Robert Neelly Bellah
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de febreiro de 1927 Albus, Estados Unidos de América |
Morte | 30 de xullo de 2013 (86 anos) Oakland, Estados Unidos de América |
Relixión | Anglicanismo |
Educación | Universidade Harvard Harvard College |
Director de tese | Talcott Parsons |
Actividade | |
Campo de traballo | Socioloxía da relixión |
Ocupación | sociólogo, profesor universitario |
Empregador | Universidade de California, Berkeley |
Membro de | |
Profesores | Talcott Parsons |
Alumnos | Jeffrey C. Alexander (pt) |
Obra | |
Doutorando | Russell Mark Jeung (en) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Encyclopedia of Modern Christian Politics (2006 ed.) (en) , (sec:Bellah, Robert Neelly (b. 1927)) Obálky knih, |
Robert Neelly Bellah, nado en Altus o 23 de febreiro de 1927 e finado en Oakland o 30 de xullo de 2013, foi un sociólogo estadounidense, profesor emérito da Universidade de California, Berkeley e coñecido polo seu traballo sobre a "relixión civil americana", termo que empregou por primeira vez nun artigo de 1967.[1] A súa magnum opus, Religion In Human Evolution, traza as orixes biolóxicas e culturais da relixión e a súa evolución. Na súa obra ofrece procesos innovadores para reconciliar as sociedades relixiosas tradicionais co cambio social [2].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Universidade Harvard doutorándose en 1955. Foi discípulo de Talcott Parsons, durante os seus anos de estudante foi militante do Partido Comunista dos Estados Unidos. Deu clases en Harvard entre 1957 e 1967, ano no que pasou a Berkeley como profesor de socioloxía, presidindo o Centro de Estudos Xaponeses e Coreanos (1968-1974) e o departamento de socioloxía (1979-1985).
Obras
[editar | editar a fonte]- Tokugawa Religion: The Values of Pre-Industrial Japan (1957)
- Religion and Progress in Modern Asia (1965)
- Beyond Belief: Essays on Religion in a Post-Traditional World (1970)
- Emile Durkheim on Morality and Society (1973)
- The Broken Covenant: American Civil Religion in Time of Trial (1975)
- The New Religious Consciousness (1976)
- Varieties of Civil Religion (1980)
- Habits of the Heart: Individualism and Commitment in American Life (1985)
- Uncivil Religion: Interreligious Hostility in America (1987)
- The Good Society (1991)
- Imagining Japan: The Japanese Tradition and its Modern Interpretation (2003)
- The Robert Bellah Reader (2006)
- Religion in Human Evolution: From the Paleolithic to the Axial Age (2011)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bellah, Robert Neelly (1967). "Civil Religion in America". Journal of the American Academy of Arts and Sciences 96 (1): 1–21. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2005. Consultado o 25 de maio de 2012. From the issue entitled Religion in America.
- ↑ Encyclopaedia Britannica
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista na PBS (en inglés)
- Web oficial Arquivado 03 de novembro de 2014 en Wayback Machine. (en inglés)
- Artigo bibliográfico en UC Berkeley News (en inglés)
- The Immanent Frame, blog con artigos de Bellah (en inglés)