Pazos de Arenteiro, Boborás
Aparencia
(Redirección desde «Pazos de Arenteiro»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pazos.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Arenteiro.
Pazos de Arenteiro | |
---|---|
Ponte da Cruz sobre o río Avia. | |
Concello | Boborás[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°23′54″N 8°08′42″O / 42.39833333, -8.145 |
Poboación | 123 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Salvador de Pazos de Arenteiro é unha parroquia do concello ourensán de Boborás. Sitúase na confluencia dos dous ríos máis coñecidos da comarca, o Avia e o Arenteiro. Segundo o IGE en 2011 tiña 123 habitantes (52 homes e 71 mulleres).
Patrimonio
[editar | editar a fonte]O topónimo dá conta do gran número de pazos que hai na zona. Outra das construcións emblemáticas do lugar é a ponte da Cruz, de orixe medieval, sobre o río Avia. Malia atoparse medio derruída, aínda permite apreciar o esplendor do que nun tempo foi. Salientable é tamén a igrexa de San Salvador, do século XIII, así como as diferentes rutas de sendeirismo, ou o pozo dos Fumes no río Arenteiro.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Pazos de Arenteiro, Boborás.
-
Portada occidental da igrexa de San Salvador de Pazos de Arenteiro.
-
Portada meridional da igrexa de San Salvador de Pazos de Arenteiro.
-
Ábsida da igrexa de San Salvador de Pazos de Arenteiro.
-
Ponte da Cruz sobre o río Avia.
-
Percorrido sendeirista polas marxes do río Arenteiro.
-
Carteleira turística sobre o conxunto histórico artístico de Pazos de Arenteiro.
-
Anuncio promocional sobre a recreación da batalla de Pazos de Arenteiro
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Pazos de Arenteiro
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Pazos de Arenteiro no concello ourensán de Boborás | |
---|---|
Figueiredo | O Igrexario | O Pazo | Pazos de Arenteiro | Requeixo | A Vila |