Parapente
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2014.) |
O parapente é un deporte aéreo. O seu nome é debido ás súas orixes, "paracaídas de pendente".
Historia
[editar | editar a fonte]A xente que practicaba paracaidismo, e tamén alpinismo, atopou un xeito de descenso rápido. Co tempo, a feitura dos parapentes foi mellorando de tal forma que na actualidade non só serven para descender botándose dunha montaña, senón tamén de facer auténticos voos remontando sobre o punto de engalaxe. Isto conséguese a base de aproveitar as correntes térmicas ascendentes igual que fan as aves. Na actualidade ás veces pódense facer voos de centos de quilómetros.
Equipamento necesario
[editar | editar a fonte]O equipo básico necesario para iniciarse na arte de voar en parapente inclúe:
- A vela, corpo principal do parapente, pódese adquirir de acordo a tres graos: 1 a 2 (voo de iniciación) e 3 (voo de competición).
- Algunhas cadeiras posúen unha protección especial na zona das costas.
- O casco, onde,os máis caros,caracterízanse por unha protección maxilar e alta tecnoloxía na súa fabricación.
- Finalmente, é necesario contar con calquera equipo de radio (banda civil) para manter o contacto coa terra.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de parapente de Galicia.
-
Ídem.