Rohirrim
Espectros do Anel, Xinetes Escuros | |
Cabaleiro rohir | |
Líder | Théoden |
---|---|
Mundo de orixe | Terra Media |
Base de operacións | Rohan, na Terra Media |
Lingua | rohírrico |
No legendarium do escritor J. R. R. Tolkien e na novela O Señor dos Aneis, rohirrim é o nome que lle daban en Gondor ós Señores dos Cabalos, os homes de Rohan. É un termo sindarin, composto pola palabras roch + hîr, "señor", "amo", da raíz ROCH, que significa "cabalo" e a palabra rim que significa "hoste", "pobo"; derivado da raíz RIM. Eles mesmos denominábanse eorlingas: "os homes da Casa de Eorl", xa que descendían de Eorl o Xove (2485-2545). O seu nome en singular era rohir.
Son parentes do pobo de Hador que non cruzaron as Montañas Bretemosas, polo que as súas características físicas eran semellantes: a gran maioría eran altos e de gran fortaleza física, de pelo loiro e ollos azuis. Por estas características, os dunlendinos chamábanos Forgoil, "Cabezas de Palla".
Os rohirrim son descendentes directos dos éothéod, aqueles homes do norte que habitaron, primeiro nos Vales do Anduin, e despois nos Altos Vales do Anduin nos séculos XIX e XXV da Terceira Idade do Sol. En virtude da axuda dada ó reino de Gondor trala Batalla dos Campos de Celebrant, o Senescal Cirion deulles a terra de Calenardhon, para que habitaran nela, conformando o Reino de Rohan.
Este pobo participou en moitas batallas a finais da Terceira Idade, pero principalmente na Guerra do Anel. As máis importantes foron, a Batalla do Abismo de Helmo e a Batalla dos Campos de Pelennor, nas que se enfrontaron ás forzas de Saruman e Sauron, respectivamente.