Saltar ao contido

Pepe Peinó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPepe Peinó

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de outubro de 1960 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor de ensino secundario, director de cinema, escritor Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm5236356 BNE: XX6100305 Editar o valor en Wikidata

José Vázquez Peinó, coñecido como Pepe Peinó, nado en Lugo o 27 de outubro de 1960, é un director de cine, escritor e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fixo o mestrado na Escola de Maxisterio de Lugo, seguido da licenciatura en Ciencias da Educación pola UNED. Posteriormente comezou a súa tese doutoral, primeiro na UNED e logo na Universidade de Santiago de Compostela, sen rematala.

Foi trinta anos profesor do IES Alfoz O Valadouro, e exerceu tamén no colexio Castro de Ouro de Alfoz e mais nos centros educativos de Xermade e Oural (Sarria) e de Tebra (Tomiño).

Foi actor e director do grupo teatral Raiolas de Alfoz e dirixiu varias películas.[1][2] É autor de case cen obras de teatro, representadas en xeral por grupos afeccionados, como o citado Raiolas, Grupo do Instituto Alfoz-Valadouro, Trípode, Escouridal e A Maseira (dos concellos de Alfoz e O Valadouro); O Centiño (San Martiño, Foz), Zampalladas (A Pastoriza), Trangalleiros (Lourenzá), Lar da Farsa (Ferrol) ou o grupo de teatro do Hospital de Lugo.[3] En moitas destas obras tamén participou como actor. Como director teatral, organizou varias representacións de recreación histórica en eventos como o Mercado Medieval de Alfoz,[4] Mercado Medieval de Mondoñedo e Festa Normanda de Foz. As obras representadas durante varios anos eran da súa autoría. Asemade, como no caso teatral, tamén participou nas mesmas como actor.

No cinema dirixiu varias películas de ficción: A encrucillada,[5] Tristeza na herba, O primeiro paciente, Nove estrelas e un sombro, A carta, Malos tempos, Lume na alma ou Volveremos. A comezos de 2020 estreou a película Medos, con actores de grupos de teatro afeccionado da Mariña Lucense, principalmente. Esta cinta foi seleccionada para a 42ª Semana do Cine de Lugo (2020). Coa película Malos tempos conseguiu o I Premio OuffEscola no Festival de Cine de Ourense (Ourencine). Tamén dirixiu varios documentais culturais, sobre todo relacionados coa comarca do Valadouro.

Ten incidido durante moitos anos na radio a nivel comarcal. Dirixiu e presentou o programa de coloquio Parolando durante máis de dez anos en dúas emisoras locais da Mariña Lucense: Radio Valadouro e Radio Burela. Tamén presentou e colaborou noutros programas, como Misterios ou Voyage Voyage. Dirixiu e presentou o programa Profundidades, emitido en varias emisoras da Mariña e de Galicia. Nos anos 2020 dirixe e presenta o programa Mariña Marabillosa, emitido mensualmente tamén como podcast e no que entrevista persoas da Mariña Lucense, e ten un espazo semanal en Radio Foz.

En 2015 publicou a novela Escombros, moitos escombros,[6] continuando con varios libros máis. Dende mediados dos 2010 colabora en El Progreso cunha columna semanal.

Foi socio fundador do Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA), organización presidiu do mesmo durante catro anos.[7][8]

Foi concelleiro de cultura polo PPdeG en Alfoz dende 2011[9] a 2015, e foi candidato á alcaldía no 2019, data dende a que se mantén apartado da política.[10]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  • A carta
  • Malos tempos
  • Lume na alma
  • A encrucillada
  • Escombros, moitos escombros, 2015.
  • A fuxida (2018) ISBN 9788417307417.
  • Bica de Montouto (2020) ISBN 9788418136160. Premio Balbino de Relatos do ano 2020.[11]
  • A Solo no le gustaba su nombre (cast.)
  • Los milagros de Ricardo Zizo (2022, cast.) ISBN 8788418377891.
  • Vinte obras de teatro afeccionado (2017) ISBN 9788417003074
  • Algo” conseguiu o Premio Internacional de Teatro Xuvenil do ano 2020, organizado pola editorial Dalya (Cádiz).[12]
  • Mondoñedo no camiño de Santiago a través das súas personaxes (2019) ISBN 9788493685829. Inclúe o folleto da zarzuela “O amor de Afonso Reimúndez”
  • Un año contigo” (2022). Xunto coa súa dona, conta as experiencias vividas por ela para superar un cancro.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

En xullo de 2015 casou con Raquel Amieiro.[5]

  1. "Grupo Teatral "Raiolas" de Alfoz". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2019. Consultado o 05 de novembro de 2019. 
  2. "«Raiolas leva dez anos facendo rir e iluminando a vida da xente»". La Voz de Galicia (en castelán). 2011-12-10. Consultado o 2024-06-29. 
  3. SAS, Infoclipper. "GRUPO DE TEATRO HOSPITAL DE LUGO Spain, LUGO". info-clipper.com (en inglés). Consultado o 2024-06-29. 
  4. "El gran desfile que ni el mariscal se quiso perder en Alfoz". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-07-15. Consultado o 2024-06-29. 
  5. 5,0 5,1 "Pepe Peinó - Biography". IMDb (en inglés). Consultado o 2024-06-29. 
  6. "Peinó presenta su primera novela, «Escombros»". La Voz de Galicia. 10 de decembro de 2015. 
  7. sevaladouro2 (2013-08-04). "Seva presentase ao público". Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) Alfoz e O Valadouro. Consultado o 2024-06-29. 
  8. sevaladouro2 (2016-02-17). "Nova directiva de SEVA". Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) Alfoz e O Valadouro. Consultado o 2024-06-29. 
  9. Pepe Peinó: Pienso que el dinero no vale para estarlo acumulando
  10. "Peinó: «Traballaremos por Alfoz desde o lado no que nos toque". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-01-17. Consultado o 2024-06-28. 
  11. "Pepe Peinó". Concurso Balbino (en castelán). Consultado o 2024-06-29. 
  12. "Pepe Peinó acada o IV Premio Internacional de Teatro Joven con 'Algo' Erregueté". erreguete.gal. 2020-03-16. Consultado o 2024-06-29.