Paolo Sorrentino
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de maio de 1970 (54 anos) Nápoles, Italia |
Educación | Universidade de Nápoles Frederico II |
Actividade | |
Campo de traballo | Dirección de cine e guión cinematográfico |
Ocupación | director de cinema, dramaturgo, realizador, actor, guionista, produtor de cinema |
Período de actividade | 1994 - |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Daniela D'Antonio |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Paolo Sorrentino ([ˈpaolo sorrenˈtino]), nado en Nápoles o 31 de maio de 1970 é un director de cinema e guionista italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sorrentino debutou como guionista con Polveri di Napoli en 1998 e comezou tamén a dirixir curtametraxes, como L'amore non ha confini (1998) e La notte lunga (2001). O seu primeiro filme foi L'uomo in più.
Acadou recoñecemento internacional no 2004 polo seu filme Le conseguenze dell'amore. O filme Il Divo, biopic dramatizado de Giulio Andreotti, gañou o Prix du Jury no Festival de Cannes e supuxo unha nova colaboración con Toni Servillo. This Must Be the Place, con Sean Penn foi o seu primeiro filme en inglés.
O seu filme de 2013 La grande bellezza gañou o Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa entre outros moitos premios.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Director e guionista
[editar | editar a fonte]- L’uomo in più (2001)
- Le conseguenze dell’amore (2004)
- Sabato, domenica e lunedì (2004) - telefilme
- L’amico di famiglia (2006)
- Il Divo (2008)
- This Must Be the Place (2011)
- La grande bellezza (2013)
- Le voci di dentro (2014) - telefilme
- Youth (2015)
- Loro (2018)
- È stata la mano di Dio (2021)
Guionista
[editar | editar a fonte]- Polveri di Napoli (1998)
- La squadra (2000) - serie de televisión
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paolo Sorrentino |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Paolo Sorrentino na IMDb (en inglés).
- "La partita lenta" en PerFiducia Arquivado 31 de outubro de 2020 en Wayback Machine.