Plácido Diéguez Amoeiro
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Galicia, España |
Morte | 9 de outubro de 1939 Verín, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutico |
Familia | |
Pai | Benito Diéguez Amoeiro |
Irmáns | Luis Diéguez Amoeiro Castor Diéguez Amoeiro Mariano Diéguez Amoeiro |
Placido Diéguez-Amoeiro Gómez, finado en Verín o 9 de outubro de 1939[1], foi un farmacéutico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Benito Diéguez Amoeiro. Licenciouse en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela onde tamén realizou estudos de medicina. Volveu a Verín onde foi farmacéutico e continuou co laboratorio familiar. Elaborou sobre 30 especialidades patentadas; foi premiado na Exposición Internacional de Hixiene de Londres en 1914 polas especialidades Tónico antineurasténico Amoeiro e Pneumogenol. Concelleiro en varias corporacións dos anos 20 e alcalde de Verín en 1930. Foi membro da directiva do Colexio de Farmacéuticos de Ourense en 1927 e presidente no momento da súa morte en 1939.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolócica en El Pueblo Gallego, 9-10-1941, p. 2.