Pratt & Whitney PW1000G
Aparencia
Pratt & Whitney PW1000G | |
---|---|
Tipo | turboventilador de engrenaxes |
Fabricante | Pratt & Whitney |
Primeiro encendido | 2008 |
Principais aplicaciós | Familia Airbus A320neo Bombardier CSeries Embraer E-Jets E2 Irkut MC-21 Mitsubishi Regional Jet |
O Pratt & Whitney PW1000G é unha familia de motores turboventilador de engrenaxes de alto índice de derivación, seleccionado como motor exclusivo para a Bombardier CSeries, o Mitsubishi Regional Jet (MRJ) e a segunda xeración dos E-Jets de Embraer, ademais de ser unha opción para o Irkut MC-21 e a familia Airbus A320neo. O proxecto foi anteriormente coñecido como o Geared Turbofan (GTF), e orixinalmente como o Advanced Technology Fan Integrator (ATFI). Agárdase que o motor consuma menos combustible e reduza o nivel de ruído en terra cando se use en avións de nova xeración. O PW1000G entrou en servizo comercial en xaneiro de 2016 co primeiro voo dun A320neo de Lufthansa.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Airways Mag (ed.). "Onboard Lufthansa’s First Airbus A320neo Flight". Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2018. Consultado o 8 de maio de 2018.