Periferia de Epiro
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Grecia | ||||
Capital | Ioannina | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 319.991 (2021) (34,77 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua grega moderna | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 9.203,22 km² | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Alexandros Kachrimanis | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | GR-D | ||||
Código NUTS | EL54 | ||||
Páxina web | php.gov.gr | ||||
A periferia de Epiro (en grego: Περιφέρεια Ηπείρου, Periféreia Ipeírou) é unha das actuais trece periferias de Grecia, que comprende unha rexión xeográfica e tradicional do noroeste do país.[1] Limita ao leste coas actuais periferias de Macedonia Occidental e Tesalia; ao sur, coa periferia de Grecia Occidental; ao oeste, co mar Xónico e a periferia de Illas Xónicas; e ao norte, con Albania. É parte da rexión histórica máis ampla de Epiro, que se estende polas actuais Albania e Grecia, aínda que principalmente dentro de territorio grego.
A súa capital é a cidade de Ioannina. A periferia ten unha superficie de 9203,22 km² e no censo de 2011 contaba con 336 856 habitantes.
Desde a reforma administrativa do plan Calícrates de 2011, a rexión é parte da diocese descentralizada de Epiro-Macedonia occidental.
Organización administrativa
[editar | editar a fonte]Epiro divídese en catro unidades periféricas (anteriormente prefecturas, nomoi), que se subdividen en municipios (dimoi). As unidades periféricas, que conservaron os mesmos límites das prefecturas, son: Tesprotia, Ioannina, Arta e Preveza.
Entón, en xaneiro de 2011, de acordo coa reforma introducida polo Plan Calícrates,[2] suprimíronse as prefecturas, que foron substituídas polas unidades periféricas. Os 76 antigos municipios e comunidades reestruturáronse para formar só 18 novos municipios.
Desde o 1 de xaneiro de 2011, o gobernador da periferia é Alexandros Kachrimanis, que foi elixido nas eleccións local de novembro de 2010 polos partidos Nova Democracia e Concentración Popular Ortodoxa.
Historia
[editar | editar a fonte]A pesar de varias revoltas (1854, 1878), a turcocracia en Epiro terminou o 21 de febreiro de 1913 coa toma da cidade de Ioannina e a anexión da rexión por Grecia.
A rexión sufriu, particularmente pola guerra civil entre monárquicos e comunistas que se prolongou até 1949.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A periferia de Epiro, como toda a rexión no seu conxunto, é abrupta e montañosa. Comprende a terra dos antigos molosos e tesprotos[3] e unha pequena parte da terra dos caonios, cuxa maior parte hoxe pertence ao sur de Albania. Componse en gran parte das montañas Pindo, que forman a espiña dorsal da parte continental de Grecia e separan o Epiro das rexións tradicionais de Macedonia e Tesalia; o seu punto máis alto é o monte Smolikas (2646 msnm). A maior parte de Epiro atópase no lado de barlovento dos Pindo e os ventos procedentes do mar Xónico fan que a rexión sexa máis chuviosa que calquera outra parte de Grecia.
A rexión é pouco fértil e ten moitos lagos sen emisarios (endorreísmo), como o de Ioannina, unha das principais cidades. A chaira costeira é fértil. O relevo e o clima nevado illan ás veces esta parte de Grecia no inverno. Epiro é coñecida pola beleza da súa paisaxe: os cantís de pedra calcaria de Tymphée, as gargantas profundas de Vikos, os extensos bosques de carballo e coníferas que acompañan a ruta de Ioannina a Metsovo, un val húmido onde se sitúa o santuario de Zeus dodoneano.
Os parques nacionais do Vikos-Aoos e de Pindo están situados na unidade periférica de Ioannina. Ambas as áreas teñen impoñentes paisaxes, así como unha ampla variedade de fauna e flora. O clima de Epiro é principalmente alpino. A vexetación componse principalmente de especies de coníferas. A vida animal é especialmente rica nesta área e inclúe, entre outras especies, osos, lobos, raposos, cervos e linces.
Cidades
[editar | editar a fonte]As localidades máis poboadas da periferia de Epiro son:
Economía
[editar | editar a fonte]Epiro ten poucos recursos e o seu terreo accidentado fai difícil a agricultura, polo que as ovellas e o pastoreo de cabras sempre foron unha actividade importante na rexión. O tabaco cultívase en toda Ioánnina, e tamén hai algo de agricultura e pesca, pero a maioría dos alimentos da zona téñense que importar de rexións máis fértiles de Grecia. Epiro é o fogar dunha serie de famosas marcas de produtos lácteos do país, que producen queixo feta entre outros. Outra área importante da economía local é o turismo, especialmente o natural. A excepcional beleza natural da zona, así como as súas pintorescas poboacións e o seu estilo de vida tradicional, fixeron de Epiro unha importante atracción turística.
Demografía
[editar | editar a fonte]Preto de 350 000 persoas viven en Epiro. De acordo co censo de 2001, ten a poboación máis baixa das 13 periferias de Grecia. Iso débese en parte ao impacto das repetidas guerras no século XX, así como á emigración en masa debido ás condicións económicas adversas.
A capital e cidade máis grande da rexión é Ioánnina, onde vive case un terzo da poboación. A gran maioría da poboación son gregos, incluíndo arromaneses. Tamén existe un pequeno número de arbanitas en varios asentamentos das unidades periféricas de Tesprotia, Preveza (Tesprotiko) e Ioannina,[4] que se autoidentifican como gregos, do mesmo xeito que as comunidades arbanitas do sur de Grecia.[5]
A delimitación da fronteira entre Grecia e Albania en 1913 deixou algunhas aldeas de poboación albanesa no lado grego da fronteira, así como aldeas e cidades gregas en Epiro Setentrional, agora na actual Albania. No pasado, a rexión costeira de Tesprotia foi tamén o fogar dunha minoría albanesa, cuxo número non excedía de 25 000 en 1940 (albaneses caonios), xunto cos gregos locais.[6] Despois da guerra, o censo grego de 1951 contabilizou un total de 127 musulmáns albaneses caonios en Epiro, mentres que en 1986 contáronse 44 en Tesprotia.[7]
Municipios
[editar | editar a fonte]Na táboa que segue recóllense os 18 municipios, ordenados de norte a sur.
Nome en galego | Nome grego (Nome oficial) |
Área (km²) |
Poboación (2011) |
Densidade (hab/km²) |
Capital | Unidades municipais | Unidade periférica |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Konitsa | Κόνιτσα (Δήμος Κόνιτσας) |
949,85 | 6.362 | 6,70 | Konitsa | Aetomilitsa Distrato Fourka Konitsa Mastorocoria |
Ioannina |
Pogoni | Πωγώνι (Δήμος Πωγωνίου) |
702,54 | 8.960 | 12,75 | Kalpaki | Ano Kalamas Ano Pogoni Delvinaki Kalpaki Lavdani Pogoniani | |
Zagori | Ζαγόρι (Δήμος Ζαγόρι) |
995,3 | 3.724 | 6 | Asprangeli | Zagori Central Zagori Este Papigko Tymfi Vovousa | |
Metsovo | Μέτσοβο (Δήμος Μετσόβου) |
366,82 | 6.196 | 16,89 | Metsovo | Egnatia Metsovo Milia | |
Zitsa | Ζίτσα (Δήμος Ζίτσας) |
566,28 | 14.766 | 26,08 | Eleousa | Ekali Evrymenes Molossi Pasaronas Zitsa | |
Ioannina | Ιωάννινα (Δήμος Ιωαννιτών) |
401,98 | 112.486 | 279,83 | Ioannina | Anatoli Bizani Ioánina Illa de Ioannina Pamvotida Perama | |
Dodoni | Δωδώνη (Δήμος Δωδώνης) |
662,99 | 9.693 | 14,62 | Agia Kyriaki | Agios Dimitrios Dodoni Selles Lakka Suliu | |
Tzoumerka Norte | Βορεία Τζουμέρκα (Δήμος Βορείων Τζουμέρκων) |
361,47 | 5.714 | 15,80 | Pramanta | Kalarites Katsanocoria Matsouki Pramanda Sirako Tzoumerka Vathypedo | |
Tzoumerka Central | Κεντρικά Τζουμέρκα (Δήμος Κεντρικών Τζουμέρκων) |
515,86 | 6.178 | 11,98 | Vourgareli | Agnanda Athamania Melissourgi Theodoriana |
Arta |
Arta | Άρτα (Δήμος Αρταίων) |
436,76 | 43.166 | 98,83 | | Arta | Amvrakikos Arta Filotei Vlajerna Xirovouni | |
Nikolaos Skoufas | Νικόλαος Σκουφάς (Δήμος Νικολάου Σκουφά) |
225,94 | 12.753 | 56,44 | Peta | Arachthos Komméno Komboti Peta | |
Georgios Karaiskakis | Γεώργιος Καραϊσκάκης (Δήμος Γεωργίου Καραϊσκάκη) |
466,72 | 5.780 | 12,38 | Ano Kalentini | Georgios Karaiskakis Iraklia Tetrafylia | |
Parga | Πάργα (Δήμος Πάργας) |
276,46 | 11.866 | 42,92 | Kanallaki | Fanari Parga |
Preveza |
Ziros | Ζηρός (Δήμος Ζηρού) |
386,15 | 13.892 | 35,98 | Filippiada | Anogio Filippiada Kranea Thesprotiko | |
Preveza | Πωγώνι (Δήμος Πωγωνίου) |
381,64 | 31.733 | 83,15 | Préveza | Louros Préveza Zalongo | |
Filiates | Φιλιάτες (Δήμος Φιλιατών) |
590,61 | 7.710 | 13,05 | Filiates | Filiates Sagiada |
Tesprótida |
Souli | Σούλι (Δήμος Σουλίου) |
501,85 | 10.063 | 20,05 | Paramythia | Ajerondas Paramythia Souli | |
Igoumenitsa | Ηγουμενίτσα (Δήμος Ηγουμενίτσας) |
426,59 | 25.814 | 60,51 | Igoumenitsa | Igumenitsa Margariti Parapotamos Perdika Syvota |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Π.Δ. 51/87 “Καθορισμός των Περιφερειών της Χώρας για το σχεδιασμό κ.λ.π. της Περιφερειακής Ανάπτυξης” (Determinación de las regiones del país para la planificación, etc., del desarrollo de las regiones), Efimerís tis Kyverníseos ΦΕΚ A 26/06.03.1987
- ↑ Dispoñible en liña en: Lei 3852/2010 Copia arquivada en Wayback Machine.
- ↑ Winnifrith, T.J. Badlands-Borderland: A History of Southern Albania/Northern Epirus. London: Duckworth Publishers, 2003, ISBN 0-7156-3201-9, p. 8. "The Thesprotians lived in the western part of what is now Greek Epirus, the Molossians in the rest of Greek Epirus, and the Chaonians in the southern section of Southern Albania..."
- ↑ Euromosaic project (2006). "L'arvanite/albanais en Grèce" (en francés). Bruxelas: Comisión Europea. Consultado o 8 de maio de 2015.
- ↑ Hart, Laurie Kain (1999). "Culture, Civilization, and Demarcation at the Northwest Borders of Greece" 26: 196. doi:10.1525/ae.1999.26.1.196.
Speaking Albanian, for example, is not a predictor with respect to other matters of identity .. There are also long standing Christian Albanian (or Arvanitika speaking) communities both in Epirus and the Florina district of Macedonia with unquestioned identification with the Greek nation. .. The Tschamides were both Christians and Muslims by the late 18th century [in the 20th century, Cham applies to Muslim only]
- ↑ Kretsi, Georgia. Ethnologia Balkanica. LIT Verlag Münster. Consultado o 27 de xullo de 2014.
The Chams are understood as members of the Albanian-speaking Muslim "minority" which used to live predominately in northwestern Greece (Epirus),
- ↑ Ktistakis, 1992: p. 8, 9 (citing Krapsitis V., 1986: Οι Μουσουλμάνοι Τσάμηδες της Θεσπρωτίας (The Muslim Chams of Thesprotia), Atenas, 1986, p. 181.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Periferia de Epiro |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Epiro, a rexión histórica.
- Epiro Setentrional, a parte do Epiro tradicional agora parte de Albania.
- Cameria
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en grego)