Professional Coin Grading Service
PCGS Professional Coin Grading Services | |
---|---|
Moeda do tesouro de Saddle Ridge encapsulada pola Professional Coin Grading Service | |
Tipo | Compañía privada. |
Fundación | 1985 |
Matriz | Collectors Universe. |
Localización | Santa Ana California. Estados Unidos |
Fundador | David Hall, Silvano DiGenova, Bruce Amspacher, Gordon Wrubel, Van Simmons, John Danreuther, Steve Cyrkin.[1] |
Produtos | Certificación numismática. |
Na rede | |
http://www.pcgs.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Professional Coin Grading Service (PCGS) é unha compañía privada estadounidense con base en Santa Ana, California, que ofrece un servizo internacional de certificación de moedas, fundada en 1985.[2][3]
A compañía conta con divisións en Europa e en Asia,e forma parte do grupo Collectors Universe. PCGS cualificou máis de 42,5 millóns de moedas, medallas, fichas comerciais e billetes, valorados en máis de 36.000 millóns de dólares.[4]
History
[editar | editar a fonte]PCGS foi fundada en 1985 por sete comerciantes numismáticos, entre os que estaba o seu expresidente, David Hall, que pretendían establecer un padrón definitivo para a valoración do estado de conservación das moedas de colección, apoiado por unha garantía da precisión desa valoración.[2]
A compañía comezou as súas operacións o 3 de febreiro de 1986 e foi ampliando o seu ámbito xeográfico ata abrir divisións en Europa e Asia, e foi adquirida polo grupo Collectors Universe.[3][5]
Servizos
[editar | editar a fonte]Certificación
[editar | editar a fonte]PCGS certifica a maioría das moedas dos EEUU e de países estranxeiros. A certificación consiste na súa clasificación, autenticación, atribución e encapsulación en soportes plásticos herméticos, que garanten a súa conservación. As moedas limpadas, raiadas ou deterioradas, aínda que poden ser tamén encapsuladas, non reciben, porén, unha cualificación numérica estrita, senón un comentario verbal.[3][6]
As cápsulas de PCGS están feitas dun plástico transparente, non degradable e amoreable, e inclúen medidas contra a falsificación, como un holograma na súa parte posterior, marcas no soporte e, nalgúns casos, un chip.[7] Unha etiqueta impresa amosa os datos máis salientables da moeda, outra información relevante e, se se coñece, tamén a súa rastrexabilidade, e asígnalle un número de serie e un código universal de produto .[8]
Durante un tempo, PCGS foi escollido como a entidade certificadora oficial do Professional Numismatic Guild ("Gremio Numismático Profesional") e nesa época as cápsulas amosaban o logotipo do PNG. O deseño foi cambiado por outro diferente cando o PNG cambiou de entidade certificadora á Numismatic Guaranty Corporation (NGC).[8]
Rexistro de certificacións
[editar | editar a fonte]PCGS garda un rexistro de todas as moedas que cualificou desde os seus inicios. O acceso a este rexistro é gratuíto a través da súa páxina web e tamén se ofrecen actualizacións periódicas da súa versión impresa.[9][10]
A análise destes rexistros permite realizar estimacións acerca da rareza de moedas concretas. Nalgúns casos revelouse que algunhas moedas que habitualmente se consideraban raras eran, realmente moito máis comúns, en tanto que outras consideradas comúns demostraron ser máis escasas. Estes rexistros son analizados en profuncidade polos numismáticos profesionais á hora de establecer o prezo de determinadas moedas.[3][10]
CoinFacts
[editar | editar a fonte]PCGS mantén o portal CoinFacts, fonte de información das moedas estadounidenses. Neste sitio web, de acceso gratuíto, publícase información tanto sobre as moedas federais como acerca das da época colonial e doutras de carácter prefederal. Inclúense nesta información estatísticas, niveis de rareza, cotización na guía de prezos de PCGS, resultados acadados en poxas públicas, variedades e fotografías.[11][12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ PCGS co-founder dies. En Numismatic News. 21 de xullo de 2008.
- ↑ 2,0 2,1 Laibstain, H. (1995). Investing, collecting & trading in certified commemoratives. DLRC Press. Páxinas 1-134. ISBN 978-1880731512
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Travers, Scott A. (2010). The Coin Collector's Survival Manual . 7ª ed. House of Collectibles, Nova York. Páxinas 1-432. ISBN 978-0375723391
- ↑ "Total coins graded". PCGS.com
- ↑ Hall, D. (2003). "The Story of the Origin of PCGS". PCGS.com
- ↑ "PCGS Collector Services & Fees". PCGS.com
- ↑ "PCGS Announces Security Chip-Embedded Slabs To Protect Against Counterfeiting". PCGS.com
- ↑ 8,0 8,1 "PCGS Announces New Anti-Counterfeiting Coin Holder Arquivado 11 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine.". En Coin Week. 13 de xaneiro de 2014.
- ↑ Morgan, C.; Walker,H. (2013). "A Close Look at PCGS Ike Populations, from 2010 through 2013 Arquivado 29 de novembro de 2020 en Wayback Machine.". En Coin Week. 15 de marzo.
- ↑ 10,0 10,1 Boinott, D. W. (1997). "Population Reports: The Value?". Coin-n-Medal Collectors' Asylum.
- ↑ "PCGS Retro Label, Free CoinFacts Part of 30th Anniversary Announcement Arquivado 11 de abril de 2021 en Wayback Machine.". En Coin Week. 8 de xaneiro de 2016.
- ↑ "PCGS Coinfacts". PCGS.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web de Professional Coin Grading Services Arquivado 26 de novembro de 2020 en Wayback Machine.
- PCGS Coin Facts
- Coin World