Peido de lobo
Peidos de lobo | |||||
---|---|---|---|---|---|
Lycoperdon umbrinum | |||||
Clasificación científica | |||||
|
Os peidos de lobo, tamén coñecidos coma fungos de sapo e bufos de vella[1] son nomes comúns de varios fungos (basidomicetos) da familia das licoperdáceas de corpo frutífero globoso, abrancazados por fóra e que poden chegar aos 24 cm de diámetro, ao principio cheos dunha gleba branca, maciza (comestíbel) que ao madurecer se transforma nun po pardo formado polas esporas.
En inglés coñécense co nome de puffball. Inclúen os xéneros Calvatia, Calbovista e mais Lycoperdon.[2] Todas os falsos peidos de lobo son tóxicos, ademais de xotos e de gusto amargo. Cómpre evitar o xénero Scleroderma, que ten unha gleba purpúrea.[3]
Etnografía
[editar | editar a fonte]Refrán: Meniño encetado, auga da fonte e po de peido de lobo (referíndose ás `propiedades terapéuticas do fungato. Aplicábase sobre as feridas coma antibiótico e cicatrizante).
Clasificación
[editar | editar a fonte]Ordes principais:
- Lycoperdales, Tulostomatales, Nidulariales (relacionado cos Agaricales)
- Basidiomycetes : Agaricales : Lycoperdaceae : Calvatia
- Calvatia booniana
- Calvatia bovista (Handkea utriformis)
- Calvatia craniiformis
- Calvatia cyathiformis
- Calvatia fumosa (Handkea fumosa)
- Calvatia gigantea
- Calvatia lepidophora
- Calvatia rubroflava
- Calvatia sculpta -[4]
- Calvatia subcretacea (Handkea subcretacea)
- Basidiomycetes : Agaricales : Lycoperdaceae : Lycoperdon
- Basidiomycetes : Agaricales : Lycoperdaceae : Vascellum
- Basidiomycetes : Agaricales : Lycoperdaceae : Calvatia
- Geastrales e Phallales (relacionado cos Cantharellales),
- Basidiomycetes : Phallales : Geastraceae : Geastrum
- Sclerodermatales (relacionado cos Boletales)
- Basidiomycetes : Boletales : Sclerodermataceae : Scleroderma
- así coma varias falsas trufas (Hypogaeic gasteromycetes) relacionados con diferentes ordes de hymenomycete.
Do mesmo xeito, as verdadeiras trufas (Tuberales) son Ascomycota gasteroides. Os seus ascocarpos chámanse tuberothecia.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Esporas a sair dun peido de lobo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
- ↑ Freedman, Louise; Mycological Society of San Francisco (1987, 2000). "Wild About Mushrooms:Puffballs". Consultado o 2012-09-18.
- ↑ Miller, Orson K. (1977). Mushrooms of North America. Nova York, NY: E.P. Dutton Publisher. p. 298. ISBN 0-525-47482-X.
- ↑ "The Fungi of California". Consultado o 2008-08-03.