Pereira, O Pino
Pereira | |
---|---|
Igrexa de San Miguel de Pereira | |
Concello | O Pino[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°53′31″N 8°23′43″O / 42.89187815, -8.39529308 |
Área | 7,14 km² |
Poboación | 258 hab. (2019) |
Densidade | 36,13 hab./km² |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Miguel de Pereira é unha parroquia do concello do Pino na provincia da Coruña. Ten unha superficie de 7,14 km². Segundo o IGE en 2019 tiña 258 habitantes (134 mulleres e 124 homes)[2] distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 265 habitantes.
O seu topónimo procede do latín PIRARIAM, de pirum ("pera") + -ariam (sufixo abudancial, "lugar cheo de pereiras")[3].
A infraestrutura máis importante que se encontra dentro desta parroquia é unha parte substancial do aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro, que comparte coas parroquias de Sabugueira, en Compostela, onde se atopa a torre de control, e de Loureda, en Boqueixón, aínda que esta última cunha mínima parte da pista de aterraxe[4].
A parroquia está atravesada de oeste a leste polo río Brandelos[5], que nace nas pendentes que se dirixen ao aeroporto, na chamada Fonte da Devesa, cerca do lugar de Alvite[4].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Casa tradicional galega ao paso do camiño de Santiago.
-
Paisaxe da aldea de Vilachá.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Pereira
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Pereira no concello do Pino (Provincia da Coruña) | |
---|---|
A Alta de Pereira | Alvarín | Alvite | O Amenal | O Ameneiral | O Castro | Cimadevila | A Igrexa | Vilachá |
Parroquias do Pino
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2021. Consultado o 27 de abril de 2021.
- ↑ Moralejo Laso, Abelardo (1977). Toponimia gallega y leonesa (en castelán). Santiago de Compostela: Editorial Pico Sacro. p. 120. ISBN 84-85170-20-2.
- ↑ 4,0 4,1 Centro Nacional de Información Geográfica, ed. (2014). Mapa Topográfico Nacional de España. MTN25. 95-IV (10-14). Touro (Mapa) (3ª ed.). 1:25.000. Madrid.
- ↑ Desde O Pedrouzo hasta Santiago de Compostela Arquivado 18 de outubro de 2017 en Wayback Machine., entrada en santiagocompostela.info (en castelán).