Saltar ao contido

Radicalidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A radicalidade ou radicalismo é a conformidade con principios e puntos de vista radicais en política. O significado do termo radical (do latín radix, raíz) nun contexto político cambiou dende a súa primeira aparición a finais do século XVIII. Porén, conserva o seu sentido dunha orientación política a favor de cambios fundamentais, drásticos ou revolucionarios na sociedade, significando literalmente "cambio de raíz".