Pallene (lúa)
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | Equipo de imaxes da sonda Cassini |
Descuberta no | 1 de xuño do 2004 |
Designación alternativa | Saturno XXXIII |
Características orbitais[1] | |
Eixo semi-maior | 212.280 ± 5 km |
Excentricidade | 0,0040 |
Período orbital | 1,153745829 d |
Inclinación | 0,1810 ± 0,0014° respecto do ecuador de Saturno |
Satélite de | Saturno |
Características físicas | |
Diámetro medio | ≈ 4 km |
Masa | 1,7 - 7 x 1013 kg[2] |
Densidade media | descoñecida |
Gravidade superficial | descoñecida |
Período de rotación | asumida coma sincrónica |
Albedo | descoñecido |
Oblicuidade | descoñecida |
Pallene ( en grego Παλλήνη)é unha lúa moi pequena de Saturno que descansa entre as órbitas de Mimas e Encelado.
Foi vista por primeira vez durante a misión da Cassini-Huygens polo Equipo de imaxes da Cassini[3][4] no ano 2004, e recibiu a designación temporal de S/2004 S 2. En realidade foi vista por primeira vez o 23 de agosto de 1981 pola Voyager 2 nun única fotografía e recibiu a designación provisional de S/1981 S 14 e a súa distancia respecto de Saturno foi estimada en 200.000 km.[5] Dende entón non fóra vista en máis imaxes e a súa órbita non puido ser calculada pero recentes comparacións deron coma resultado que aquel corpo non identificado é en realidade Pallene.[1] Pallene tamén é coñecida coma Saturno XXXIII.
Pallene está visiblemente afectada por unha resonancia de lonxitude media coa moito máis grande e masiva Encelado, aínda que o efecto non é tan notorio coma os efectos de Mimas sobre Methone. Isto causa unha perturbación orbital no semi-eixo maior duns 4 kms de variación respecto da lonxitude do citado semi-eixo, se este non estivese perturbado, e ademais 0,02° na lonxitude (que corresponden aproximadamente a 75 kms). A excentricidade e inclinación tamén varían pero en diferentes escalas de tempo, varía entre 0,002 e 0,006 para a excentricidade e entre 0,178° e 0,184° para a inclinación.[1] A proximidade ás órbitas de Methone e Anthe suxire que estas lúas poderían formar parte dun grupo dinámico.
Os nomes de Methone e Pallene foron provisionalmente aprobados pola 3ª División do Grupo de Traballo para o Sistema de Nomenclatura Planetaria da UAI no ano 2005[6] e foron ratificados pola Asemblea Xeral de UAI no ano 2006. Pallene era unha das sete fillas do xigante Alcioneo.
O Anel de Pallene, é un feble anel de po, descuberto tamén polo Equipo de Imaxes da Cassini,[7] o cal comparte a órbita de Pallene, coma así revelan a imaxes tomadas pola Cassini da luz dispersa deste anel no 2006.[8] O anel ten unha extensión radial duns 2.500 km. A fonte do son as partículas arrincadas de Pallene polo impacto de micrometeoritos, o cal forma un anel moi difuso ó redor e o longo da ruta da órbita de Pallene.[9][10]
Referenciass
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Spitale, J. N.; et al. (2006). "The orbits of Saturn's small satellites derived from combined historic and Cassini imaging observations". The Astronomical Journal 132 (2): 692–710. doi:10.1086/505206.
- ↑ asumindo unha densidade de 0,5 - 2 g/cm³
- ↑ * C.C. Porco, et al., IAUC 8389: S/2004 S 1 and S/2004 S 2 16 de agosto do 2004 (descubrimento)
- ↑ Porco, C. C.; e o seu equipo.; (2005); Cassini Imaging Science: Initial Results on Saturn's Rings and Small Satellites, Science, Vol. 307, No. 5713, pp. 1226-1236
- ↑ IAUC 6162: Possible Satellites of Saturn Arquivado 22 de abril de 2000 en Wayback Machine. 14 de abril do 1995
- ↑ IAUC 8471: Satellites of Saturn 21 de xaneiro do 2005 (nomeando a lúa)
- ↑ C.C. Porco, et al., IAUC 8759: Rings of Saturn (R/2006 S 1, R/2006 S 2, R/2006 S 3, R/2006 S 4) (so accesible con subscrición) 11 de outubro do 2006
- ↑ "Moonmade Rings". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2012. Consultado o 02 de marzo de 2010.
- ↑ Cassini-Huygens press release NASA Finds Saturn's Moons May Be Creating New Rings Arquivado 16 de outubro de 2006 en Wayback Machine., 11 de outubro do 2006
- ↑ Nos anuncios de prensa mencionábase á primeira persoa que avistara a lúa nas imaxes da Cassini. Aínda que algunhas fontes sinalaban ó descubridor, isto volveríase trivial ó longo dos seguintes meses xa que o descubrimento era froito dun traballo de equipo, con decenas de persoas implicadas e centos de horas de traballo colaborativo, nunha decisión consciente e a tenor dos datos, bastante correcta, a UAI outorgoulle a oficialidade do descubrimento ó "Equipo de Imaxes da Cassini".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pallene |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pallene Profileby NASA's Solar System ExplorationArquivado 01 de agosto de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)