Pendente (matemáticas)
En matemáticas e ciencias aplicadas denomínase pendente á inclinación dun elemento linear, natural ou construtivo respecto da horizontal.
En xeometría analítica, pode referirse á pendente da recta ou coeficiente angular[1] como caso particular da tanxente a unha curva, en cuxo caso representa a derivada da función no punto considerado, e é un parámetro relevante, por exemplo, no trazado altimétrico de estradas, vías férreas ou canais.
Ángulo de inclinación
[editar | editar a fonte]O ángulo α, definido tal como aparece na figura, chámase ángulo de inclinación da recta respecto ao eixe OX. A tanxente trigonométrica do ángulo de inclinación chámase coeficiente angular da recta e adoita designarse coa letra . Nese caso
En realidade, o coeficiente angular e a pendente teñen o mesmo significado xeométrico. Na ecuación que involucra o coeficiente angular e a ordenada na orixe é o coeficiente angular e a ordenada na orixe.[2]
Pendente dunha recta
[editar | editar a fonte]A pendente dunha recta nun sistema de representación rectangular (dun plano cartesiano), adoita estar representada pola letra , e está definida como a diferenza no eixe Y dividido pola diferenza no eixe X para dous puntos distintos nunha recta, é dicir,
Xeometría
[editar | editar a fonte]Unha recta horizontal ten pendente igual a 0 (cero). Canto menor sexa o valor da pendente, menor inclinación ten a recta; por exemplo, unha recta que se eleve un ángulo de 45° con respecto ao eixe X ten pendente , e unha recta que caia 30° ten pendente . A pendente dunha recta vertical non está definida.
O ángulo que unha recta forma co eixe horizontal está relacionado coa pendente por medio da relación trigonométrica:
ou equivalentemente:
Dúas ou máis rectas son paralelas se ambas posúen a mesma pendente, ou se ambas son verticais e polo tanto non teñen pendente definida; dúas ou máis rectas son perpendiculares (forman un ángulo recto entre elas) se o produto das súas pendentes é igual a -1.
Pendente das ecuacións da recta
[editar | editar a fonte]Se y é unha función linear de x, entón o coeficiente de x é a pendente da recta. Polo tanto, se a ecuación está dada por
m é a pendente. Nesta ecuación, o valor de pode ser interpretado como o punto en que a recta se interseca co eixe Y, é dicir, o valor de cando . Este valor tamén se chama ordenada na orixe.
Se a pendente dunha recta e o punto da recta son coñecidos, entón a ecuación da recta pode ser atopada con
A pendente da recta na fórmula xeral:
está dada por:
Propiedades
[editar | editar a fonte]- Tendo como datos os coeficientes angulares de dúas rectas , un dos ángulos μ formados por estas dúas rectas determínase mediante a fórmula
- .
- O paralelismo entre dúas rectas dáse se existe igualdade entre os seus coeficientes angulares
- .
- A perpendicularidade de dúas rectas determínase polas relacións:
- o .[3]
- Se na ecuación se mantén constante k, variando só b, tense unha familia de rectas paralelas con coeficiente angular constante k, que cobre todo o plano, ao percorrer b todo o conxunto ℝ.
Cálculo
[editar | editar a fonte]O concepto de pendente é central no cálculo diferencial. A pendente dunha recta é a tanxente do ángulo que forma a recta coa dirección positiva do eixe de abscisas. En funcións non lineares, a razón de cambio varía ao longo da curva. A derivada da función nun punto dado é a pendente da recta tanxente nese punto.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Slope of a Line (Coordinate Geometry)" (en inglés). Math Open Reference. 2009. Consultado o 30 de outubro de 2016.