lugar con 57 puntos.[46]

tempada 2018

[editar | editar a fonte]
Nico Hülkenberg pilotando para Renault no Gran Premio de Austria de 2018

Nico Hülkenberg seguiu pilotando para Renault en 2018 xa que asinou un acordo plurianual o ano anterior.[47] Despois de unirse ao equipo a mediados de tempada en 2017, Carlos Sainz seguiu pilotando para eles en 2018. Finalizaron 4º no campionato con 122 puntos.[48]

tempada 2019

[editar | editar a fonte]
Daniel Ricciardo pilotando para Renault no Gran Premio da China de 2019

O 3 de agosto de 2018, anunciouse que o piloto de Red Bull Racing Daniel Ricciardo uniríase ao equipo nun contrato de dous anos para pilotar xunto co seu compañeiro Hülkenberg.[49]

Atormentado por problemas de fiabilidade ao comezo da tempada e por un desempeño aerodinámico deficiente, o equipo quedou quinto no Campionato de Construtores, sen conseguir escapar do medio da clasificación. Tamén foi de destacar o Gran Premio do Xapón de 2019, do que o equipo foi descualificado como resultado do seu sistema automático de cambio de equilibrio de freos, que se considerou ilegal.

Ao final da tempada, o equipo anunciou cambios no departamento aerodinámico do seu equipo como resultado dos fracasos do R.S.19. O director técnico do chasis, Nick Chester, deixou o equipo[50], co antigo enxeñeiro de chasis de Ferrari e McLaren Pat Fry e antigo enxeñeiro de aerodinámica de Williams e Ferrari Dirk de Beer uníndose ao equipo.[51]

Tempada 2020

[editar | editar a fonte]

O expiloto de Force India e piloto de reserva de Mercedes Esteban Ocon uniuse a Renault para a tempada 2020, por un contrato de varios anos, en substitución de Nico Hülkenberg.[52] En Bélxica, Renault terminou 4º e 5º, anotando 23 puntos nunha soa carreira, a súa máxima puntuación en calquera carreira como construtor e a súa primeira volta rápida nunha década.[53] No Gran Premio de Eifel de 2020 no circuíto de Nürburgring, Ricciardo logrou o terceiro posto, o primeiro podio do equipo desde o Gran Premio de Malaisia de 2011. Ricciardo tamén logrou o terceiro posto no Gran Premio da Emilia Romaña.[54] Ocon tamén logrou o segundo posto no Gran Premio de Sakhir, o seu primeiro podio e terceiro de Renaul na tempada.

Renault cambiara o seu nome a Alpine para a tempada 2021.[55]

Fornecedor de motores

[editar | editar a fonte]

Primeira era do turbo (década 1980)

[editar | editar a fonte]
O logo de Renault Sport F1 o fornecedor oficial de motores Renault de Formula 1. (2011-2015)
Un Williams-Renault FW12C de 1989.

Renault comezou a fabricación de motores na fábrica de Viry-Châtillon en 1976, logo de pechar o antigo departamento de competición de Alpine,[56][57] que desarrollouse en conxunto co equipo de Fórmula Un baixo a división Renault Sport.[56][57] Fabricouse o primeiro motor turbo visto na categoría,[58] o Renault Gordini-EF1 1,5 litros V6,[58][59] nun momento en que os motores de aspiración natural de 3 litros eran predominantes.[58] Inicialmente só forneceron motores ao equipo oficial, Renault comezou un programa para clientes en 1983 cando se converteu en fornecedor de motores do Team Lotus.[60] Mecachrome, unha empresa de enxeñería de precisión, preparaba os motores para os equipos clientes.[61]

Aínda que nun principio non era competitivo, coa contratación do deseñador Gérard Ducarouge a marca gañou competitividade cara á parte posterior da tempada de 1983 en 1984, con Nigel Mansell e Elio de Angelis anotando podios regulares. Ese ano, Renault tamén comezou a fornecer motores ao equipo Ligier,[62], que anotou tres puntos en 1984, unha mellora con respecto a non clasificar no campionato de 1983. En 1985 Ayrton Senna uniuse a Team Lotus combinando talento e velocidade, e a pesar dun consumo ineficiente do Lotus 97T lograon oito poles e tres vitorias (dúas de Senna, unha de De Angelis), pero a falta de fiabilidade impediu o intento de loitar polo título. O equipo Tyrrell comezou a usar o motor Renault a partir do sétimo Gran Premio do ano, mentres que Ligier gañou tres podios no Ligier JS25. En 1986, o aristócrata Johnny Dumfries, foi elixido para ser o novo compañeiro de Senna en Lotus logo de que Senna vetara a elección orixinal de Derek Warwick. Máis poles e dúas vitorias para o brasileiro seguiron co Lotus 98T, pero o coche seguía con problemas similares aos do seu predecesor, problemas de fiabilidade e consumo de combustible. Isto impediu que Lotus sostivera o reto a longo da tempada cos equipos principais McLaren e Williams.

Logo da tempada 1985, o equipo oficial de Renault abandonou a participación na Fórmula Un, pero continuou como fornecedor de motores para Ligier, Tyrrell e Lotus. 1986 viu a presentación do motor EF15B, que incluía unha serie de innovacións, como o aceso estático e retorno da válvula pneumática. Renault Sport detívo o programa de motores ao final do ano, logo de anotar 19 poles e 5 vitorias en grandes premios cos equipos dos clientes.[58]

Motores de aspiración natural (1990 e 2000)

[editar | editar a fonte]
Johnny Herbert no Benetton - Renault durante o Gran Premio do Canadá de 1995. Renault gañou 16 carreiras de 17 carreiras na tempada 1995, con Benetton e Williams. É a marca de máis vitorias nun ano como fornecedor de motores, aínda que Ford-Cosworth gañou todas as carreiras en 1969 (11 carreiras) e 1973 (15 carreiras).

Renault retornou como fornecedor de motores de Fórmula Un en 1989 coa prohibición dos motores turboalimentados, en asociación co equipo Williams. A fábrica de Viry produciu o primeiro motor de 3.5 motor V10, o RS1, mentres que outros fabricantes de motores fornecían, motores V8 ( Ford, Judd e Yamaha), V10 ( Honda), ou V12 (Ferrari e Lamborghini).[58] A combinación de Williams-Renault anotou a súa primeira vitoria en mollado no Gran Premio do Canadá de 1989, con Thierry Boutsen, e terminou a súa tempada inicial tamén con Boutsen gañando o moi chuvioso Gran Premio de Australia de 1989.[63] Williams tiña signos prometedores para os 2 anos seguintes e en 1992, coa axuda da suspensión activa, o Williams-Renault foi o coche gañador do Campionato Mundial, gañando máis da metade das carreiras durante a tempada, o seu piloto Nigel Mansell gañou o título de pilotos.[58] O ex cliente equipo Ligier tamén renovou o uso dos motores Renault en 1992.[58] O campionato foi gañado nuevamente por Williams en 1993, usando a tecnoloxía avanzada do coche Williams FW15C, o equipo desenvolvera a tecnoloxía, tal como freos antibloqueo, control de tracción e dirección asistida, xunto co uso do motor RS5 cun redeseño da admisión e a combustión. Alain Prost gañou o campionato de pilotos logo de gañar 7 das 16 roldas, e o seu compañeiro de equipo Damon Hill gañou outros tres grandes premios. A tempada 1994 viu morrer ao piloto de Williams Ayrton Senna no Gran Premio de San Marino de 1994, que deixou ao seu inexperto compañeiro de equipo Damon Hill como líder do equipo. Hill estaba a 37 puntos do líder do campionato Michael Schumacher no Gran Premio de Francia, pero logrou pechar a brecha ata 1 punto antes da última carreira en Adelaide. Os dous pilotos colisionaron en medio da polémica e retiráronse da carreira, polo que Schumacher logrou o campionato de pilotos mentres que Williams retivo o campionato de construtores.

En 1995 as regulacións dos motores reduciron a tres litros o máximo desprazamento do motor, Renault adaptou o RS7, era máis lixeiro e acloparon por primeira vez un acelerador fly-by-wire. Benetton adquiriu os motores Renault de Ligier para 1995 e o seu piloto, Michael Schumacher, logrou defender con éxito o título de pilotos con 33 puntos sobre o seu rival máis próximo, Damon Hill. Benetton gañou o título de construtores por 29 puntos, gañando 11 carreiras durante a tempada. Williams gañou as seguintes dúas tempadas, tanto o campionato de pilotos como o campionato de Construtores con Damon Hill gañou o título en 1996 e con Jacques Villeneuve en 1997. Schumacher e outros membros do persoal de Benetton ficharon por Ferrari en 1996, e o equipo terminou na terceira posición en ambos anos.

Jacques Villeneuve co Williams - Renault durante o Gran Premio do Canadá de 1996. Villeneuve gañaría o título de 1997 utilizando un coche con motor Renault

.

Renault abandonou de novo a F1 a finais de 1997 e as evolucións do seu último motor, o RS9, aínda se utilizaron por moitos equipos durante as seguintes tempadas.[58] Renault continuou traballando con Mecachrome, que pagou polo desenvolvemento dos motores, e forneceu a Williams baixo o nome Mechachrome.[64] Benetton continuou utilizando os motores coa marca Playlife ata o ano 2000, aínda que só conseguido varios podios durante esta vez. A empresa de Flavio Briatore Supertec distribuíu os motores desde 1999,[65] Williams e BAR usáronos baixo o nome Supertec ese ano, e os coches Arrows usáronos no ano 2000. Os motores non tiveron éxito baixo o control de Supertec, e os equipos cambiaron a outro fornecedor logo dunha tempada.[65][66]

Logo da compra do equipo Benetton por Renault, non proporcionaron motores aos clientes ata o 2007, cando asinaron un acordo con Red Bull Racing o 15 de setembro de 2006. Red Bull foi un equipo da metade da táboa durante os primeiros dous anos da asociación, antes de que un cambio na normativa para a tempada 2009 de Fórmula Un que permitiu a Red Bull lograr a súa primeira vitoria no Gran Premio da China de 2009.[67] Os pilotos Sebastian Vettel e Mark Webber lograron outras cinco vitorias para permitir que o equipo en terminar segundo no Campionato de Construtores. En 2010, Vettel e Red Bull gañaron os dous campionatos, polo que foi o noveno título para un motor Renault, e o primeiro para o RS27.[68]

Era moderna e volta dos turbos (década de 2010)

[editar | editar a fonte]
Un camión de Renault Sport F1 na A26 cerca Calais, Francia

A finais de 2010, cando Renault vendeu a súa participación restante no equipo de Fórmula Un con sede en Enstone, creou unha compañía subsidiaria en base a fábrica de motores en Viry-Châtillon coñecida como Renault Sport F1.[69][70] Renault Sport F1 continuou fornecendo motores ao seu ex equipo e a Red Bull, e ampliaron os seus clientes a Lotus Racing ao final de 2010.[71][72] Red Bull volveu gañar os dous títulos en 2011, o Red Bull RB7 foi inalcanzable polos seus opoñentes, logrou 18 poles ao longo da tempada. Vettel mantivo o liderado do campionato desde a primeira carreira en Australia, e terminou en primeira ou segunda posición en cada Gran Premio ata a súa carreira de casa en Alemaña, onde terminou en cuarto lugar. Logo continuou a súa carreira de podios, coa excepción dunha retirada, ata o final da tempada, mentres que Webber terminaba por detrás agás nas dúas últimas carreiras.[73] En 2012, o equipo Red Bull[74] e Sebastian Vettel[75] foron capaces de lograr dous campionatos por terceira vez, malia que o RB8 non gozar do dominio da tempada anterior e sufriu algúns problemas de fiabilidade relacionados co alternador do RS27.[76] Ese ano, Williams regresou á súa asociación con Renault, firmando un acordo para recibir os motores RS27 ata o final de 2013.[77] Red Bull volveu a un ritmo dominante na tempada de 2013 e tanto o equipo como Sebastian Vettel conseguiu o seu cuarto título consecutivo no Gran Premio da India de 2013.[78][79]

Renault desenvolveu un novo motor 1,6 litros V6 turboalimentado, o Renault Energy F1-2014, en liña coas novas regulacións para o 2014.[80] O 21 de xuño de 2013, Renault deu a coñecer o seu novo motor no París Air Show. Foi nomeado Energy F1 logo do motores de estrada de Renault.[81] Red Bull[82] e Caterham[83] (anteriormente Lotus Racing / Team Lotus) tiña ofertas para utilizar motores Renault ata o ano 2016. No Gran Premio de Mónaco de 2013, a Scuderia Toro Rosso anunciou un contrato con Renault para o período 2014-2016.[84]

Durante o inicio de 2014 nas probas en Xerez os novos motores Renault mostraron problemas tanto nos sistemas de recuperación de enerxía como no turbo.[85][86] Introducíronse correccións parciais nas últimas probas de pretempada en Bahrain, especialmente as actualizacións de software.[87] Na primeira parte da tempada 2014, o Energy F1-2014 foi obxecto de diversas críticas pola súa escasa fiabilidade e falta de velocidade punta,[88][89][90] incluíndo a do xefe de Red Bull Christian Horner, que describe o comportamento de "inaceptable" logo do fracaso do equipo na carreira en casa en Austria.[91] Renault presentou compoñentes revisados e máis actualizacións de software que trataron de reducir a brecha cos seus rivais.[92]

En 2015, Red Bull terminado unilateralmente o seu contrato para o 2016 con Renault, basandose na falta de cumprimento do Renault Enegy F1-2015 en comparación cos seus rivais.[93] Con todo, máis tarde renegociouse o seu acordo, os plans de Red Bull de conseguir unha unidade de enerxía máis competitiva fracasaron. En 2016, as unidades de potencia Renault usadas por Red Bull levaran o distintivo TAG Heuer[94] Logo de rescisión do contrato de fornecemento con Renault do motor de 2.016 coa Scuderia Toro Rosso, e o equipo regresou ao seu antigo fornecedor Ferrari.[95]

Resultados do motor de Fórmula Un cos clientes

[editar | editar a fonte]
Construtor Tempada(s) Total vitorias Primeira vitoria Última vitoria
Lotus 1983-1986 5 Gran Premio de Portugal de 1985 Gran Premio de Detroit de 1986
Francia Ligier 1984-1986, 1992-1994 0 - -
Tyrrell 1985-1986 0 - -
Williams 1989-1997, 2012-2013 64 Gran Premio do Canadá de 1989 Gran Premio de España de 2012
/Italia Benetton 1995-1997, 2001 12 Gran Premio do Brasil de 1995 Gran Premio de Alemaña de 1997
Austria Red Bull 2007-2015 50 Gran Premio da China de 2009 Gran Premio de Bélxica de 2014
Malaisia Lotus 2011 0 - -
Lotus 2012-2014 2 Gran Premio de Abu Zabi de 2012 Gran Premio de Australia de 2013
Malaisia Caterham 2012-2014 0 - -
Italia Toro Rosso 2014-2015 0 - -
McLaren 2018-2020 0 - -
Total 19832020 133 Gran Premio de Portugal de 1985 Gran Premio de Bélxica de 2014

Negra indican acordos de motor actuais.

  • Exclúe o equipo de fábrica.

Resultados na Fórmula 1

[editar | editar a fonte]

(Negra indica campionato gañado.)

* Tempada actural

Monoprazas

[editar | editar a fonte]

A seguinte galería mostra os diferentes modelos que usou Renault na Fórmula 1.

  • 1977-1983
Renault RS01 (1977-79)
Renault RS01 (1977-79)
Renault RE20 (1980-81)
Renault RE20 (1980-81)
Renault RE30 (1981-83)
Renault RE30 (1981-83)
  • 1984-2004
  • 2005-2009
  • 2010-2018
  • 2019-2020
  1. 1,0 1,1 "Renault F1 team to be renamed Lotus Renault GP in 2011". BBC Sport (BBC). 8 de decembro de 2010. Consultado o 8 de decembro de 2010. 
  2. Henry, Alan (1985). Brabham, the Grand Prix Cars. Osprey. ISBN 0-905138-36-8.  pp.267—269
  3. Spurgeon, Brad (24 de marzo de 2000). "Teams Rev Up for Battle in the Brand-Name Game". International Herald Tribune. p. 24. 
  4. Bishop, Matt (2006). "The Long Interview: Flavio Briatore". F1 Racing (outubro): 66–76. 
  5. "FIA bans controversial damper system". pitpass.com (Pitpass). 21 de xullo de 2006. Consultado o 1 de outubro de 2010. 
  6. ING replaces Mild Seven at Renault. Retrieved 16 de outubro de 2006.
  7. Renault Charged With Having McLaren Data Arquivado 29 de novembro de 2020 en Wayback Machine.. consultado o 8 de novembro de 2007.
  8. International Court of Appeal – Decision. Retrieved 17 de agosto de 2009. Copia arquivada en Wayback Machine
  9. Renault suspended from next race. Retrieved 26 de xullo de 2009.
  10. "Piquet Jr dropped by Renault team". BBC Sport. 4 de agosto de 2009. Consultado o 4 de agosto de 2009. 
  11. English, Steven (18 de agosto de 2009). "Renault confirms Grosjean in, Piquet out". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 18 de agosto de 2009. 
  12. "ING Renault F1 Team Statement – 16 de setembro de 2009". Archived from the original on 24 de setembro de 2009. Consultado o 28 de abril de 2022. 
  13. Cary, Tom (17 de setembro de 2009). "Q and A: why Renault face race-fixing allegations and other questions". London: The Telegraph. Consultado o 17 de setembro de 2009. 
  14. "Renault blames Briatore & Symonds". BBC Sport. 17 de setembro de 2009. Consultado o 17 de setembro de 2009. 
  15. "Renault stay in F1, kind of". AUSMotive (WordPress). 16 de decembro de 2009. Consultado o 1 de outubro de 2010. 
  16. "Kubica to race for Renault in 2010". 7 de outubro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 09/10/2009. Consultado o 27/02/2016. 
  17. "Robert Kubica not sure to stay at new-look Renault". BBC News. 16 de decembro de 2009. 
  18. "Robert Kubica will stay with Renault Formula 1 team". BBC News. 4 de xaneiro de 2010. 
  19. Noble, Jonathan (5 de xaneiro de 2010). "Boullier joins Renault as team principal". autosport.com (Haymarket Media). Consultado o 5 de xaneiro de 2010. 
  20. "Angry Raikkonen rules out F1 return with Renault". motorsport.com (GMM). 5 de outubro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2012. Consultado o 6 de outubro de 2010. 
  21. Noble, Jonathan (5 de novembro de 2010). "Renault team set for Lotus Cars tie-up". autosport.com (Haymarket Publishing). Consultado o 6 de novembro de 2010. 
  22. Beer, Matt (8 de decembro de 2010). "Team Lotus still bullish over name". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 10 de decembro de 2010. 
  23. Noble, Jonathan (13 de xaneiro de 2011). "Renault to switch to British licence". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 15 de xaneiro de 2011. 
  24. Noble, Jonathan (31 de xaneiro de 2011). "Renault frustrated by Lotus name row". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 1 de febreiro de 2011. 
  25. "Kubica undergoes emergency surgery after rally crash in Italy". Turner Broadcasting System. 6 de febreiro de 2011. Consultado o 11 de febreiro de 2011. 
  26. "F1 ace Kubica 'much better' after rally crash in Italy". Turner Broadcasting System. 7 de febreiro de 2011. Consultado o 11 de febreiro de 2011. 
  27. "Formula 1 driver Kubica targets quick return". The Sydney Morning Herald (Fairfax Media). 11 de febreiro de 2011. Consultado o 11 de febreiro de 2011. 
  28. "Renault confirm Heidfeld as Kubica stand-in". formula1.com (Formula One Administration). 16 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 17/02/2011. Consultado o 16 de febreiro de 2011. 
  29. Holt, Sarah (27 de marzo de 2011). "Vitaly Petrov boosted by Renault podium at Aussie GP". BBC Sport (BBC). Consultado o 28 de abril de 2011. 
  30. Holt, Sarah (10 de abril de 2011). "Sebastian Vettel beats Jenson Button in Malaysian Grand Prix". BBC Sport (BBC). Consultado o 28 de abril de 2011. 
  31. Holt, Sarah (17 de abril de 2011). "Lewis Hamilton storms to China victory over Red Bulls". BBC Sport (BBC). Consultado o 28 de abril de 2011. 
  32. "Bruno Senna to race for Lotus Renault GP". Lotus Renault GP (Renault F1). 24 de agosto de 2011. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2011. Consultado o 24 de agosto de 2011. 
  33. "Lotus-Renault letter of intent". Renault Sport F1 (Renault Sport F1). 28 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2015. Consultado o 28 de setembro de 2015. 
  34. Renault signs a letter of intent to buy a controlling stake in Lotus | F1 News
  35. "Renault Announces Return to Formula 1 in 2016 : Lotus F1 Team" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2016. Consultado o 28 de febreiro de 2016. 
  36. "Renault launch 2016 car with Kevin Magnussen alongside Jolyon Palmer". Sky Sports. 4 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2016. Consultado o 7 de febreiro de 2016. 
  37. "Introduction". Renault Sport. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2016. Consultado o 7 de febreiro de 2016. 
  38. "2016". www.statsf1.com. Consultado o 22 de xaneiro de 2019. 
  39. Noble, Jonathan (11 de xaneiro de 2017). "Renault F1 team boss Frederic Vasseur resigns ahead of 2017". Autosport.com. Consultado o 11 de xaneiro de 2017. 
  40. Chinchero, Roberto; Noble, Jonathan (11 d xaneiro de 2017). "Frederic Vasseur explains decision to leave Renault F1 team". Autosport.com. Consultado o 11 de xaneiro de 2017. 
  41. "Frederic Vasseur: Renault team principal leaves role". BBC Sport (en inglés). 11 de xaneiro de 2017. Consultado o 17 de febreiro de 2017. 
  42. "Nico Hulkenberg: Force India driver to join Renault for 2017". BBC Sport. 14 de outuro de 2016. Consultado o 14 de outubro de 2016. 
  43. "Renault Sport Formula One Team retains Jolyon Palmer for 2017". Renault Sport F1 Team. 9 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2016. Consultado o 9 de novembro de 2016. 
  44. "Renault Sport Formula One Team confirms driver change". Renault Sport F1 Team. 7 de outubro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2017. Consultado o 8 de outubro de 2017. 
  45. "Results". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. Consultado o 28 de outubro de 2017. 
  46. "2017". www.statsf1.com. Consultado o 22 de xaneiro de 2019. 
  47. "Nico Hulkenberg joins Renault for 2017 after leaving Force India". Sky Sports (en inglés). Consultado o 5 de novembrode 2017. 
  48. "2018". www.statsf1.com. Consultado o 22 de xaneiro de 2019. 
  49. "Daniel Ricciardo joins Renault Sport Formula One Team from 2019". Renault Sport. 3 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2018. Consultado o 3 de agosto de 2018. 
  50. "Formula 1 – Press release – Nick Chester, Technical Director Chassis, to leave Renault F1 Team – renaultsport.com". Renault Sport (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2019. Consultado o 23 de decembro de 2019. 
  51. Cooper, Adam. "Renault F1 team signs ex-McLaren and Ferrari man Pat Fry". Autosport.com (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2019. 
  52. "Formula 1 – Press release – Esteban Ocon joins Renault F1 Team – renaultsport.com". Renault Sport (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2019. Consultado o 23 de decembro de 2019. 
  53. "2020 Belgian Grand Prix Facts & Stats: Renault take their first fastest lap for a decade | Formula 1®". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 2020-09-01. 
  54. Morlidge, Matt (11 de outubro de 2020). "Lewis Hamilton equals Michael Schumacher F1 wins record at Eifel GP". Sky Sports. Consultado o 11 de outubro de 2020. 
  55. "Renault to rebrand as Alpine F1 Team in 2021". www.formula1.com. Consultado o 6 de setembro de 2020. 
  56. 56,0 56,1 "Jean Redele". Grandprix.com. Inside F1. 15 de agosto de 2007. Consultado o 17 de outubro de 2011. 
  57. 57,0 57,1 "Viry-Châtillon: 30 years of innovation and expertise". Pitpass.com. 12 de decembro de 2006. Consultado o 17 de outubro de 2011. 
  58. 58,0 58,1 58,2 58,3 58,4 58,5 58,6 58,7 "Renault and F1" (PDF). Renault. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de febreiro de 2012. Consultado o 17 de outubro de 2011. 
  59. "RS01". Renault. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2013. Consultado o 17 de outubro de 2011. 
  60. "Constructors: Renault F1". Grandprix.com. Inside F1. Consultado o 17 de outubro de 2011. 
  61. "Mecachrome". Grandprix.com. Inside F1. Consultado o 3 de febreiro de 2012. 
  62. "Ligier Profile". Grandprix.com. Inside F1. Consultado o 3 de febreiro de 2012. 
  63. "Williams Team History 1989–1996". F1network.net. Consultado o 1 de decembro de 2011. 
  64. "Engine Mecachrome". STATSF1.com. Consultado o 17 de outubro de 2011. 
  65. 65,0 65,1 "Supertec". Grandprix.com. Inside F1. Consultado o 4 de febreiro 2012. 
  66. "Engine Supertec". STATSF1.com. Consultado o 17 de outubro de 2011. 
  67. "Vettel leads Webber in Red Bull one-two (Chinese Grand Prix review)". F1fanatic.co.uk. 19 de abril de 2009. Consultado o 1 de decembro de 2011. 
  68. "Renault Engines Secure Ninth F1 Constructors' Title". Renault. 8 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2012. Consultado o 1 de decembro de 2011. 
  69. Renault, ed. (8 decembro do 2010). "Renault maintains its commitment do F1 and announces the creation of renault Sport F1" [Renault mantén o seu compromiso coa F1 e anuncia a creación de Renault Sport F1] (PDF). Renault (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de novembro de 2013. Consultado o 17 de outubro de 2011. 
  70. "History of Renault in F1". Renault Sport F1 (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2013. Consultado o 3 de outubro de 2011. 
  71. "Renault Engine Partnership". lotusracing.my (Lotus Racing). 5 de novembro de 2010. Consultado o 16 de novembro de 2010. 
  72. "Lotus confirms 2011 Renault engines". F1 Technical. 5 de novembro de 2010. Consultado o 4 de febreiro de 2012. 
  73. Richards, Giles (9 de outubro de 2011). "Sebastian Vettel secures back-to-back F1 world titles in Japan". The Guardian (Guardian Media Group). Consultado o 10 de outubro de 2011. 
  74. Noble, Jonathan (19 de novembro de 2012). "US GP: Third title a dream come true for Red Bull". Autosport.com (Haymarket Media). Consultado o 25 de novembro de 2012. 
  75. Beer, Matt (25 de novembro de 2012). "Brazilian GP: Vettel is champion as Button wins thrilling race". Autosport.com (Haymarket Media). Consultado o 25 de novembro de 2012. 
  76. Noble, Jonathan (19 de novembro de 2012). "US GP: Christian Horner concedes alternator problems are a worry". Autosport.com (Haymarket Media). Consultado o 25 de novembro de 2012. 
  77. Beer, Matt (4 de xullo de 2011). "Williams to run Renault engines again". Autosport.com (Haymarket Media). Consultado o 6 de febreiro de 2012. 
  78. Benson, Andrew (27 de outubro de 2013). "Sebastian Vettel wins fourth F1 world title at the Indian GP". BBC Sport (BBC). Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2013. Consultado o 11 de novembro de 2013. 
  79. Collantine, Keith (27 de outubro de 2013). "Red Bull win constructors' title for fourth time". F1fanatic.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2013. Consultado o 11 de novembro de 2013. 
  80. "F1: Renault to fire up first V6 engine in 2012". Motorsport.com. 20 de decembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2012. Consultado o 1 de xaneiro de 2012. 
  81. "Renault reveals race intent 2014". Renault Group's Motorsport website. 21 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2013. Consultado o 27 de agosto de 2013. 
  82. "Red Bull Racing and Renault". Renault Sport F1. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2012. Consultado o 7 de febreiro de 2012. 
  83. "Caterham extend engine deal with Renault". reuters.com. Reuters. 22 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2013. Consultado o 11 de novembro de 2013. 
  84. "Monaco GP: Red Bull's sister team Toro Rosso make engine switch". BBC Sport (BBC). 26 de maio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2013. Consultado o 11 de novembro de 2013. 
  85. Noble, Jonathan (30 de xaneiro de 2014). "No full fix for Renault's problems before Bahrain Formula 1 test". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 31 de xaneiro de 2014. 
  86. "Q&A WITH ROB WHITE, DEPUTY MANAGING DIRECTOR (TECHNICAL), RENAULT SPORT F1". Renault Sport F1. Renault Group Motorsport website. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 12 de febreiro de 2014. 
  87. "Testing update". Renault Sport F1. Renault Group Motorsport website. 5 de marzo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2014. Consultado o 14 de marzo de 2014. 
  88. "Formula 1 – Renault: Most of Melbourne problems are resolved". uk.eurosport.com. Eurosport. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2015. Consultado o 10 de xuño de 2014. 
  89. Noble, Jonathan (1 de abril de 2014). "Red Bull says F1 title hopes rest on Renault engine's progress". Autosport.com. Haymarket Publications. Consultado o 10 de xuño de 2014. 
  90. "Grosjean: Renault Sport F1 problems "not acceptable"". Crash.net. 9 de abril de 2014. Consultado o 24 de xuño de 2014. 
  91. Noble, Jonathan (22 de xuño de 2014). "Red Bull: Renault form is unacceptable". Autosport.com. Haymarket Publications. Consultado o 24 de xuño de 2014. 
  92. Dale, William (4 de xuño de 2014). "Renault promising F1 engine upgrades for Canada to improve reliability and driveability". foxsports.com.au. Fox Sports Australia. Consultado o 10 de xuño de 2014. 
  93. "Red Bull will quit F1 if they don't get a competitive engine in 2016". Sky Sports. 18 de setembro de 2015. Consultado o 18 de febreiro de 2015. 
  94. Barretto, Lawrence (4 de decembro de 2015). "Red Bull announces it will have TAG Heuer-branded F1 engine in 2016". autosport.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2015. Consultado o 4 de decembro de 2015. 
  95. "2016: Engine and Drivers". Scuderia Toro Rosso. 4 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2015. Consultado o 28 de febreiro de 2016. 
Referencias
  1. ING Group pulled its title sponsorship mid-season due to the "crashgate" controversy.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]