Pan de plátano
O Pan de plátano, pan de banana ou pan de guineo é un pan doce feito de masa feita con plátano e levado con lévedos químicos. Tamén hai receitas tradicionais con lévedos naturais pero non son tan comúns. O pan de plátano está considerado como un "pan rápido" (quick bread), a súa elaboración ha de ser tal que a súa masa debe quedar húmida para ser considerado de calidade.
Características
[editar | editar a fonte]As receitas para elaborar o pan de plátano son diversas, pódese dicir que son como as madalenas. Pódese substituír o plátano por calquera outra froita. O pan de plátano elabórase con plátanos moi maduros, é por esta razón pola que se di que é unha boa solución para usar os plátanos que están pasados. A elaboración emprega fariña, manteiga, ovos, soro de manteiga, vainilla e a masa dos plátanos. A masa mestúrase co lévedo químico e ponse no forno.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Bánh chuối, un pastel de Vietnam elaborado con plátanos.