Pedro Martín Cermeño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de marzo de 1722 Melilla, España |
Morte | 15 de decembro de 1790 (68 anos) A Coruña, España |
Capitán xeneral de Galicia | |
1778 – 1790 ← Felix O'Neille (en) – Ventura Caro y Fontes → | |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto, militar, enxeñeiro militar |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Familia | |
Pai | Juan Martín Cermeño |
Pedro Martín Cermeño y García de Paredes, nado en Melilla o 2 de marzo de 1722 e finado na Coruña o 15 de decembro de 1790,[1] foi un arquitecto e enxeñeiro militar español, Gobernador Militar de Orán e Capitán Xeneral de Galicia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do tamén enxeñeiro militar Juan Martín Cermeño e da melillesa Antonia de Paredes, casou con María del Carmen Cisneros de Castro e Ulloa, filla do I Conde de Ximonde, Juan Antonio Cisneros de Castro e irmá do II Conde, Pedro Cisneros de Castro e Ulloa.
Realizou os seus estudos na Real Academia Militar de Matemáticas e Fortificación de Barcelona, onde estaba destinado seu pai, chegando na súa carreira militar ó grao de Tenente Xeneral. Foi nomeado Cabaleiro da Orde de Alcántara en 1755.
No ano 1768 foi nomeado individuo de honra e mérito en arquitectura pola Real Academia de Belas Artes de San Fernando e en 1770 consiliario da devandita Institución. En 1774 foi nomeado Gobernador de Orán e ocupou o cargo ata 1778, cargo que tamén ocupara anos atrás seu pai. Entre 1782[2] e 1783[3] como Teniente General e nomeado Comandante Xeneral de Galicia estando vacante o posto de Capitán Xeneral.
Entre 1784[4] e 1791[5] foi Capitán Xeneral do Reino de Galicia e Presidente da súa Real Audiencia. Finou na Coruña en 1790 a consecuencia da caída dun cabalo.[6]
Obra arquitectónica en Cataluña
[editar | editar a fonte]Trala conversión da catedral medieval de Lleida en cuartel en 1707, a Seu trasladouse a distintas igrexas ata que se decidiu a construción dunha Catedral Nova, baixo a advocación da Asunción da Nai de Deus (Mare de Déu), que Cermeño proxectou. A primeira pedra colocouse o 15 de abril de 1761 en presenza do bispo Manuel Macías Pedrejón. As obras foron levadas a termo por Francisco Sabatini.
Tamén construíu a Igrexa de San Miguel do Porto, na Barceloneta, barrio que proxectara seu pai.[7]
Traballou xunto ó seu pai nas obras do Castelo de Sant Ferran de Figueres, seguindo el só cando morreu aquel.[8]
Obra arquitectónica en Galicia
[editar | editar a fonte]Durante a súa estadía en Galicia interveu en diversas obras, entre as que se contan o proxecto de ordenación da Praza de Santa Susana en Santiago de Compostela, que non se chegou a realizar e o proxecto da fachada atlántica de Marineda, na Coruña, que se chamaron as Casas de Paredes, que non chegou a rematarse pero cuxa realización parcial deixou unha pegada relevante na cidade. A súa ambiciosa idea era crear unha fronte uniforme na Mariña, dende o Cantón Grande ata a Porta Real, deixando como lugar central a Casa da Aduana. A fonte de inspiración de Cermeño deberon ser os quais que no século XVIII engalanaron as fachadas marítimas e fluviais das cidades francesas como Bordeos ou Nantes.
Do seu matrimonio con María do Carme Cisneros tivo un fillo, Xacobe Cermeño Cisneros, que faleceu sen descendencia, deixando como herdeira a súa prima Xacoba Cisneros de Castro e Puga, III condesa de Ximonde.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Un error histórico falseó la muerte de Martín Cermeño» La Voz de Galicia 13/11/2009.
- ↑ "Estado militar de España (Ed. en 16º)1782".
- ↑ [Estado militar de España (Ed. en 16º)1782 "Estado militar de España (Ed. en 16º)1783"]
|url=
incorrecto (Axuda). - ↑ "Estado militar de España (Ed. en 16º)1784".
- ↑ "Estado militar de España (Ed. en 16º)1791".
- ↑ ORTEGA ROMERO, M. do Socorro Dolores: Reformas urbanísticas en la Compostela neoclásica: El proyecto de Cermeño para la plaza de Santa Susana (en castelán).
- ↑ "Páxina sobre o castelo de Montjuich". Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2012. Consultado o 20 de agosto de 2012.
- ↑ Fuente de Pablo, Pablo de la: «El proyecto de la fortaleza de San Fernando de Figueras. Una aportación al conocimiento de la dirección interina de Juan Martín Cermeño al frente de los ingenieros reales.» Arquivado 26 de novembro de 2015 en Wayback Machine. Espacio Tiempo y Forma. Serie VII, Historia del Arte [Madrid], 7, 1994, p. 201-211.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vigo Trasancos, Alfredo (1998) «El capitán general Pedro Martín Cermeño (1779-1790) y el Reino de Galicia. Poder, arquitectura y ciudad» Arquivado 25 de novembro de 2015 en Wayback Machine. pp. 171–202 en Semata vol. 10, USC.